Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

Mostrando entradas con la etiqueta **Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta **Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun). Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de octubre de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Colombiana


¡¡Atención, normalmente estes artigos poden conter detalles sobre a trama!! ¡¡Este non!!

Nadie se recorda como foi o primeiro "Sei o que vistes..." nos comezos deste blog que orixinou tan fastuosa sección (non dubidedes en visitalo xa que foi tan curto como intenso e ilustrativo: http://osenhordaxe.blogspot.com/2009/11/sei-o-que-vistes-o-ultimo-venres-porque.html) e para facer unha especie de tributo ao mesmo, esta "crítica" será lixeira.

AVISO A NAVEGANTES: esto non é unha crítica, é únicamente un exercicio de destripe dunha película para o simple disfrute e despliegue da tolemia do escritor.

O alto grao de flipalladas e sen sentidos desta película é tal que calqueira persoa con máis de dous dedos de fronte pode acabar intentando deixarse invidente a si mesmo. Se esta acostuma a ser xenerosa os seus acompañantes atópanse en perigo de correr a mesma sorte.

O preguiceiro

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Destino Final 5

Comezarei cunha curiosidade desta... película (XD): comezou sendo un guión descartado (¿non se o cheiraban daquelas?) para un capítulo de 'Expediente X' e acabouse por converter nunha das máis famosas sagas de "terror" dos últimos anos (e supoño rentable, senon é de esperar que se deixara de facer hai tempo)

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Poñámonos en antecedentes: James Wong ('El Único'), o responsable da tamaña aberración 'Dragonball Evolution', foi tamén o director da primeira parte. O éxito taquilleiro supuso unha segunda, a cargo de David R. Ellis ('Serpientes En El Avión') e unha terceira, de novo a cargo de Wong. A esas alturas o baixón de calidade era máis que palpable, ¿pero por que vamos a deixar de explotar o tema?, como se dun pique se tratara o mesmo director da segunda fai unha cuarta, eso si, en 3-D, que dá máis caché: como vos podedes imaxinar, unha secuela aínda máis penosa que as súas predecesoras que a pesares de todo triunfou en taquilla, supoñamos pola novidade visual que incorporaba (esta ten un punto a favor, os créditos iniciais constituían nun repaso ás mortes das tres anteriores). Como nadie é capaz de adiviñar que visionarios pululan polas oficinas de Hollywood, Steven Quale nos trae unha máis, a quinta, eso si, tras vela síntome na necesidade de anunciar que esta si debe de sela última.
A sinapse é a mesma en todas: unha persona (femenina ou masculina) ten unha premonición sobre un accidente ou catástrofe no cal perden a vida él e os seus compañeiros e acompañantes, para que logo a mesma Morte (como ente etéreo e sen aparecer físicamente na pantalla) emprenda unha sanguenta persecución para acabar con todos aqueles que de primeiras se libraran do óbito.
Conclusións: un accidente de avión, un accidente múltiple nunha autopista, un accidente nun parque de atraccións, un accidente nun circuito de carreiras, e agora un derrubamenteo dunha ponte, pero cando unha saga chega ás cinco entregas nada novo pode aportar (a pesares de que nesta intenten darlle unha burda volta de torca, SPOILER agora os jichos poden librarse da Morte se son eles quen quitan a vida a outra persoa FIN SPOILER), o único (e digo o único porque a crítica acaba un par de liñas máis abaixo) que te descubres facendo é esperando a ver cal é a posterior e "rocambolesca" (e a miúdo estúpida) maneira na que facelerá o seguinte dos personaxes (señores guionistas, o mundo está cheo de idiotas, pero nin eles se cren que a xente rebente cando se lles golpea, por moi forte que a ostia sexa).
Curiosidade do filme: os créditos iniciais fan un repaso dos obxectos dos que a Morte se apropiou para acabar coas súas víctimas e os finais mostran directamente moitas desas mesmas mortes
Valoración final: perfecta para ver con amigos e rirse das panochadas que ocurren ao longo do filme.


O mellor: a maneira de por punto e final á saga (SPOILER os a priori superviventes desta entrega atópanse no avión que se estrela na primeira FIN SPOILER), e que esta teña punto e final.
O peor: os personaxes (¿alguén se fixou que non digo nada dos seus actores? XD), o guión, etc etc etc, a historia non, porque non existe tal...


O enérxico

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Cowboys & Aliens

Parece que estamos a asistir nos últimos meses a un certo regreso á predilección polo tema dos marcianos: sen pensar moito creo recordar recentes estrenos como 'Skyline' ou 'Invasión A La Tierra' ('Independence Day', 'La Guerra de los Mundos' ou 'La Invasión de los Ladrones de Cuerpos' serían exemplos máis antigos), ou mesmo no eido televisivo, o remake da serie dos oitenta 'V' ou a recente 'Falling Skies'; onde hordas de marcianos parecen sentir unha rara atracción polo noso planeta e nas calen adoecen por conquistarnos con gran premura. O que nunca se lles deu por facer aos nosos iracundos veciños estelares foi conquistarnos nalgunha época pasada... ata agora... 'Cowboys & Aliens'

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Do variopinto director (digoo pola diversidade da súa filmografía), Jon Favreau, nos chega esta cinta. ¿Variopinto?, me explico: este director me pasa de facer 'Elf' ou 'Zathura, una aventura espacial' (NOTA DE AUTOR: a Jumanji espacial) a facer as dúas entregas de 'Iron Man' (das cales a segunda xa fora halagada máis dunha vez neste blog). Na que nos atañe, a sinapse reza da seguinte maneira: en 1873, no Vello Oeste, os colonos e os indios enfróntanse nunha batalla salvaxe polo control das terras. Pero cando a Terra se ve amenazada por seres doutro planeta, ambos bandos deberán colaborar para salvala humanidade. No medio desta conxuntura un descoñecido (Daniel Craig) sen recordos do seu pasado, en busca de respostas coa única pista dun raro grillete que posúe nunha das súas bonecas.
Conclusións: a pesares de poder agradecer a tentativa de intentar crear un producto algo orixinal, é ben certo que estas "mezclas" de western e ciencia ficción non soen funcionar, e ahí están algúns casos como 'Wild Wild West' ou 'Jonah Hex', que as pobres son máis ben desechables. Nesta o guión e a historia tampouco axudan demasiado, e para acabar de rematalo tampouco son nada alentadoras as actuacións que o filme contén, con moitas caras coñecidas e algunhas de gran calidade interpretativa (de paso recordo o reparto do cal me esquecin máis atrás... XD): Daniel Craig (que non é mal actor) está correcto, tampouco ten para moito máis o seu papel; Harrison Ford ('El Fugitivo', 'Firewall') conta co único personaxe que ao longo da metraxe mostra algún que outro matiz (pasa do que nos parece un tipo desgraciado, a un tipo duro que se fixo a si mesmo tras moitas batallas pero que non deixa de ter a súa parte bondadosa); Sam Rockwell ('Moon', 'Confesiones de una Mente Peligrosa') está terriblemente desaproveitado; Olivia Willde ('Los Próximos Tres Días', 'Año Uno'), bue... a pobre non pasa dunha simple "cara bonita" cunha actuación desaborida e un personaxe que non parece pintar moito na indolente trama (SPOILER CUTRE os marcianos veñen por ouro, vale, pero ¿para que?, ¿para que o queren?, ¿por qué é tan importante para eles? FIN SPOILER CUTRE).
O ritmo apático e "tibio" desta crítica débese principalmente á ausencia de opinión que esta me provocou ao sair do cine, o bo de Jon me tiña no bote tras 'Iron Man 2' pero agora, a pesares de intentalo, non podo evitar sentirme decepcionado.
Valoración final: ¿entretida?, si; ¿desaproveitada?, tamén.


