Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 19 de junio de 2010

O Priorato de Sión (2)

A flor de lis é o principal símbolo de recoñecemento do Priorato.

Grandes Mestres do Priorato de Sión: coñecidos tradicionalmente como "Nautonniers" ou "Navegantes", puderon ser supostamente as seguintes persoas:

* Jean de Gisors (1188-1220)
* Marie de Saint-Clair (1220-1266)
* Guillaume de Gisors (1266-1307)
* Edouard de Bar (1307-1336)
* Jeanne de Bar (1336-1351)
* Jean de Saint-Clair (1351-1366)
* Blanche d'Évreux (1366-1398)
* Nicolas Flamel (1398-1418)
* René d'Anjou (1418-1480)
* Yolande de Bar (1480-1483)
* Sandro Botticelli (1483-1510)
* Leonardo da Vinci (1510-1519)
* Charles de Bourbon (1519-1527)
* Ferrante Gonzaga (1527-1575)
* Ludovico Gonzaga (1575-1595)
* Mart Debiasì (1578-1601)
* Robert Fludd (1595-1637)
* Johann Valentin Andreae (1637-1654)
* Robert Boyle (1654-1691)
* Sir Isaac Newton (1691-1727)
* Charles Radclyffe (1727-1746)
* Charles Alenxadre de Lorraine (1746-1780)
* Maxilian Franz von Habsburg-Lothringen (1780-1801)
* Charles Nodier (1801-1844)
* Víctor Hugo (1844-1885)
* Claude Debussy (1885-1918)
* Jean Cocteau (1918-1963)
* Pierre Plantard (1963-2000)

Os obxectivos últimos do Priorato de Sión:
- a fundación dun "Santo Imperio Europeo" que se convertiría na seguinte superpotencia e o promotor dun Novo Orde Mundial de paz e prosperidade.
- a suplantación da Igrexa Católica Romana por unha relixión estatal ecuménica e mesiánica grazas a revelación do Santo Grial e do Testamento de Xudas que demostraría ás causas do seguimento desta orde a Juan "o Bautista" e sacaría á luz pública aos descendentes de Xesús e María Magdalena.
- a restauración do Rei Unxido do Gran Israel (ou descendente do Rei David)

Pierre Plantard, suposto último "navegante" do Priorato de Sión: ¿home poderoso ou gran farsante?

Teorías conspiratorias e misterios sen resolver:

Tendo renacido interese por esta Orde debido a varios e numerosos best-sellers, existen arredor do Priorato de Sión centenacers de teorías sobre o seu papel pasado e futuro na historia mundial.
Ademáis da anterior nombrada crenza da posibilidade dun matrimonio entre Xesucristo e a prostituta das Sagradas Escrituras, e igualmente repudiada pola Igrexa Católica, María Madalegna; así como da posible existencia de descendentes nados de dita unión, que puderon emparentar con grandes reis e gobernantes da Antigüedade, sobre todo merovingios, comezando unha longa linaxe que podería prolongarse ata os nosos días; é moi coñecida a vinculación desta Orde co Santo Grial.
O Santo Grial é un concepto complexo e misterioso: para algúns é unha pedra, para outros un depósito de reliquias santas, pero; con máis frecuencia, trátase coa copa que Cristo utilizou na Última Cea, na que posteriormente foi recollida o seu sangue ao estar este na Cruz. Os primeiros manuscritos do Grial refírense a este como Sangraal ou Sangreal, e estas, divididas en dúas palabras, fai chegar á conclusión de que quizáis a palabra orixinal fora en vez de "San Graal" ou "San Greal", "Sang Raal" ou "Sang Real" (en ortografía moderna "Sang Royal" ou "Sangue Real"). Desta maneira a lenda sobre o traslado do Santo Grial de Xudea a Europa non se refire ao traslado dun obxecto , senon á verdadeira historia da chegada dos descendentes de Xesús e María Magdalena, portadores deste sangue real, chegando á postre a suponer a enorme repercusións que estas crenzas puderan ter para a sacrosanta e eternamente tradicional e decadente Igrexa Católica.

