Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

jueves, 14 de junio de 2012

Personaxes históricos, e o seu lado escuro

A miña intención non é ser pretencioso, nin sensacionalista nin nada polo estilo, nin tampouco fun quen de corroborar as informacións que relatarei a continuación (seguramente sexan rumores sen aclarar ou incógnitas históricas, ou mesmo sexan falsedades de calquera índole), simplemente me pareceu curioso, polo que me apeteceu compartilo con vós.


Cleopatra VII

A lendaria raiña de Exipto tivo unha accidentada vida amorosa, a cal comezou cun incesto: o primeiro marido da mesma foi Ptolomeo XIV Dionisio, o seu irmán.






Walt Disney

Comulgaba co ideario da extrema dereita, era racista, antisemita e sexista. Consideraba que todolos movementos laborais eran de orixe comunista e se servía de medios gangsteriles para controlalos.



Charles Darwin

Aínda que moitas das evidencias se ocultaron, sábese que o autor de El origen de las especies padecía a enfermedade mental coñecida como trastorno obsesivo-compulsivo, caracterizada por ideas recurrentes e terribles que non poden controlarse, e conductas repetitivas e absurdas que o individuo non pode deixar de facer.

  

Isabel I de Inglaterra

A raiña de Inglaterra era unha muller de trato rudo e groseiro, escupía nas vestimentas dos cabaleiros cando non lle resultaba agradables, golpeaba ás damas da súa corte, bebía cervexa no almorzo e, cando comezou a envellecer, destruiu todolos espellos do palacio para que non lle revelaran os estragos do tempo.

 
Karl Marx

Un dos máis feroces críticos da burguesía e a explotación do proletariado, embarazou á súa sirventa, Helene Demuth, con quen tivo un fillo. Pediulle ao seu amigo e colega Friedrich Engles que asumira a paternidade deste.
 



Napoleón Bonaparte

Aínda que o seu trato podía ser amable e encantador, era impío cos seus inimigos. Por non alimentar a 3.000 prisoneiros turcos en Jaffa, prefireu executalos. Tiña nulas consideracións cos seus propios homes cando caían enfermos.



O apócrifo

1 comentario:

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...