O mellor: Harrison Ford, no banal intento de salvalos mobles da película.
O peor: Olivia Willde (descoñezo a carreira desta muller pero nesta é horrible, a interpretación digo, ela está tremenda... XD)


O torpe

viernes, 23 de septiembre de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Super 8

¿Quen me ía dicir a min que aos meus anos ía a disfrutar unha película do estilo das que vía canda cativo?, por un momento crin volver a ter 10 anos...
Un exercicio de nostalxia, 'Super 8' (e vaia merda de introducción... XD)

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Spielberg, ala polos oitenta, acostumaba a facer un tipo de películas que encantaban (as mismas que o fixeron famoso), ese cine comercial de calidade, que rebentaba taquillas, e que conseguía encandilar a propios e extranos. Digo 'Tiburón', 'Gremlins', 'Los Goonies', 'Regreso al Futuro', 'E.T., El Extraterrestre', ¿alguén non se está a rememorar a si mesmo embobado diante da caixa tonta?. Neste caso, posto que tampouco o tito Steven é o que era, coa axuda de J.J. Abrams (sobradamente coñecido polas series televisivas de 'Lost' ou 'Alias'; 'Star Trek (2009)', 'Misión Imposible III') nos traen esta película que xa viña precedida dunha gran expectación e que a min especialmente me encantou.
Ano 1979, e esta é a sinapse, nun pequeno pobo de Ohio. Joe Lamb (Joel Courtney) é un rapaz que perde á súa nai nun accidente e que vive co seu pai policía (Kyle Chandler). Comezando o verán, e mentras graba unha película de zombis en Super 8 (certo tipo de cámara e título do filme) cos seus amigos -e sobre todo coa bela Alice Dainard (Elle Fanning)-, Joe observa cómo unha camioneta se estrela contra un tren de mercancías, provocando o seu descarrilamento e un terrible accidente. A partir dese momento cousas extranas e inexplicabels comezan a suceder no pobo...
Conclusións: na miña opinón, nunca crin que se pudera facer hoxe en día, unha peli coma esta: os mozos da actualidade (tal e como vai a crítica parece que teña máis idade da que teño... XD) teñen entres os clásicos preferidos da súa infancia, supoño, películas como 'Blade', 'Duro de Matar' ou mesmo 'American Pie', pero o que a nós nos marcaba, e nos marcou (falo pola xeración do 87 e anterior), era un extraterrestre pequerrecho que estiraba o pescozo, uns peluches que se os mollabas se volvían repoludos e un grupo de amigos que ían na procura dun tesouro perdido. Por este tema esta película seguramente só guste a un grupo moi concreto de espectadores: só aqueles que vixen 'E.T.', e atrevome a descubrilo posto que non é a escea nada importante nin rebela nada da historia, descubriran semellanzas, incluso na banda sonora, nunha na que o rapaz volve á casa nunha bicicleta (unha lúa de fondo e un monigote no cestiño da bici e mallámolo... XD)
Os principais protagonistas desta película son os nenos, relegando aos adultos a un segundo plano, e tamén un dos principais puntos a favor da mesma: o grupo de rapaces son a caña, ademáis de que o fan de marabilla (sobre todo a rapaza, Elle Fanning, prohibido esquecerse do nome...), non paras de rirte coas caralladas que fan, as facianas que poñen e o ben que actúan diante da cámara. Pero, a pesares de que a nostalxia sexa a principal fortaleza do largometraxe, o mesmo adolece dun par de debilidades: a sensación de que a película vai de máis a menos, e algúns puntos do guión que chirrían cousa mala. Do ben que empeza, e do ben que se desenrola, parece como que o tempo se lle botase encima ao director, que pasa de explicar todo sen presas, sen pausas e sen aburrir ao personal a resolvelo todo de maneira demasiado precipitada: o conflicto entre Jackson e Louis (pais de Joe e Alice) que tan grave era, o resolven dun plumazo e de maneira un tanto inxenua; ou a secuencia do final, ATENCIÓN SPOILER cando Joe se enfronta ao monstro, que tolo de todo non dubida en zanparse a todo quisqui, xusto se plantexa todo o que o rapaz lle di cando estaba a punto de facelo anacos, sen haber establecido polo menos antes, algún lazo de unión ou algún vínculo entre eles FIN SPOILER.
É de agradecer ese punto de misterio ou terror (depende da sensibilidade de cada un) a este xénero tan familiar.
Valoración final: de haber salvado estos pequenos reveses, a película podería ser plenamente disfrutable, ¡ollo!, non lle resta un ápice de entretenemento.


O mellor: o grupo de rapaces, e por riba de todos eles, Elle Fanning.
O peor: o malo destas películas que ocultan o "bicho" ata o final, que fai que tan pronto o ves te decepcione o seu aspecto.

O lozano

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: El Origen Del Planeta De Los Simios

Chegounos xa hai uns anos, basada nunha novela dun autor francés Pierre Boulle (tamén escritor de 'El puente sobre el río Kwai') e dirixida por Franklin J. Schaffner, 'El Planeta de los Simios': uns astronautas (o bo de Charlton Heston) nunha viaxe espacial vense obrigados a realizar un aterrizaxe forzoso nun planeta a priori desolado, que ao final non o era tanto, posto que unha sociedade de simios intelixentes dominaba á raza humana, á cal esclavizara por salvaxe e incivilizada (¿crítica oculta?, non o sei... XD), convertida en clasicazo do séptimo arte e incluso con nominacións aos Oscar da época incluídas. Anos ha, Tim Burton (que cousa máis rara, sen Depp; eso si, coa que era ou logo pasou a ser a súa muller, Helena Bonham Carter) fixo un remake, que cartos recaudou, pero se estrelou estrepitósamente coa crítica (o cal é normal, pois é moi maliña...). E agora, para tocar as narices dos máis escépticos, visto o percal (despois do éxito da primeira, sucedéronse como catro pelis máis do tema e incluso unha serie para a televisión, a cada cal máis mala), entre os que eu me inclúo, presentan esta precuela... título rebuscado: 'El Origen del Planeta de los Simios'.

¡¡ Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

O filme conta cun director novel á súa fronte, Rupert Wyatt, e cóntanos a historia (sinapse) de como a investigación do científico Will Rodman (James Franco), exercida en primates, na loita do alzheimer, enfermidade que afecta ao seu pai (John Lithgow), e como a raíz da extraordinaria evolución da intelixencia dun dos mesmos, de nome César (Andy Serkis), acabará por desembocar nunha rebelión sen precedentes que a de cambiar a vida na Terra tal é como era coñecida.
O máis notable do reparto é sen dúbida: James Franco ('127 Horas', 'Mi Nombre es Harvey Milk') e Andy Serkis (o famoso Gollum, da triloxía de 'El Señor de los Anillos', ou o 'King Kong' de Peter Jackson) que é caracterizado no papel dun primate, ao cal presta os seus movementos e a súa faciana (bueno, concretamente as súas expresións faciais... Serkis non é moi feito o home, pero tampouco é para chamarlle mono... XD). Son acompañados no filme por: Freida Pinto ('Slumdog Millionaire') ou John Lithgow, así como o encasillado actor que fai de Draco Malfoy na serie fílmica de Harry Potter, como rapaz repelente e cabrón que non tardas nin un suspiro en collerlle manía tan pronto se cruza no teu campo de visionado.
Conclusións: podo entender o malsano interés que hai en Hollywood por rebootear (facer reboots, facer precuelas) todo filme que pillan, pero non que o fagan á lixeira, que o curren, e que nós logo o creamos; pois neste caso ocurriu o que non me esperaba (tendo en conta especialmente que aborrezo a anterior de Burton), para sorpresa de moitísima xente, que se construeu unha película coherente, nun agradecible intento de facelo "realista", ben hilvanado dende o principio ata a fin, sen perderse "polos cerros de Úbeda" nin fliparse. A película comeza ben, segue ben e acaba ben. Unha simpleza nada habitual no cine. E iso deber ser simple e llanamente por obra e graza do seu director (e pola súa destreza trala cámara), Rupper Wyatt, que a pesares da súa corta traxectoria cinematográfica, nos presenta un producto de maiúscula calidade (polo que non facía falla presentarnos e promocionarnos o mesmo soamente por contar cos responsables dos efectos especiais de Avatar e bla bla bla bla). No tema dos actores resalta, nun principio, James Franco, que sempre cumple de sobra como se espera nun bo actor coma él; pero o realmente reseñable é o traballo de Andy Serkis, e como é capaz de remitirnos toda a expresividade de Cesar e moi doadamente as emocións do personaxe que encarna (lin rumores dunha posible nominación aos Oscar para este home, algo que na miña opinión non estaría nada mal, á par de orixinal). Freida Pinto pola súa banda ten un papel totalmente irrelevante, e pouco máis que comentar sobre o resto do plantel. Para rematar direi que a película entreten, emociona e fai cavilar, ¿qué máis se pode pedir?.
Curiosidades: hai varios guiños ás versións anteriores, por exemplo, a aparición dunha estatua da liberdade pola metraxe.
Valoración final: a sorpresa do verán sen dúbida. A 'Origen' deste ano.


