Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 6 de marzo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: 127 Horas


Con esta xa van dúas das películas que estiveron nominadas para os Oscars deste ano, e sen haber visto as demáis creo que a nominación tena máis que ben merecida.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

'127 Horas' é unha película dun director que nos últimos anos se está dando bastante a coñecer, sobre todo cando a súa anterior película 'Slumdog Millionaire' levara a friolera de 8 premios Oscars hai uns anos (que me parecen moitas para esa película, pero bueno... eso xa é fariña doutro costal), Danny Boyle (ademáis da citada, director do bodrio 'Sunshine', da de zombies '28 días después', da mítica de DiCaprio 'La Playa' ou da mítica 'Trainspotting').
O argumento é o seguinte, totalmente basado nunha historia real (e cunha gran fidelidade, como eu ben puiden comprobar na beata Wikipedia): o intrépido montañeiro e escalador norteamericano, Aron Ralston; en maio do ano 2003, durante unha andanza polos nada transitados canóns de Utah, sufre unha caída coa terrible mala sorte de que o seu brazo queda atrapado por unha roca, dentro dunha profunda fenda. Tras varios días inmovilizado, acaba por tomar unha dramática decisión, PEDAZO DE SPOILER amputarse o brazo para así poder liberarse e salvala vida. FIN PEDAZO DE SPOILER.
Conclusións: sen rodeos, esta é unha gran película, que non deixo de recomendar a todos que a vexan, xa que a pesares de que a priori a sinapse sexa do máis simple (e nun afán simplista, mítica) a forma en que Boyle conta a trama é o que realmente fai que a película pase (e se disfrute) nun suspiro (tamén é certo que ten unha duración de arredor dos 90 minutos, tampouco a historia daba para moito máis). Para min, a meirande parte da culpa neste aspecto o ten a banda sonora (que seica corre a conta dun tal A.R. Rahman), moi acertada durante todo o treito que dura o filme, cancións animadas que moitas veces contrastan coa dureza das imaxes (ou coas veces que ao tipiño se lle vai un pouco a perola, por outra parte, totalmente acorde coa situación que lle toca vivir) ou cara o final un pouco máis concordes co que se ve na pantalla, así como coa intensidade das emocións dese instante. Outro gran acerto é como o director nos fai partícipes das vicisitudes que o montañeiro ten que pasar namentres se atopa atrapado, como se nós mesmos o acompañaramos na sua angustia (o sufrimento, o malestar máis lóxico, incluso con humor, claramente cun humor negro, que permite tomar algo de aire para a seguinte escea), ou a forma en que son plasmados os pensamentos e as sensacións de Aron (por exemplo, cando está a quedarse sen auga, pola pantalla corren anuncios das máis refrescantes bebidas convertendoos nunha especie de soño inalcanzable). Esto claramente non sería posible sen a soberbia actuación de James Franco (polo que de novo estou de acordo coa súa nominación nesa categoría na gala deste ano; o que non podo decir é se merecía o premio baixo o risco de non ser obxectivo), cando todo o peso do filme cae sobre él, pois agás un par de minutos, él é o único que aparece en pantalla.
Habería que rematar co gran secreto a voces que encerra esta película, así como o momento máis duro de todo o largometraxe, cando o alpinista decide que a única posibilidade que ten de fuxir (posto que nadie vai ir a rescatalo) é amputandose a si mesmo o brazo. A escea é moi cruda e moi realista, pero non se acerca nin de lonxe ao gore repulsivo da saga 'Saw' ou de 'Hostel' (si que hai sangue e se ve "todo" perfectamente), esta impacta e incómoda (sempre debido ao gran realismo da escea; eu nunca o pasei tan mal no cine nin co gore máis noxento e inmundo que non se o cre nadie). Tamén é certo que toda esa retahíla de aparatosos sucesos nas salas de cine que viñan acompañando á película (xente que se desmaiou, vómitos...) me parece un pouco exaxerado (e cun claro e burdo interés publicitario), non é recomendable para estómagos sensibles, pero tampouco é para tanto, dependerá máis que nada da sensibilidade de cada un.
Valoración final: xunto a 'Origen', o mellor que vin do anterior ano 2010.


