Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 6 de marzo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: 127 Horas


Con esta xa van dúas das películas que estiveron nominadas para os Oscars deste ano, e sen haber visto as demáis creo que a nominación tena máis que ben merecida.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

'127 Horas' é unha película dun director que nos últimos anos se está dando bastante a coñecer, sobre todo cando a súa anterior película 'Slumdog Millionaire' levara a friolera de 8 premios Oscars hai uns anos (que me parecen moitas para esa película, pero bueno... eso xa é fariña doutro costal), Danny Boyle (ademáis da citada, director do bodrio 'Sunshine', da de zombies '28 días después', da mítica de DiCaprio 'La Playa' ou da mítica 'Trainspotting').
O argumento é o seguinte, totalmente basado nunha historia real (e cunha gran fidelidade, como eu ben puiden comprobar na beata Wikipedia): o intrépido montañeiro e escalador norteamericano, Aron Ralston; en maio do ano 2003, durante unha andanza polos nada transitados canóns de Utah, sufre unha caída coa terrible mala sorte de que o seu brazo queda atrapado por unha roca, dentro dunha profunda fenda. Tras varios días inmovilizado, acaba por tomar unha dramática decisión, PEDAZO DE SPOILER amputarse o brazo para así poder liberarse e salvala vida. FIN PEDAZO DE SPOILER.
Conclusións: sen rodeos, esta é unha gran película, que non deixo de recomendar a todos que a vexan, xa que a pesares de que a priori a sinapse sexa do máis simple (e nun afán simplista, mítica) a forma en que Boyle conta a trama é o que realmente fai que a película pase (e se disfrute) nun suspiro (tamén é certo que ten unha duración de arredor dos 90 minutos, tampouco a historia daba para moito máis). Para min, a meirande parte da culpa neste aspecto o ten a banda sonora (que seica corre a conta dun tal A.R. Rahman), moi acertada durante todo o treito que dura o filme, cancións animadas que moitas veces contrastan coa dureza das imaxes (ou coas veces que ao tipiño se lle vai un pouco a perola, por outra parte, totalmente acorde coa situación que lle toca vivir) ou cara o final un pouco máis concordes co que se ve na pantalla, así como coa intensidade das emocións dese instante. Outro gran acerto é como o director nos fai partícipes das vicisitudes que o montañeiro ten que pasar namentres se atopa atrapado, como se nós mesmos o acompañaramos na sua angustia (o sufrimento, o malestar máis lóxico, incluso con humor, claramente cun humor negro, que permite tomar algo de aire para a seguinte escea), ou a forma en que son plasmados os pensamentos e as sensacións de Aron (por exemplo, cando está a quedarse sen auga, pola pantalla corren anuncios das máis refrescantes bebidas convertendoos nunha especie de soño inalcanzable). Esto claramente non sería posible sen a soberbia actuación de James Franco (polo que de novo estou de acordo coa súa nominación nesa categoría na gala deste ano; o que non podo decir é se merecía o premio baixo o risco de non ser obxectivo), cando todo o peso do filme cae sobre él, pois agás un par de minutos, él é o único que aparece en pantalla.
Habería que rematar co gran secreto a voces que encerra esta película, así como o momento máis duro de todo o largometraxe, cando o alpinista decide que a única posibilidade que ten de fuxir (posto que nadie vai ir a rescatalo) é amputandose a si mesmo o brazo. A escea é moi cruda e moi realista, pero non se acerca nin de lonxe ao gore repulsivo da saga 'Saw' ou de 'Hostel' (si que hai sangue e se ve "todo" perfectamente), esta impacta e incómoda (sempre debido ao gran realismo da escea; eu nunca o pasei tan mal no cine nin co gore máis noxento e inmundo que non se o cre nadie). Tamén é certo que toda esa retahíla de aparatosos sucesos nas salas de cine que viñan acompañando á película (xente que se desmaiou, vómitos...) me parece un pouco exaxerado (e cun claro e burdo interés publicitario), non é recomendable para estómagos sensibles, pero tampouco é para tanto, dependerá máis que nada da sensibilidade de cada un.
Valoración final: xunto a 'Origen', o mellor que vin do anterior ano 2010.


O mellor: o dinamismo da película e da forma en que avanza a trama (xunto con certas esceas onde a cámara se atopa en lugares do máis insólito)
O peor: a susodita escea (por poñer algo, xD)



O descocado

11 comentarios:

  1. Aqui non me enganades, que sei que xente que pasa polo blog a veu aínda que non fose canda min no cine...

    Veeeña, agardo pacientemente...

    P.D.: a peli é moi chula, recomendoa encarecidamente (sobre todo se estas aburrido de ver mediocridade e burradas coma min, xD)

    ResponderEliminar
  2. ... e que tamén haberá xente que, de non tela visto xa, seguro que a ve xa que aparece un actor de gran atractivo para a susodita persoa...

    P.D.: o ideal sería que tamen comentara María que tamén a veu, pero bueno... xD

    ResponderEliminar
  3. Gustoume especialmente esta crítica, paréceme moi completa. En especial a parte do análisis da banda sonora (noutras ocasións olvídase un pouco dela, tiña que decilo xD). Si leva James Franco todo o peso da peli, ao igual que Natalie Portman en "Black Swan", el incluso algo máis xa que apenas interactúa con ninguén. O malo é que nos Oscar tiña a dous rivais moi fortes, o gañador Colin Firth e Jeff Bridges.

    A escea é brutal, non sei como calificala, tremenda. Tiven que facer verdadeiros esforzos para manter a mirada na pantalla e aínda así... Non me imaxino como tivo que ser na realidade. De feito non souben que se baseaba nun suceso real ata que case rematou, nas esceas finais.

    Eu tamén a recomendo totalmente, gustoume a película, completísimo este análisis, nada que engadir.

    ResponderEliminar
  4. Por certo, si que che faltou decir algo: que se parece a Segade xD ou son a única que lle atopa tal parecido nesta peli?? (Se non o pregunto revento xDD)

    ResponderEliminar
  5. Sinto decepcionarte pero nin eu nin o interpelado (que nos acompañou a vela) atopamos comparación algunha...

    ... terías que mirarte eso, JAJAJAJA...

    ResponderEliminar
  6. eu queria ver esta peli desde que saiu e como vexo que a crítica é boa pos segue na lista de pendiantes...anque...parecese a segade de verdade?????????
    ui
    xa me intriga mais---ajajajaja

    ResponderEliminar
  7. Nin eu nin o propio Segade vimos o parecido por ningures!! pero bueno, se é iso dá máis tirón á película non vou ser eu quen o impida... jajaja

    ResponderEliminar
  8. Boh.... pois a min si, polo pelo e que son os dous delgadiños... a feitura da cara... non en todos os planos pero cando está abaixo nas rocas si. De feito cando a estaba a ver tiña esa sensación de que che lembra a alguén e non caes en quen, pois ata que me veu Segade á cabeza non se me pasou e quedei toda contenta co parecido. Aínda que parece ser que só o penso eu, terei que quitar esa idea da cabeza logo.

    PD: Pero............ nin un pouquiño???? xD

    ResponderEliminar
  9. Espera a que Arredemo vexa a pelicula e opine... para min nada de nada!!

    ResponderEliminar
  10. eu so pode decir.........pita final!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  11. Pois podías decir algo máis... e polo menos descubrirte porko!! xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...