O mellor: Andy Serkis, a historia e a forma de narrala en concreto, e a película en xeral.
O peor: e que conste, que por poñer algo, algúns clichés: un papel femenino para endulzar a historia, o típico chupatintas empresario ao que só lle interesa o diñeiro, etc etc.


O modélico

jueves, 1 de septiembre de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Capitán América: El Primer Vengador

Si señores, dispóñome a ofrecervos unha crítica dunha nova película de superheroes, ¿que raro, non?.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Que nadie se engane, os superheroes están de moda, e segue a ser moi rentable facer películas desta temática, polo que o Sr. Hollywood non ten problema ningún en deixar en marcha toda a súa maquinaria. Agora é o turno do Capitán América, o primer vingador e o heroe máis patriótico que debeu de existir endexamáis.
Con maior ou menor acerto vimos vendo case a totalidade do supergrupo dos Vingadores (en críticas e artigos anteriores teño falado deste megaproxecto cinematográfico que se está a preparar), e seguindo a pauta que xa marcara 'Iron Man 2' na forma de facer películas de acción de temática comiqueira (de calidade) chéganos este traballo de Joe Johnston, que tras unha consulta na rede vexo que posue unha filmografía (para o meu gusto) do máis alternante: 'Océanos de Fuego' (me gustou), 'El Hombre Lobo (The Wolf Man)' (non me gustou), 'Parque Jurásico II' e 'Jumanji' (pezas inolvidables da miña infancia/adolescencia), etc.
O máis salientable do reparto pode ser: Chris Evans ('Push', 'Dueños de la Calle', 'Los 4 Fantásticos'), para o que non é nada novo facer de heroe mazas e guaperas, Hugo Weaving (a triloxía de 'Matrix', a triloxía de 'El Señor de los Anillos') como malo malísimo, Tommy Lee Jones ('No Es País Para Viejos', 'Men In Black', 'Space Cowboys'), entre outros...
A sinapse e a historia máis ou menos acertada deste personaxe reza así: Nado durante a Gran Depresión, Steve Rogers creceu como un rapaz enclenque nunha familia pobre. Horrorizado polas noticias que chegaban de Europa sobre os nazis, decideu enrolarse no exército; sen embargo, debido á súa precaria saúde, foi rechazado unha e outra vez. Abrandado polas súas súplicas, o xeneral Chester Phillips ofrécelle a oportunidade de tomar parte nun experimento especial, a "Operación Renacemento". Logo de administrarlle o “Suero Super-Soldado” e bombardealo con “vita-raios”, o corpo de Steve faise perfecto. Posteriormente, é sometido a un intensivo programa de entrenamento físico e táctico. Tres meses despois, recibe a súa primeira misión como Capitán América. Armado cun escudo indestructible e coa súa intelixencia para a batalla, o Capitán América emprende a guerra contra o mal, como centinela da liberdade e como líder dos Vingadores.
Conclusións: como xa dixen, case todolos integrantes deste grupo tiveron o seu propio filme-presentación (por decilo dalgunha maneira) destacando sobre o resto, e como xa dixen, 'Iron Man 2'. Primeiro comezou con meros guiños ou referencias circunstanciais aos mesmos, pasou na recente 'Thor' e mesmo nesta aparecen de novo, pero o feito de que esta en concreto estea ambientada durante a II Guerra Mundial fai que se deba realizar lazos de unión entre esta historia e a que queren estrenar creo que para o 2012. Ahí entra polo tanto o personaxe de Howard Stark (pai de Tony Stark/Iron Man), ou mesmo o cubo cósmico (é necesario haber visto 'Thor' para situarse algo) que codicia Cráneo Rojo (némesis do Capitán América). E é ahí mesmo onde se atopa, para min, o principal problema deste filme: a diferencia das adaptacións anteriores, a do Capitán América non se nos presenta como unha explicación única e exclusiva da orixe deste superheroe, senon que máis ben se utiliza como alfombra de benvida á futura 'Los Vengadores' (nas anteriores, aparte dos guiños xa mencionados, tralos créditos da mesma aparecía a principal referencia a este supergrupo, despois de haber mostrado a propia historia do superheroe en cuestión).
En canto ao todo o demáis: o humor non cae no chiste doádo (no que si patinaba máis a anterior 'Thor'); as esceas de acción están ben logradas e ademáis son (aínda que pareza o contrario, o seguinte é un dato importante) creíbles para o ollo humano; a historia, a pesares da súa sencillez, mostra unha gran solidez, algo que non se consigue se non hai certo traballo serio xa dende a construcción e redacción do guión; Chris Evans cumple, e Hugo Weaving (coma sempre) saese facendo de malo. Outro punto a favor deste filme: un certo aire "retro" (e non só pola época na que se ambienta) e de historieta (un toque pulp lin nalgunha crítica na internet).
Valoración final: para min, a última mellor película de superheroes do que vai de ano.


O mellor: o personaxe de Steve Rogers e Hugo Weaving como Cráneo Rojo.
O peor: algún escea feita por ordenador que cantaba algo.


O xusto

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Transformers 3: El Lado Oscuro De La Luna

Vou a comezar entón con esta malsana intención de traervos as críticas das últimas películas que poidemos ver nestos últimos venres, a risco de facerse tedioso, á vista e á lectura.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Hai cousa dun mes (quizás máis) acudimos aos cines para ver a terceira parte da rentable saga/franquicia dos Transformers, que, ao mesmo que as anteriores, é un filme dirixido por Michael Bay ('La Isla', 'La Roca', 'Armageddon'), director de míticas películas de acción normalmente ateigadas de efectos especiais (eso si, moi logrados... onde hai pasta nótase).
O reparto é (máis ou menos) o mesmo que o das anteriores, cun par de contadas incorporacións e unha soada e polémica baixa: Shia LaBeouf ('Wall Street: El Dinero Nunca Duerme', 'La Conspiración Del Pánico', 'Indiana Jones y El Reino de la Calavera de Cristal'), John Turturro ('Asalto al Tren Pelham 123', 'La Ventana Secreta'), Rosie Huntington-Whiteley (na súa primeira película, sustituíndo á despanpanante e estúpida Megan Fox como moza tonta do protagonista) e outros máis ou menos coñecidos.
A sinapse é a seguinte: os Autobots e os Decepticons vense envoltos nunha perigosa carreira espacial na Terra entre os EE.UU. e Rusia, donde un acontecemento ameaza con provocar unha guerra tan grande que nin os propios Transformers poida que sexan capaces de salvar ao noso planeta. E una vez máis, como case sempre, Sam Witwicky atopase involuntariamente no medio do conflicto.
Conclusións: en resumidas contas, todo o que se poida contar do guión ou da historia da película é totalmente menosprezable; todolos acontecementos anteriores á última hora do filme son un simple pretexto (ou relleno) para a apoteósica loita final (unha vez máis) entre os Autobots e os seus eternos némesis, os Decepticons (vou a supor un mínimo de infancia nos escasos lectores do artigo e que ao menos houbesen ollado aínda que só fose de refilón esta serie animada dos anos oitenta). Logo dunha aceptable primeira parte, pasando polo certo baixón que suposo a segunda (polo que vin, as críticas negativas foron abundantes pero non sei, a min entretívome, aínda que non teño ningún tipo de problema en recoñecer algunha gilipollez da mesma), esta terceira tampouco aporta nada novo, máis ben se queda ao nivel da segunda entrega (ou algo máis abaixo). E é que iso é o malo de Bay. Michael Bay é un director querido e odiado por igual, pero non sei que ten (teremos en conta a longa sombra de Spielberg que sempre se agocha detrás das súas produccións, asi como a inexistencia de reparos deste á hora de soltarlle cheques ao seu protexido Bay) que acaba facendo que as súas películas se vexan. Aos datos me remito, 'Transformers 2: La Venganza de los Caídos' foi para moitos un "truñazo" con maiúsculas, pero aquí vai o tío, e saca unha terceira parte, ¿e que ocorre?, récord de recaudación de novo (sigamos a ter en conta a presenza do tito Spielberg, así como a promoción e o sabroso trailer que deron en sacar). Obviando o humor tonto típico deste director (e máis nesta triloxía), o patriotismo ianqui, as puyas incubertas á anterior actriz Megan Fox (non sei se o sabedes, pero a esta a botaron porque non a aturaba nin dios, e houbo un cruce de declaracións e acusacións que paso de comentar) e a presenza da "actriz", perdón, modelo, Rosie Huntington-Whiteley; que si que a tipa dá gusto vela, pero a pesares de facelo un chisco mellor que a súa predecesora, e falando en plata, está ahí para o que está, para lucir palmito, poñer cara de rapariga sexy-inocentona e pasear curvas (a mellor proba desto é que xa a primeira escena da película logo do prólogo inicial é un primer plano do traseiro da espectacular rubia). Obviando todo isto digo, que a película (si, eu me confeso un borrego seguidor das películas deste tipo, principalmente dos que esperan que volva a facer unha boa peli de acción estilo 'La Roca') logra entreter e moito, que dito sea de paso é o que se pide a todo blockbustter que se precie, principalmente porque nese eido é onde Bay se move como peixe na auga; e as escenas de acción planificadas e grabadas por este tipo son unha pasada (eso si repito, hai pasta detrás...)
Detalle perturbador do filme: na mencionada batalla final, con todo unha cidade derruída, totalmente invadida por robots con sede de sangue, naves, cousas estoupando, fume, coches saltando polos aires, ¿como Carly (o personaxe da modelo/actriz) é capaz de esquivar balas, escombros e explosións cuns tacóns de vértigo?. Eso é un don, chavales. ¿Hembra decir que a súa perfecta e anxelical cara non recibe nin tan sequera un rasguño?
Valoración final: se compensas o que tarda en arrancar pola batalla mastodónica do final estamos ante unha película non demasiado execrable.