O mellor: o dinamismo da película e da forma en que avanza a trama (xunto con certas esceas onde a cámara se atopa en lugares do máis insólito)
O peor: a susodita escea (por poñer algo, xD)



O descocado

jueves, 3 de marzo de 2011

Oscars: curiosidades (2)

Sigamos, por exemplo con... ¿que actor e que actriz son os/as máis premiados/as nos Oscars?
- O actor Jack Nicholson xunto co tamén actor Walter Brenan con 3 Oscars (o primeiro ten 2 como Mellor actor e un como Mellor actor de reparto; e o segundo ten os 3 como Mellor actor de reparto) e a actriz Katherine Hepburn con 4.

¿E os máis nominados/as? vamos cunhas listas... xD

Os actores con máis nominacións:
* 12 candidaturas: Jack Nicholson (3 premios)
* 10 candidaturas: Spencer Tracy (2 premios), Laurence Olivier (1 Óscar e Premio Honorífico)
* 9 candidaturas: Paul Newman (1 Óscar, Premio Honorífico e Premio Jean Hersholt)
* 8 candidaturas: Marlon Brando (2 premios), Jack Lemmon (2 premios), Al Pacino (1 premio), Peter O'Toole (Óscar Honorífico)
* 7 candidaturas: Dustin Hoffman (2 premios), Richard Burton (0 premios)

As actrices máis nominadas:
* 16 candidaturas: Meryl Streep con 13 como mellor actriz e 3 como actriz de reparto (2 premios, sendo un como mellor actriz de reparto)
* 12 candidaturas: Katharine Hepburn, todas como mellor actriz (4 premios)
* 11 candidaturas: Bette Davis (2 premios)
* 8 candidaturas: Geraldine Page (1 premio)
* 7 candidaturas: Ingrid Bergman (3 premios), Jane Fonda (2 premios), Greer Garson (1 premio)

Máis...
- George C. Scott (Patton, 1970) e Marlon Brando (El Padrino, 1972) rexeitaron os seus Oscars.

- Kathryn Bigelow en 2010 convirteuse na primeira muller gañadora do Oscar á mellor dirección por 'En tierra hostil' (xa estiveran nominadas a este premio: Lina Wertmüller en 1976 nominada por 'Siete bellezas', Jane Campion en 1993 por 'El piano' e Sofia Coppola en 2003 por 'Lost in Translation'), en cuxo caso a directora "arrebatoulle" o premio ao seu ex esposo, James Cameron, quen compiteu con 'Avatar'.

- Marlon Brando e Robert De Niro gañaron un Óscar por interpretar ao mesmo personaxe (Marlon Brando interpretaba a Vito Corleone ancián en 'El Padrino' e De Niro interpretou o mesmo personaxe na súa xuventude en 'El Padrino II').

- Cate Blanchett é a única actriz que gañou un Óscar por interpretar a unha actriz que tamén gañara un Óscar. Este feito ocurreu en 2004 e foi ao interpretar a Katharine Hepburn en 'El aviador'.

- Linda Hunt gañou o Óscar á Mellor Actriz de Reparto en 1983 por interpretar ao personaxe dun home en 'El año que vivimos peligrosamente'.

En canto á idade...
* A actriz máis xove ao gañar o Óscar á Mellor Actriz foi Marlee Matlin, que tiña 21 anos e 218 días cando en 1986 gañou o premio polo seu papel en 'Hijos de un dios menor'. Polo contrario, a actriz de maior idade foi Jessica Tandy, polo seu papel en 'Paseando a Miss Daisy', aos 80 anos e 252 días.
* O actor máis xove foi Adrien Brody, no 2003 polo seu papel en 'El pianista' á idade de 29 anos e 343 días. O actor de máis idade foi Henry Fonda en 1981 pola película 'En el estanque dorado', á idade de 76 anos e 317 días.
* Ata a data, a persona de maior idade que fora candidata ao Óscar foi Gloria Stuart, por 'Titanic' en 1997, con 87 anos e 221 días.

A última curiosidade:
- O primeiro can candidato ao Óscar foi P. H. Vazak: Robert Towne, guionista de 'Greystoke: la leyenda de Tarzán, el rey de los monos', tivo problemas coa producción da película, e decidiu firmar o guión co nome da súa mascota, e obtuvo a nominación en 1985.


O inaudito

miércoles, 2 de marzo de 2011

Oscars: curiosidades (1)

Como anexo ao artigo anterior, ahí van algunhas curiosidades sobre películas gañadoras e nominadas aos Oscars:

- Oito películas de fala non inglesa foron nominadas na categoría de mellor película: a francesa 'La gran ilusión' en 1938, a francesa 'Z' en 1969, a sueca 'Los emigrantes' en 1972, a sueca 'Gritos y susurros' en 1973, a italiana 'Il Postino' en 1995, a italiana 'La vida es bella' en 1998, a taiwanesa 'Wo hu cang long' no ano 2000 e a estadounidense (rodada en xaponés) 'Cartas desde Iwo Jima' en 2006 (que non era elexible para o Oscar á Mellor Película en Lengua estranxeira por ser producción estadounidense).

