Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 20 de marzo de 2010

A loita polos ideais: O Che

Sintome na obriga de terminar este periplo de personaxes históricos que comenzara meses atrás cunha pequena homenaxe ao gran Castelao, e termina con outra (e creo que a última) personaxe histórica a que me habría gustado coñecer ou haber mantido unha conversa con él, e sobre todo tendo en conta a "intensa documentación" que realizei (isto é unha coña) xa que últimamente vin 3 películas, polo menos, relacionadas coa figura do Che.

Ernesto Guevara, máis coñecido como Che Guevara (Rosario, Arxentina, 14 de Xuño de 1928 - La Higuera, Bolivia, 9 de Outubro de 1967) foi un guerrilleiro, político, escritor e médico arxentino-cubano. Guevara foi un dos ideólogos e comandantes que lideraron a Revolución Cubana (1953-1959).

A figura desperta grandes paisóns na opinión pública tanto a favor como en contra, convertido nun símbolo de relevancia mundial e, coa que me quedo eu, representante da loita contra as inxustizas sociais e da rebeldía e espírito incorruptible.

En 1952, co seu amigo Alberto Granado, bioquímico, Guevara realizou un soño: atravesou a América do Sur nunha vella moto coñecida polo nome de "La Poderosa". Saíron o 4 de xaneiro de 1952, dende San Francisco, Córdoba. A viaxe alongouse durante nove meses. Nesta viaxe, Guevara comezou a ver a América do Sur como unha única entidade económica e cultural que precisaba unirse. Viu a miseria e a impotencia das masas e concluíu que a única maneira de rematar coas desigualdades sociais era a revolución.
[Tanto Guevara como Granado realizaron diarios de viaxe, mundialmente coñecidos como "Diarios de motocicleta" debido ó filme de Walter Salles, que relata precisamente esta aventura]

O 26 de Novembro de 1956: liderados por Fidel Castro, un grupo de máis de 80 rebeldes parte hacia Cuba. Entre estos xóvenes rebeldes está o médico, soldado e marxista arxentino Ernesto "Che" Guevara. Alimentado só pola determinación, o grupo involúcrase nunha rápida e sangrenta batalla para liberar ao pobo cubano da corrupta ditadura de Fulgencio Batista. A victoria chega o 1ro de enero de 1959.
[Concretamente, esta etapa da vida do Che relátase na película "Che, el argentino"]

Unha vez instaurada a Revolución en Cuba o Che enfocase en intentar comezar unha revolución en Bolivia. Á altura da súa fama e poder, desaparece do ambiente público e introdúcese de incógnito en Bolivia, seguido de otros militares cubanos. Xa alí, comeza a reclutar a bolivianos para formar una guerrilla nas selvas do sureste do país. A misión está matizada por traizóns e pola falta de apoio, que levan ao movimento hacia o fracaso, e a él, á súa morte, capturado e executado de maneira clandestina e sumaria polo exército boliviano en colaboración coa CIA o 9 de Outubro de 1967.
[Coincidindo coa sinapse da película "Che, guerrilla"]

"Poderán morrer as persoas, pero xamáis as súas ideas", Che Guevara

O inefable

6 comentarios:

  1. Pido disculpas se me quedou algo longo... aínda que a verdade é que hai moito que contar sobre o Che...

    Só un último apunte: o famoso retrato fotográfico é unha obra de Alberto Korda, unha das imaxes máis reproducidas do mundo, tanto a orixinal como as múltiples variantes do contorno do seu rostro...

    ResponderEliminar
  2. moi interesante...pódese dicir que nos últimos meses se puxo de moda recordaar a este personaxe, fixéronse peliculas(que teño na casa e non vin aínda)e incluso documentales, houbo un interesante de 2 partes que botaron en non sei que canle...peo só puiden ver unha, trataba da relacion do che con fidel castro...

    ResponderEliminar
  3. Gran artigo. Non queda longo, senon máis ben curto, xa que sobre o Che hai moito que dicir, asi que non te preocupes.

    O Che xa é un mito, e polo tanto será idolatrado por uns e odiado por outros.

    Para min é un ídolo, posto que foi unha persoa que loitou contra as desigualdades para conseguir un mundo un pouco mellor, e cando tinha a oportunidade de asentarse cun bo posto, decideu seguir loitando.

    Grande o Che Guevara.

    PD: Creo que tanto se converteu nun mito como, por desgraza, nun símbolo comercial, ata o punto de que hai xente que leva unha camiseta do Che sen saber quen foi, nin o que representa. Só polo simple motivo de crerse "guay".

    ResponderEliminar
  4. Si últimamente puxose de moda gracias as películas e o marketing que xira en torno a sua figura..
    Ler hoxe o artigo resultoume doado xa que algunhas cousas xas coñecía gracias as conversas sabias do scala nas que estou presente jeje..

    Claro que foi moi importante pero tamén é certo que como toda persoa que se idolatra terá a sua parte real e outra que pode estar esaxerada..
    Fixo moito e creo que na actualidade no existen seres que loiten contra todo polos seus ideais, somos todos bastante conformistas ou ainda que intentemos alzarnos so é un amago, no fondo todos somos bastantes cobardes! Polo menos non deixar esquecer figuras coma a del e que o seu legado non quede no olvido...

    ResponderEliminar
  5. Non me pareceu longo o artigo a verdade pareceume interesante, algunha pelicula das mencionadas no teu artigo xa as vin.

    Outra en cambio non "Diarios de motocicletas" terei que roubarche o disco duro para pasar algunha peli incluida esta,ajajjajaj.

    Pois que se pode decir do Che que é un simbolo da loita contra as desigualdades.
    Amin gustarame unha frase de despedida que lle dedicou os seus fillos:

    "VUESTRO PADRE HA SIDO UN HOMBRE QUE ACTÚA CMO PIENSA Y, SEGURO, FIEL A SUS CONVICCIONES."


    P.D: Non sei o que dixen , per queda hai.jajaja

    ResponderEliminar
  6. Outra gran figura da historia, esta máis recente, e que cobra protagonismo por momentos, en especial ultimamente coas películas que se fixeron sobre a súa vida.

    A min paréceme moi interesante a súa persoa, fixo e aguantou moito por serlle fiel aos seus ideais, algo que na actualidade parece que apenas nos importa, ou a moitas persoas. Semella que con cartos todo se pode mercar, ata a dignidade e principios das persoas, unha mágoa.

    El era o claro símbolo de loita, de non conformarse, de levar as súas ideas onde fixera falla, de falar no nome de miles de persoas e que fixeran seu o discurso que el mesmo pronunciaba.

    Un gran exemplo, o de non deixarnos corromper polo poder, o diñeiro, non crer nas desigualdades e o de seguir adiante co teu pensamento e ideais, posto que é o único que ninguén nos pode quitar xamais.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...