O mellor: a escea do edificio, o autobot Bumblebee (o camaro amarillo para os tuneros e entendidos) e os efectos especiais.
O peor: o intento de faltar á nosa intelixencia con tamaños errores e incongruencias de guión, sempre en pos da espectacularidade (cando son perfectamente compatibles).


O cabal

miércoles, 22 de junio de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: X-Men: Primera Generación

Non vos extrañedes se en próximos artigos/reseñas de película do Señor da Xe aparecen novas "críticas" de películas sobre superheroes, posto que xa nos estamos a meter no periodo estival, no cal como todos sabemos Hollywood comeza de sacar títulos e títulos por doquier (normalmente de fácil dixestión, aínda que a miúdo, máis do que a veces se pode soportar, se lle cole algún filme moi, moi complicado de tragar); ademáis dos numerosos proxectos que xa están máis que anunciados e promocionados.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Buscábase dar un soplo de aire fresco á saga da patrulla Xe (non, a pesares do parecido do nome, o dono e autor deste blog non posúe don especial ningún nin ten nada que ver con estes heroes mutantes, bueno algo raro si que é... bueno, é igual... XD) logo da "suposta" diminución de calidade co paso das entregas da triloxía inicial (non sei, a min gustaronme... bueno a 2º menos...) e do tamén "suposto" fiasco do reboot de Lobezno (digo suposto, xa que para os gustos están as cores, aínda que despois os números tiren para un lado ou para o outro), e parece ser que Matthew Vaughn, director e responsable deste cambio, o conseguiu. Aínda que este británico teña poucos títulos cinematográficos no seu haber (a divertida Stardust; Kick-Ass: listo para machacar, que me dixeron que estaba ben; e o bo thriller Layer Cake, así como a que nos ocupa) parece que sabe o que fai e non está de máis seguilo de preto de aquí en adiante.
A sinapse do comezo da saga dos X-Men, conta unha historia secreta que alude aos coñecidos acontecementos mundiais da Guerra Fría. Antes de que os mutantes se mostraran ao mundo, e antes de que cambiaran os seus nomes polos de Profesor X e Magneto, Charles Xavier (James McAvoy) e Erik Lehnsherr (Michael Fassbender) eran dous xoves que descubrían os seus poderes. Non había animadversión algunha entre eles, senon que lles unía unha sincera amizade e decidiron traballar xuntos e crear un grupo de mutantes para evitar o Armagedón nuclear. Foi entón cando unha enorme brecha se abreu entre eles e supuso o comezo da eterna guerra entre a hermandade de Magneto e os X-Men do Profesor X.
Conclusións: aínda que pareza mentira existen películas nas que, a pesares de darse por suposto que o guión será sacrificado en pos da acción palomiteira que máis abunda nas pelis de superheroes, parten do mesmo como unha base sólida para levar a cabo unha película na que, si, os efectos especiais e visuais para disfrute do persoal están a orde do día, pero que non adoleza dunha continua falta de sentido en canto aos feitos nin de, por chamalos dalgunha maneira, "vacíos argumentais". 'El Caballero Oscuro' de Nolan marcou o camiño e esperemos que sigan a aparecer títulos que tomen exemplo e concurran en entretidas e recomendables películas como a que enche este artigo, ten en conta que ademáis persoalmente, e como xa sempre dixen, a un servidor lle gusta ver en "formato real" e na gran pantalla os debuxos e heroes que disfrutaba e admiraba de cativo.
Mención especial para a banda sonora, sobre todo os temas que soan para Magneto e os seus continuos debates internos.
Os primeiros carteis de promoción da película estaban tan mal feitos que todos se esperaban un desastre con esta entrega pero parece ser que non foi así, polo que o Sr. Hollywood non vai deixar de explotar algo que a primeira vista parece rentable e seguramente teñamos máis entregas.
Apuntes frikis: topados por casualidade, e nunca froito da miña experiencia televisiva nin comiqueira, co único fin de facer bulto e encher un pouco esta pobre e torpe crítica:
- Mística pasou a súa infancia en Alemaña e non coñeceu a Xavier.
- A primeira xeración a compoñían outros estudiantes diferentes (agás Bestia que sí que estaba).
- O casco de Magneto creouno Xavier para él mesmo.
- Xavier quedouse paralítico dunha forma absolutamente diferente.
- Moira era xenetista, non axente secreta da CIA.
E máis detalles que na película (en contra da verdadeira historia) se modificaron de maneira non demasiado deleznable.
Valoración final: eu disfruteina moito polo que a recomendo.


O mellor: é raro en pelis deste tipo, pero McAvoy e Fassbender me parece fixeron un gran traballo. O cameo de Hugh Jackman.
O peor: Mística e Bestia (a veces parece un peluche... XD)


O decoroso

domingo, 29 de mayo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: El Discurso Del Rey


Con 12 nominacións, e gañadora de 4 Oscars: mellor película, mellor actor, mellor director e mellor guión, 'El Discurso del Rey' foi a triunfadora da última gala das famosas estatuillas douradas; e con todo esto non podía ser que cando por fin a película cae na carteleira dos cines que nós visitamos asiduamente faltásemos á cita ou desaproveitáramos a oportunidade de vela.


¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Tom Hooper (tras como sempre unha rápida ollada á súa filmografía, director de varios telefilmes e dunha descoñecida 'The Damned United) é o artífice da película que ocupa desta vez o artigo, na cal á cabeza da mesma Colin Firth ('La Última Legión', 'El Retrato de Dorian Gray') e Geoffrey Rush (a longa saga dos piratas do Caribe, incluso a recente 'Piratas del Caribe: en Mareas Misteriosas', 'Munich', 'Frida') encabezan (valga a redundancia) o cartel e o reparto, sendo ao mesmo tempo as principais bazas do disfrute desta largometraxe. Helena Bonham Carter, a muller de Tim Burton (a saga de Harry Potter, 'Alicia en el País de las Maravillas', 'Big Fish' e algunha máis do seu home); Guy Pearce ('La Carretera', 'En Tierra Hostil') ou Timothy Spall (de novo a rentable saga de Harry Potter, 'Appaloosa', 'El Último Gran Mago') como o primer ministro británico, Winston Churchill; completarían o resto do plantel desta historia fílmica.
Historia fílmica que versa do seguinte: trala morte do seu pai Jorge V, e da abdicación do seu irmán maior Eduardo VIII, o duque de York (Colin Firth) convírtese en rei de Gran Bretaña co nome de Jorge VI, co problema da súa tartamudez e co lóxico atranco que esta supón para o exercicio das súas funcións. Isto conlévao a buscar axuda en Lionel Logue (Geoffrey Rush), un logopeda pouco ortodoxo que coas máis "variopintas" técnicas intentará eliminarlle ese defecto ao rei.
Conclusións: comezar dicindo que non sei se esta película é a merecida gañadora dos últimos Oscars, intentando ser obxectivos (posto que non vin, aínda, todalas que se presentaron á susodita edición) e tendo en conta que, unha vez recibido a noticia dos seus recoñecementos un servidor aumentou de forma repentina (e supoño esaxerada) as expectativas formadas ante a mesma. En resumidas contas, o principal problema foi o tempo que me levou meterme de cheo na película, socavando a opinión que poidera formarme sobre a calidade do filme, dito sea de paso, calidade que está máis que presente nos aproximadamente 120 minutos que a mesma dura. A pesares de todo isto, a película non aburre en ningún momento, e seguramente tales argumentos negativos retratados máis arriba se deban máis a algún defecto de burro do escritor desta crítica, xa que unha vez situados, e ben situados, a película é moi entretida e recomendable ata a súa fin. E gran parte da culpa desto último a teñen os seus principais protagonistas, e consecuentemente os papelóns dos seus actores principais: Colin Firth simplemente, sailese (neste punto si que creo, sen haber visto todalas nominadas, que o Oscar é merecidísimo). Geoffrey Rush, como ese "arranxador" de defectos da fala tan rimbombante e simpático, é o punto cómico da cinta (débese ter en conta que o Señor da Xe no prazo dunha semana veu a este mesmo actor en Piratas del Caribe facendo do capitán Barbosa e o contraste é máis que evidente, sumándolle esto valor á crítica... XD). Helena Bonham Carter tampouco se destapa nesta película como unha boa actriz, e o seu papel como de costume non está mal realizado.
Valoración final: a resposta das últimas críticas, van 5 de 10 e non fago máis que reafirmar a calidade das últimas películas presentadas aos Oscars. Moi por encima da mediocridade que abunda normalmente en carteleira.


O mellor: Colin Firth, Geoffrey Rush e algunha escea tronchante de tan extranas técnicas utilizadas por Lionel (véxase, a escea dos tacos... XD).
O peor: as altas expectativas autoimpostas en relación á película, provocando unha mínima sensación de decepción.


O honorable

sábado, 21 de mayo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Piratas Del Caribe: En Mareas Misteriosas

Ou 'Piratas del Caribe 4' para os máis remilgados, ou para os que non sepan xa as secuelas que van alá desta rentable saga (para estes tamén lles digo que un par delas máis aínda as vai haber...XD)

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Unha vez rematada a triloxía de Gore Verbinski (o director das tres primeiras partes), a franquicia dos piratas continúa adiante da man, esta vez, de Rob Marshall, director ao mesmo tempo da recente 'Nine', ou das anteriores (e coñecidas) 'Chicago' e 'Memorias de una Geisha', e digo continúa, xa que a continuación desta xa está máis que asegurada (de feito creo que xa está ata anunciada dende incluso antes que esta fora proxectada) e non rechacemos vindeiras corolario desta cuarta.
Eliminamos a Keira Knightley e a Orlando Bloom; mantendo ao imprescindible Johnny Depp ('The Tourist', 'Alicia en el Páis de las Maravillas'), no seu inherente papel do aloucado pirata e capitán Jack Sparrow, ou a Geoffrey Rush ('El Discurso del Rey', 'Munich'), no seu alter ego do capitán Héctor Barbosa; engadindo nesta a Penélope Cruz ('Nine', 'Los Abrazos Rotos'), como unha antiga conquista de Sparrow, e a Ian McShane ('Expediente 39', a serie de 'Los Pilares de la Tierra'), consumado como villano da película, o temible e temido Barbanegra. Seguindo estos pasos completamos o notable reparto.
A sinapse intenta máis ou menos seguir onde se quedou na anterior largometraxe da serie (digo máis ou menos xa que aínda que se seguen os acontecementos da precedente, dalgunha maneira preténdese enfocar o producto noutra dirección), co capitán Sparrow na procura da lexendaria Fonte da Xuventude, cruzándose no seu camiño a fatal Angélica e o renombrado Barbanegra.
Conclusións: primeiramente comentar que o meu inicial escepticismo hacia este título foi finalmente medianamente (sexamos benévolos, máis que medianamente) derrubado; esa rara aficción da meca do cine de explotar ata a saciedade os títulos máis rentables que cruzan o charco, asi como a presencia no filme da "nosa" Pe, eran as principais culpables. En canto ao primeiro, haberá que se ir acostumando (a pesares de que é ben certo que o tema xa está algo "estirao" de máis e xa comeza a frouxear a película é moi entretida e recomendable); en canto ao segundo, pois bueno, Penélope Cruz non desentona nada nesta aventura (sintoo, pero queda claro que non son fan da "nosa actriz máis internacional").
As principais bazas de 'Piratas del Caribe 4' veñen de parte de dúas das caras principais do reparto, Johnny Depp (este si é o papel que lle ven ben, con todos esos xestos que caracterizan a Sparrow tan seus) e de Geoffrey Rush (a volta de torca ao personaxe de Barbosa ao principio da peli é do mellor da mesma); fastidiando un pouco o pastel Ian McShane como Barbanegra; presentado como o pirata ao que temen todolos piratas, terriblemente despiadado e malvado; cousa que só demostra nun par de ocasións, no resto das veces non dá o pego como ese personaxe tan condenadamente pérfido. Tamén hai que mencionar que todo este universo de Piratas del Caribe se segue a facer peli a peli máis fantástico (este adxectivo pode facer mención, ou non, á calidade); tiñamos esqueletos, maldicións, o kraken, a Davy Jones (encargado de transportar ao inframundo as almas dos afogados), criaturas mariñas antropomorfas; engadamos agora, a Fonte da Xuventude (que otorga anos de vida a costa de roubarllos a outro), belas e malignas sereas, etc etc etc; cousa que pode gustar a moitos pero deixar de facelo a outros tantos.
Valoración final: repetindo o de máis arriba, película moi entretida e recomendable.


O mellor: a popular banda sonora e o personaxe de Barbosa e Sparrow (seña de identidade da saga).
O peor: certos síntomas de esgotamento.


O digno

domingo, 8 de mayo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Fast & Furious 5

Que terrible é ir contra da moda, foi o que poidemos comprobar este último venres, posto que nós, febles criaturas do Señor, querendo "utilizar" outras salas contrarias a aquela onde proxectaban a susodita película fumos "conducidos" por erro a vela de igual maneira.
-Conversación pasada ou imaxinaria-
- Sr. Xe: 6 entradas para a sala 1, por favor...
- Rapariga: ¿Para 'El Sicario de Dios'?
- Sr. Xe: Correcto.
....
....
- Sr. Xe: Mira perdoa, que nos diches para 'Fast & Furious'...
- Rapariga: ¿Y no me dijiste para esa?
- Sr. Xe: Non...
- Rapariga: ¿Seguro?
Cara de póker do Señor da Xe...
- Rapariga: Oh, perdona, es que todos van a ver esa...
Despois de rellenar un pouco o artigo de mala maneira e desta pasada conversación decidimos (aínda que nola cambiaban) ir a vela e evitarlle atrancos á rapaza nunha tan díficil tarefa...