- Ata a data, 11 películas financiadas exclusivamente fóra dos Estados Unidos ganaron a mellor película, as once foron financiadas, en parte ou na súa totalidade, polo Reino Unido. Esas películas son, en orden cronolóxico: 'Hamlet', 'El puente sobre el río Kwai', 'Lawrence de Arabia', 'Tom Jones', 'Un hombre para la eternidad', 'Oliver', 'Carros de Fuego', 'Gandhi', 'El último emperador', 'Slumdog Millionaire' e a recente 'El discurso del rey'.

- A película 'El Señor de los Anillos: el retorno del Rey' (2003) foi a primeira de xénero fantástico en gañar o Óscar á Mellor Película. 'El silencio de los corderos' (1991) é a única película de terror ata agora en gañar ese mesmo Óscar. 'Cowboy de Medianoche' (1969) é a única película clasificada "X" que gañou un Óscar. 'La bella y la bestia' (1991), 'Up' (2009) e 'Toy Story 3' (2010) son as únicas películas de animación que foron candidatas ao Óscar á mellor película.

- 'Wings' a primeira película en ganar, é tamén a única película del cine mudo en ganar este premio.

- 'Grand Hotel' é a única película que gañou o Óscar á mellor película sen haber sido nominada en ninguna outra categoría.

- 'El Padrino II' e 'El Señor de los Anillos: el retorno del Rey' son as dúas únicas secuelas das súas películas antecesoras que gañaron o Óscar á mellor película.

- 'Sucedió una noche' (1934), 'Alguien voló sobre el nido del cuco' (1975) e 'El silencio de los corderos' (1991) son as únicas películas en gañar os 5 premios principais (Mellor película, mellor director, mellor actor e actriz principal e mellor guión).

- Estas películas gañaron en todolos premios aos que eran candidatas (con máis de 4 nominacións):
* 11 premios: 'El Señor de los Anillos: El retorno del Rey' (2003)
* 9 premios: 'Gigi' (1958)
* 9 premios: 'El último emperador' (1987)
* 5 premios: 'Sucedió una noche' (1934)
* 4 premios: 'Matrix' (1999)

Hai máis, pero estas chegan ben... xD


O vigoroso

As películas con máis Oscars...

Aínda esta recente a 83º edición dos Premios Oscars, onde todos sabemos de sobra (e senon consultar o blog un pouco máis abaixo) que pelis e que personas foron os gañadores, quenes se foron como viñeron e demáis parafernalias que cada ano adornan este acontecemento. Pero o que a min me concerne (posto que así o dixen) é realizar un especial sobre estes premios (só esta semana, eso sí...) e mostrar certas curiosidades que xiran en torno a estes prestixiosos (e efímeros) premios (que a maioría xa coñecedes, pero bueno...).

Non se me ocurreu outra forma de arrancar que non fose mostrándovos as películas que máis estatuillas levaron en toda a historia destos premios...








* 11 premios: Ben-Hur (1959)
* 11 premios: El Señor de los Anillos: el retorno del Rey (2003)
* 11 premios: Titanic (1997)
* 10 premios: Lo que el viento se llevó (1939)
* 10 premios: West Side Story (1961)










* 9 premios: El paciente inglés (1996)
* 9 premios: Gigi (1958)
* 9 premios: El último emperador (1987)
* 8 premios: De aquí a la eternidad (1953)
* 8 premios: La ley del silencio (1954)











* 8 premios: My Fair Lady (1964)
* 8 premios: Gandhi (1982)
* 8 premios: Amadeus (1984)
* 8 premios: Cabaret (1972)
* 8 premios: Slumdog Millionaire (2008)











* 8 premios: Los mejores años de nuestra vida (1946)
* 7 premios: Shakespeare In Love (1998)
* 7 premios: Bailando con lobos (1990)
* 7 premios: La lista de Schindler (1993)
* 7 premios: Memorias de África (1985)

A listaxe continua ata recoller un total de 60 películas que polo menos acadaron os 5 premios Oscars nestas galas.

Para completar información consultar o seguinte enlace á wikipedia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Pel%C3%ADculas_con_m%C3%A1s_premios_%C3%93scar



O extraordinario

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...