
"A carga da vida acaba con nós, unha carga terriblemente pesada, que nos esmaga contra a terra, facendonos vivir a ras da mesma, facéndoa máis real e verdadeira...
Por outra banda, a ausencia de carga fai que o home se volva máis lixeiro, consiga voar, se distancie da terra, para ser real a medias, ¿para que tentar acadar o Sol? ¿o mesmo que nos fai arder a todos por igual?
¿Que prefires ti?
¿Convertirse nese ser étereo que voa libremente esquivando calquera posible obstáculo que aparece no seu camiño? ¿ou que facer ante as inxustizas e a dor allea? ¿debemos e somos capaces de aumentar a carga que nos oprime?
O medo é unha trampa, un círculo vicioso no que os nosos propios membros nos impiden facer un simple movemento e ao mesmo tempo nos insta a saír correndo, a fuxir... Nadie espera que consigas acadar a meta... O importante é sorrir, ese son que non pertenece a un neno asustado polo descoñecido, senón á agonía que se deriva da total comprensión dun adulto...
¿Seguir mirándose os pés incapaces de levantar a vista debido á carga ou seguir voando contra o vento? É ahí a cuestión, é ahí a breve e insoportable levedade do ser..."
O filosófico Señor da Xe