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

'Fast & Furious 5' ou 'A Todo Gas 5' para os puristas da saga, é un traballo do director Justin Lin, cuxos filmes anteriores coñecidos son a 4º e a 3º parte deste mesma saga (que non das dúas primeiras) e segue as peripecias de Dominic Toretto (Vin Diesel; que ata o apelido lle vai ao pelo para a película) e Brian 0'Conner (Paul Walker) logo da cuarta entrega, só que esta vez logo de axudar a Toretto a fuxir do cárcere, fuxen a Río de Janeiro, para volver a fuxir como única posibilidade para conseguir a liberdade, esta vez enfrontándose a un empresario corrupto brasileño para tal efecto. O reparto, condenadamente coñecido, de novo, Vin Diesel ('Babylon', 'XXX') e Paul Walker ('Bajo Cero', 'Inmersión Letal'), Jordana Brewster ('La Matanza de Texas: el Origen'), e aunandoselles nesta parte, Dwayne "The Rock" Johnson ('Sed de Venganza', 'Los Otros Dos', 'Doom') e Elsa Pataky ('Ninette', 'Didi Hollywood', 'Romasanta').
Conclusións: a pesares de haber visto todalas entregas desta saga (de non velas supoño que acabarías crucificado ou algo así, posto que é o que soe pasar coa xente que non ve estas pelis tan promocionadas, XD) non me considero fan desta saga (que vendo o visto nesta entrega se ve que é rentable e imos ter Fast & Furious pa rato), iso de primeiras. A pesares de todo, intentaremos ser obxectivos.
¿De que vai a peli?, iso é o de menos, como toda película de acción, sacrificará o argumento en pos da espectacularidade e das esceas de risco, as cales non faltarán nesta entrega; e tirará de clichés a mansalva: o guaperas de turno, o mazas chulo de putas pero honesto de turno, as chatis buenorras de turno, o dúo cómico de turno (que non entendo sempre son persoas de cor ou latinos, ¿que pasa? que os ianquis non son simpáticos, ¿só poden ser superduros?) que fagan o que fagan e se enfronten o que se enfronten sairan airosos de todos e cada un dos perigos que se lles poña por diante; os ianquis paseandose ás súas anchas (quero dicir, a tiros) por onde lles place, etc etc etc, pero sexamos ecuánimes, ¿non é acaso esto o que se espera dunha película de acción?, pois neste punto 'Fast & Furious 5' ten de sobra para os máis adrenalíticos, e vaticino que as vindeiras entregas o serán máis, posto que no momento que a saga perda espectacularidade irá perdendo fuelle a marchas forzadas (por suposto, non vamos a entrar nas leis da física en canto a certas esceas, XD)
Para rematar tan tristes conclusións vou comentar algo que agradezo e me gustou desta película, e algo que non me gustou para nada. Para min, o maior punto a favor deste filme é o feito de que o mundo do tunning se deixou de lado (máis ou menos) para facer simplemente unha peli chá de acción (supoño que para a gran maioría ese é o principal punto a favor da mesma). Algo que non me gustou, vale que xa non esperaba unhas grandes actuacións na pantalla, pero dende esta entrega non podo máis coa actitude (que por certo lle ven que nin pintada) do personaxe de Toretto, esa pose de, tranquilos todos, botademe o que queirades que total vou poder co que sexa... XD.
Con todo, o éxito rotundo en taquilla o ten máis que asegurado.
Valoración final: unha "flipadura" que entreten (a estas alturas non me vou a desenmascarar como unha persoa á que lle gustan as pelis de acción) pero convertida nunha mera transición (ATENCIÓN SPOILER IMPORTANTE iso de volver a meter "con cuña" case o personaxe de Michelle Rodríguez, a moza de Toretto na largometraxe, cando na catro lle meten un tiro na cabeza non sei non sei FIN SPOILER IMPORTANTE) para seguir explotando a galiña dos ovos de ouro.


O mellor: que se houberan equivocado coas entradas (visto o visto, creo que 'El Sicario de Dios' ía a ser peor...XD)
O peor: que se houberan equivocado coas entradas (ao final fumos a ver esta... XD)


O intachable

sábado, 30 de abril de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Thor

Ahí vai outra crítica dunha película, como non, de superheroes tan en boga nos últimos cinéfilos anos; neste caso de 'Thor', heroe inspirado no deus nórdico homónimo, que forma parte da serie fílmica dos Vingadores (un grupo de superheroes por se non o sabiades...xD) que vai a desembocar no filme 'The Avengers' onde se reuniran unha recua deles. O Señor da Xe xa falou da mesma noutra crítica desta sección e deste blog. Velaí vai o enlace...

¡¡Atención, este artigo pode contar detalles sobre a trama!!

Thor, o deus do trono na mitoloxía nórdica e xermánica, serveu de inspiración a Stan Lee para crear un superheroe co mesmo nome para os cómics de Marvel, unha persoa arrogante e un codicioso guerreiro, fillo de Odín, cuxos imprudentes actos reavivan unha antiga guerra contra os xigantes do xeo, motivo polo cal é castigado e desterrado á Terra a vivir entre os humanos para descubrir o verdadeiro valor da humildade. Cando o seu "irmán" usurpador do trono de Asgard, Loki, ataca á Terra, Thor debe converterse no protector do noso mundo. Esta mesma é a sinapse da película 'Thor', unha especie de explicación da orixe deste superheroe-deus. O mazas de turno é Chris Hemsworth ('Cash', 'Una escapada perfecta') que se acompaña neste filme coa actriz de moda Natalie Portman ('Cisne Negro'), Anthony Hopkins no papel de Odín ('El rito', 'El hombre lobo') e Stellan Skarsgard ('Ángeles y demonios', 'El rey arturo'). Este é máis ou menos o reparto máis coñecido.
Conclusións: debido á miña infancia rica en historietas deste tipo (outro dáselles por chamarme friki... xD) xunto coa que voracidade coa que soía devorar cómics en idades máis precoces sempre sinto curiosidade pola forma en que van a adaptar a este ou aquel superheroe. E neste punto 'Thor' lévase un valioso punto: polo que sabía (e polo que poiden ler a maiores) acerca do mesmo, a historia, os personaxes e incluso os arquiinimigos estan ben adaptados e ben caracterizados na gran pantalla, facendo, como xa insinuei, de 'Thor' unha película máis que correcta nese aspecto. Pero nunha análise máis profunda, e logo de ollala enteira quédache certa regusto amargo, como de película frouxa, si, épica, pero frouxa. ¿A razón?, pois non logro atopala, quizais se trate do dúo protagonista (o rubiaco mazas e a Portman non me acaban de cadrar), esa loita final que parece que os jichos nin sexan inimigos acérrimos (quitándolle emoción ao final) ou se as súas antecesoras en temática comicqueira, a saber 'Iron Man' e 'El caballero oscuro', provocaron que o listón deste tipo de largometraxes se atope a unha altura que ningunha das vindeiras logrará acadar. A pesares de todo sexamos benevolentes, 'Thor' cumple (e ben) co seu cometido e por riba entreten.
A curiosidade do filme: convertido en costume (que menos tamén... xD), Stan Lee fai ou seu correspondente cameo na película. Nesta aparece como o conductor da camioneta que enganchan ao Mjohnir (o martillo, bah...) con cadeas para tentar arrincalo da pedra co nefasto resultado de que a camioneta lle salta a parte de atrás (non podo ser máis específico, xD).
Valoración final: como digo sempre, os frikis van disfrutar (ou non) e o resto pódena ollar apaciblemente sen sufrir de pensamentos homicidas nin coa sensación de haber tirado cos cartos.


O mellor: os efectos especiais.
O peor: certa falta de "chispa".


O atronador

martes, 26 de abril de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Código Fuente


Desta o título do artigo si está acertado... xD

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Como sempre, comezando polo principio, 'Código Fuente' forma parte da filmografía do novel director Duncan Jones (digo novel xa que conta con só duas películas no seu haber), que tamén o fora da rara (e orixinal) 'Moon' (estas temáticas "raras" parecen do gusto deste director, algo que se agradece nun intento por ser orixinal no tedioso e interminable bucle que conforma Hollywood en canto aos centos de películas que dá en "parir"). Co coñecido Jake Gyllenhaal (creo habelo escrito ben, xD) á cabeza ('Brokeback Mountain', 'Amor y otras drogas', 'Prince Of Persia'), esta película é a historia do que pudo ser e non foi, logo me explico.
O capitán Colter Stevens (o propio Jake) é un soldado que forma parte dun programa experimental do goberno para investigar un atentado terrorista, desperta na pel dun viaxeiro no tempo cuxa misión é a de "vivir" (e as comiñas son importantes) unha e outra vez o atentado a un tren ata que consiga averiguar quen é o culpable. Aquí remata a sinapse. O resto do reparto (principal) confórmano Michelle Monaghan ('Adios pequeña, adios', 'La conspiración del pánico'), Vera Farmiga ('El niño con el pijama de rayas', 'Up in the air') e Jeffrey Wright ('La jungla 4.0', 'Quantum of solace').
Conclusións: como xa dixen, 'Código Fuente' é a historia do que pudo ser e non foi; collendo claramente a testemuña da xenial (opinión persoal) 'Origen' do mestre Nolan, esta película recolle unha temática bastante interesante pero que non souperon desenrolar en demasía.
É a historia do que pudo ser e non foi xa que unha vez vista a película non me quedou nada claro que coño é o "código fuente" de marras, e non creo que nin os creadores do filme o tiveran.
É a historia do que pudo ser e non foi porque a película comeza ben pero que principalmente e falando en plata a joden ao final... ATENCIÓN SPOILER para min 'Código Fuente' termina cando se paraliza a imaxe FIN SPOILER.
Quita o cento de esterotipos e clichés de toda pelicula de acción e quita a máxima premisa hollywoodiana de que en toda película ten que haber unha historia morrántica; pois a pesares de todo eso (o cal todo espectador de cine comercial con dous dedos de frente que se dispón a ver esta película xa debe contar con elo) a película consegue entretener, de sobra ademáis (non dura moito e tendo en conta ademáis a calidade da cartelera últimamente), e sería unha película máis por encima da media (que o é) se acabara onde o remarco (chegado a ese punto ata me sentin en presenza dunha película máis que digna), ¡pero non!, decisión últimas tomadas en despachos provocan que a película deba ser pasada polo embudo hollywoodiense e provocan ademáis que o "happy ending" sobradamente coñecido deba ser "incrustado" (non hai outra palabra, xa que parece verse a leguas que o director non quería un final así) na mesma, provocando que o filme baixe enteiros en calidade (chegado a ese punto desexei haberme levantado da sala no momento anteriormente mencionado).
Non deixarei de comentar que se alguén veu 'En el punto de mira' e non lle gustou, quizais (no, seguro) tampouco lle gustará esta.... aquela xa tiña os suficientes viaxes ao mesmo momento e lugar que un espectador pode soportar... xD
Valoración final: unha película entretida que de haber resolto de mellor maneira o "exame" dos productores sería outra historia.


