













Leonardo di Ser Piero da Vinci (Anchiano, Italia, 15 Abril de 1452-Castelo de Clos-Lucé, Francia, 2 de Maio de 1519) foi un arquitecto, escultor, músico, pintor, inventor, inxeñieiro e home do Renacemento por excelencia. Considerado un dos máis grandes pintores de todolos tempos e quizáis a persoa cos talentos máis variados da historia.
Tamén destacan "A Virxe das rocas", "A adoración dos Magos", "San Xoan Bautista" e "A Virxe, o neno Xesús e Santa Ana"...
En canto a lenda que rodea a Leonardo da Vinci atopamos numerosos rumores referidos ao xenio florentino: dende a súa suposta homosexualidade (derivada das súas afirmacións acerca da súa falta de interese hacia as relacións físicas involucradas na procreación humana e á escaseza de relacións íntimas coñecidas con mulleres, máis alá da súa amizade con Isabel de Este... a época, xD!!), a súa relación co rei de Francia (o cal o nombrara o seu favorito ata o punto de que foi o italiano quen sostuvo ao monarca na súa morte) e a súa "oculta" oposición ás doutrinas relixiosas (do que se dí que agochaba detalles en contra da mesma nas súas obras máis coñecidas).
Reservado na súa vida privada, vexetariano por razóns éticas, e a prol da defensa dos dereitos e do respeto hacia a vida dos animais, Leonardo da Vinci é considerado (opinión compartida por min) como o xenio máis grande de todolos tempos.