O mellor: Michelle Monaghan e a escea da explosión dentro do tren dos protagonistas frente a frente...
O peor: a extrana certeza que vai medrando nun mesmo co paso dos minutos ao comprobar que outra vez Hollywood nola vai meter doblada... xD


O recto

lunes, 25 de abril de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Cisne Negro

Que en realidade foi un domingo, pero case pasarei de cambiarlle o título ao artigo por esa nimiedade... xD

¿Que vou a contar desta película que non se sepa xa? pero debido á miña falta de "ansia" por crear novas entradas neste meu blog e a tardanza coa que películas como esta chegan ás salas de cine que máis preto da casa me quedan, quizais este artigo xa quede un pouco relegado no tempo, pero bueno...

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Do autor de outras boas películas como 'El Luchador' ou 'Réquiem por un Sueño' e de apelido complicado á pronunciación e ao oído, Darren Aronofsky, chega esta moi boa (na miña sempre inexperta e humilde opinión) película que me ocupa, 'Cisne Negro'.
O máis coñecido e excelso do reparto deste filme é sen dúbida Natalie Portman ('V de Vendetta' ou a triloxía recente de Star Wars), que no papel de Nina, unha brillante bailarina dunha compañía de ballet de Nova York que vive completamente absorbida polo baile é elixida para "interpretar" o famoso "Lago dos Cisnes", a que numerosas presións, a saber, o férreo control da súa sobreprotectora nai, a rivalidade dunha compañeira e a esixencia do seu director provocará que esta sexa incapaz de distinguir a realidade da ficción; cómese sen miramentos a gran pantalla. O resto do plantel é completado por Vincent Cassel ('Irreversible', 'Ocean's 12', 'El Pacto de los Lobos'...), Mila Kunis ('Max Payne', 'Noche Loca', 'El Libro de Eli'...) e Wynona Ryder (si, a de 'Alien'... xD, ou outras como 'Inocencia Interrumpida' ou 'Eduardo Manostijeras') entre outros. Ata aquí a sinapse e a conxugación do reparto.
Conclusións: seguramente unha gran cantidade de personas de encéfalo plano, destes que ven unha ou outra película para evitar quedar na estacada a según das modas do momento, che dirán que o 'Cisne Negro' é unha panochada, unha continua paranoia detrás doutra, e que non merece a pena nin tan sequera vela (estes tamén suelen ser daqueles que lles mola "destripar" películas cando lle pides unha crítica máis ou menos obxectiva); e non estarán enganados só nunha cousa, que a película é unha sucesión de situacións na que a protagonista é incapaz de distinguir se o que está a vivir forma parte da súa imaxinación ou acontece de verdade, "unha continua paranoia", ¡si!, pero unha paranoia (así como as numerosas metáforas que intentan explicar a "transformación" da bailarina) que engancha e te manten en vilo arredor de 103 minutos de metraxe; 103 minutos de metraxe, que como xa dixen a Portman é a principal baza e na que cumple con creces co seu papel. O director Darren Aronofsky repite, creo eu, o mesmo esquema que utilizara con 'El Luchador'; un personaxe, amo e señor da pantalla en toda a película, cunha cronoloxía máis ou menos difícil, que vive ante os nosos ollos unha historia "que parece non levar a ningures" pero que fai que te sintes completamente conforme co diñeiro (ou/e o tempo) invertido en tal evento. Otrosí digo que o esquema gaña enteiros nesta película.
Un último apunte se se me permite; os últimos (intesos) minutos da película, os que corresponden á actuación final, son do mellor que vin últimamente, nos que "lóxicamente" a banda sonora axuda en grandes proporcións...
¿A curiosidade do filme?: Natalie Portman levouse o Oscar á mellor actriz por este papel... xD
Valoración final: completando o dito na anterior crítica, xunto a 'Origen' e '127 Horas' do mellor deste último ano...


O mellor: non pretendo reiterarme, pero sen dúbida, Natalie Portman.
O peor: certa previsibilidade.


O magnánimo

domingo, 6 de marzo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: 127 Horas


Con esta xa van dúas das películas que estiveron nominadas para os Oscars deste ano, e sen haber visto as demáis creo que a nominación tena máis que ben merecida.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

'127 Horas' é unha película dun director que nos últimos anos se está dando bastante a coñecer, sobre todo cando a súa anterior película 'Slumdog Millionaire' levara a friolera de 8 premios Oscars hai uns anos (que me parecen moitas para esa película, pero bueno... eso xa é fariña doutro costal), Danny Boyle (ademáis da citada, director do bodrio 'Sunshine', da de zombies '28 días después', da mítica de DiCaprio 'La Playa' ou da mítica 'Trainspotting').
O argumento é o seguinte, totalmente basado nunha historia real (e cunha gran fidelidade, como eu ben puiden comprobar na beata Wikipedia): o intrépido montañeiro e escalador norteamericano, Aron Ralston; en maio do ano 2003, durante unha andanza polos nada transitados canóns de Utah, sufre unha caída coa terrible mala sorte de que o seu brazo queda atrapado por unha roca, dentro dunha profunda fenda. Tras varios días inmovilizado, acaba por tomar unha dramática decisión, PEDAZO DE SPOILER amputarse o brazo para así poder liberarse e salvala vida. FIN PEDAZO DE SPOILER.
Conclusións: sen rodeos, esta é unha gran película, que non deixo de recomendar a todos que a vexan, xa que a pesares de que a priori a sinapse sexa do máis simple (e nun afán simplista, mítica) a forma en que Boyle conta a trama é o que realmente fai que a película pase (e se disfrute) nun suspiro (tamén é certo que ten unha duración de arredor dos 90 minutos, tampouco a historia daba para moito máis). Para min, a meirande parte da culpa neste aspecto o ten a banda sonora (que seica corre a conta dun tal A.R. Rahman), moi acertada durante todo o treito que dura o filme, cancións animadas que moitas veces contrastan coa dureza das imaxes (ou coas veces que ao tipiño se lle vai un pouco a perola, por outra parte, totalmente acorde coa situación que lle toca vivir) ou cara o final un pouco máis concordes co que se ve na pantalla, así como coa intensidade das emocións dese instante. Outro gran acerto é como o director nos fai partícipes das vicisitudes que o montañeiro ten que pasar namentres se atopa atrapado, como se nós mesmos o acompañaramos na sua angustia (o sufrimento, o malestar máis lóxico, incluso con humor, claramente cun humor negro, que permite tomar algo de aire para a seguinte escea), ou a forma en que son plasmados os pensamentos e as sensacións de Aron (por exemplo, cando está a quedarse sen auga, pola pantalla corren anuncios das máis refrescantes bebidas convertendoos nunha especie de soño inalcanzable). Esto claramente non sería posible sen a soberbia actuación de James Franco (polo que de novo estou de acordo coa súa nominación nesa categoría na gala deste ano; o que non podo decir é se merecía o premio baixo o risco de non ser obxectivo), cando todo o peso do filme cae sobre él, pois agás un par de minutos, él é o único que aparece en pantalla.
Habería que rematar co gran secreto a voces que encerra esta película, así como o momento máis duro de todo o largometraxe, cando o alpinista decide que a única posibilidade que ten de fuxir (posto que nadie vai ir a rescatalo) é amputandose a si mesmo o brazo. A escea é moi cruda e moi realista, pero non se acerca nin de lonxe ao gore repulsivo da saga 'Saw' ou de 'Hostel' (si que hai sangue e se ve "todo" perfectamente), esta impacta e incómoda (sempre debido ao gran realismo da escea; eu nunca o pasei tan mal no cine nin co gore máis noxento e inmundo que non se o cre nadie). Tamén é certo que toda esa retahíla de aparatosos sucesos nas salas de cine que viñan acompañando á película (xente que se desmaiou, vómitos...) me parece un pouco exaxerado (e cun claro e burdo interés publicitario), non é recomendable para estómagos sensibles, pero tampouco é para tanto, dependerá máis que nada da sensibilidade de cada un.
Valoración final: xunto a 'Origen', o mellor que vin do anterior ano 2010.


O mellor: o dinamismo da película e da forma en que avanza a trama (xunto con certas esceas onde a cámara se atopa en lugares do máis insólito)
O peor: a susodita escea (por poñer algo, xD)



O descocado

lunes, 14 de febrero de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: El Santuario (Sanctum)

Por amor ao arte...

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

El Santuario é unha peli dun descoñecido, Alister Grierson, que pretende mostrar un inexistente atractivo facendo publicidade e berrando aoS catro ventos a producción de James Cameron (que parece ser que lle sobra a pasta despois de todo o que se debe a estar reembolsando pola súa Avatar).
A sinapse é bastante predecible: un grupo de exploradores submarinistas realiza unha expedición á cova máis inaccesible do mundo, onde, por mor dunha tormenta tropical se verán atrapados intentando buscar unha ruta que lles permita saír e salvarse.
Conclusións: El Santuario (Sanctum) [o subtítulo en inglés deber ser para que pareza máis flipante, non sei... xD] é, nin máis nin menos, unha película "normaliña", non ten nada do outro mundo nin aporta nada novo a este xénero de películas, totalmente predecible (é chegar á cova e xa sabes que o chaval vai botar man dun obsequio de seu pai, o cal aborrece, pero que ao final lle será de vital importancia). Non sei como sería en 3-D (grazas a Deus paso bastante deste "novedoso" e caro formato) pero tampouco me parece que ningunha das esceas submarinas teñan potencial algún que explotar máis alá das dúas dimensións (si, moi chulas e bastante espectaculares) sobre todo porque hai tomas nas que a pantalla se queda totalmente a escuras (¿como se verá a escuridade en tres dimensión?, ahí queda esa reflexión, xD). Tamén é verdade que iso a fai máis realista, sendo o normal nunha cova, a máis sumerxida (non coma un cento de filmes que en noitas pechas no medio dun monte se ve case como se fose mediodía). A verdadeira conclusión é que a película non logra satisfacer todas esas facetas que nun principio parece intentar cumplir (agás entreter, xa que nin dura moito nin se fai aburrida): nin provoca certo sentimento claustrofóbico; nin fai que aguantes a respiración nas inmersións; nin transmite a angustia, vamos supoñer normal e lóxica ao atoparse sumerxidos baixo tonelaxes de pedra e auga, dos personaxes nesas situacións, nin nada (xa que estamos, a verdade é que os actores son maliños... o chaval máis novo que parece saído da mesma MTV chora como se acabara de perderse un capítulo dos Jonas Brothers cando é seu pai o que está a perder a vida). O único atractivo ("a priori") é o nome de James Cameron, que se pode ver ben grandiño no cartel e todo (non sei... moi raro que non apareza o nome do director, ¿non?) pretendendo vendernos a gran aventura fílmica en 3-D do ano. Craso error: a peli non pasa de entretida.
Valoración final: non Sr. Cameron, desta non vai ser...

O mellor: mmmmmmm (penseino máis do que parece)... algunha escea submarina bastante chula.
O peor: a sensación total de indiferencia que che queda mentras corren os créditos.


O estoico

sábado, 22 de enero de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Más Allá de la Vida

Esta sección digamos que agora adolece dunha rara afección; debido á carestía (aínda máis) que supón o disfrute ou/e ocio das salas de cine, a escaseza de críticas mordaces e ferintes sobre películas malas malas é palpable, polo que agora só se visitan éstas para ver películas que a priori valen o prezo pagado por elas (como dicimos agora, aquí funme un pouco da podre, pois para eso Dios tivo a ben crear o Cinetube e se pode descargar calquera filme actual, polo menos ata que o Anticristo que se fai chamar Lei Sinde nos joda a marrana).

¡¡Atención este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Como nesta vida debemos ser sinceros, e vou a confesar que en canto vin Clint Eastwood no cartel desta película díxenme que tiña que ir a vela, e alá fun, sen ter ni p.... idea da trama nin nada, pensando: se é de Clint Eastwood ten que ser boa, pero bueno, non sempre todo é o que parece...
Explicome de maneira gráfica, resumida e clara:
Filmografía de Clint Eastwood (en parte):
- Mystic River (2003): non a vin, a pesares das ganas que teño de pillala xa que me falaron marabillas dela...
- Million Dollar Baby (2004): moi boa
- Banderas de Nuestros Padres (2006): boa
- Cartas desde Iwo Jima (2006): boa
- El intercambio (2008): moi boa
- Gran Torino (2008): moi boa
- Invictus (2009): boa
- Más Allá de la Vida (2010): menos boa... xD
Pero bueno, comezando polo principio: 'Más Allá de la Vida' é unha película do fantástico director Clint Eastwood (creo que xa deixara patente a miña predilección por este home no párrafo anterior e nun artigo recente), onde as principais caras coñecidas do reparto son Matt Damon (a triloxía de Bourne, Invictus, etc) ou Bryce Dallas Howard (como dixo María: a ceja de El Bosque de M. Night Shyamalan... xD), cuxa sinapse reza da seguinte maneira: as vidas paralelas de tres persoas as cales tiveron algún tipo de contacto coa morte: unha periodista-escritora francesa (Cécile de France), que estivo a piques de morrer durante o tsunami que asolou o sudeste asiático nas navidades do 2004, un rapaz que perde ao seu irmán xemelgo nun accidente de tráfico, e un home (Matt Damon) capaz de comunicarse cos mortos, pero que se nega a facelo; terminarán irremediablemente por cruzarse.
Conclusións: primeiramente decir, en referencia aos minutos iniciais do filme, concretamente á escea do tsunami, xa quixeran para si algúnha das moitas películas de desastres naturais esa pedazo de recreación e efectos especias; pero non vos alarmedes a película non toca ese xénero grazas a Dios.
Como estamos a falar dunha película de historias cruzadas, nun principio vannos mostrando cada unha das historias por separado, as cales comezan de maneira moi prometedora pero co paso do tempo se van "aletargando" un pouquiño, seguramente debido á metraxe desta película (algo máis de dúas horas) e ao ritmo lento e pausado co que se conta a historia (se lle preguntarades aos que tiñamos detrás, terriblemente pausado... xD); conseguindo só ao final, coa inevitable (e máis ou menos "forzada") conxunción dos personaxes principais, rozar a emotividade que busca todo drama. Pero, cousas da vida, a min as películas deste home non logran aburrirme, ¿favoritismo?, pode ser, pero pese a ser unha película "frouxa" (máis que nada debido ao nivel ao que nos ten acostumado Clint e por teima persoal de non usar a palabra decepción nesta crítica) non é unha película mala.
Como punto final destacar a mensaxe positiva que se pode sacar da película (bueno, que eu saquei da película): quitando que cada quen pode crer o que queira sobre o tema, e destacando o meu punto de vista totalmente agnóstico, a mensaxe é clara: debemos superar a dor sufrida polos seres queridos falecidos, e evitar que esa pérdida lastre as nosas vidas, pois non están mortos, sempre vivirán no recordo...
Valoración final: resumida nunha reflexión: se esta é a película menos boa de Clint Eastwood que vin, xa poderían tomar exemplo outro moitos... xD

O mellor: a indudable calidade visual da película...
O peor: a banda sonora adicional que nos brindaron os dous homes das butacas de detrás nosa, efectuada con gran mestría cos seus instrumentos nasais e cargada de graves e sostidos ronquidos...


O inolvidable

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...