[... aquí remata este par de artigos sobre esta sociedade secreta]


O primordial

8 comentarios:

  1. ¿Haberá alguén que comparta as súas ideas? ¿algún descendente de Cristo na sala?
    ¿algún que usara o Santo Grial como litrona para o botellón? Xd

    Non sei vos, pero eu polo menos comparto a idea de que a historia da Biblia (xa que non deixa de ser unha historia ou unha novela algo longa) non ten porque ser tan certa como nos fan crer… existen moitas contradiccións insalvabels…

    Veña, comeza o debate en... 3 … 2 … 1 … XA!

    ResponderEliminar
  2. eu sempre dixen que se houberan escollido outro libro como santo...como por exemplo o Quijote...a relixión sería máis amena...jajaja molaria...jajaja as igrexas serian muiños...jajaa vaiseme a pinza si...pois teño que buscar certos documentais sobre o tema,que recordo haber visto e que quizáis lle poidan interesar...de cuarto milenio sobre to.

    ResponderEliminar
  3. Pois si ke me interesan, busca e pasamos... a min Cuarto Milenio me encanta cando tocan estos temas, kando pejan de falar de pantasmas, e cousas raras desas xa non me gusta nada... xa que o Iker Jimenez con esas cousas vaiselle a pinza, se ve ke lle pon o tema, xD...

    ResponderEliminar
  4. si,ás veces si...eu tiña algun pero non sei se son dos q valen a pena....eq como o botan tan tarde,e non lle fan demasiada publicidade (nn lle permiten emitir mais cedo, q non convén q a xente indague e sepa cosas...)
    ok miro logo

    ResponderEliminar
  5. Gustoume moito mais esta parte que a primeira..
    Estaría ben que en vez de ler as escrituras nas igrexas se puxeran co de "en un lugar de la Mancha...." jejeje non sei que sería peor (teño un trauma de ler o Quijote no instituto nunha semana)
    Estaría xenial descubrir probas dun descendente de Xesús e María Magdalena, bua igual se producían suicidios colectivos porque falar de certas cousas (sobre todo a xente mais vella) da medo coma se fora caer un raio do ceo e matarnos por inxurias... En todo hai que conocer as distintas versións e quedarse co mellor de cada unha e non dar por feito algo que se leva decindo toda a vida e sen ningun tipo de obxeción...
    Gustame moito a lenda do Grial, e quen sabe igual algún día levantan o Louvre e a Pirámide de cristal pa buscar a María Magdalena jeje..

    Pd: pa unha igrexa muiño non che sei, pero pa unha igrexa comedia a de sabrexo.. Viña meu pai asustado que o cura puxose a contar chistes no sermón!!! je

    ResponderEliminar
  6. A min encantaríame que fose certa, o caso sería que se dése a coñecer; vendo o protexidos que están estes temas sempre... Pero se se dese demostrado cientificamente sería unha proba sólida e firme para que a Igrexa o aceptase; e, aínda así, escudaríanse nalgunha excusa para negalo. Queirámolo ou non o poder eclesiástico e todo o que o rodea sempre foi temido, e debido a este temor respectado.

    A Biblia é un best-seller, o máis traducido e algún record máis seguro que tamén ten. O problema vén cando a xente non se cuestiona nada do que le ou escoita. A existencia desta sociedade e a súa asociación con personalidades tales como da Vinci, Newton ou Víctor Hugo fanme pensar que igual non están tan desencamiñados da verdade... ou eso quero crer. Gústame que se lle leve a contraria ao mundo eclesiástico e se poña a debate o que a maioría da xente dá por suposto. O malo é que a existencia desta orde non está tan extendida coma a Igrexa, ben é certo que esta última tivo unha boa campaña de publicidade, baseada no que fose, pero deulles bo resultado.

    ResponderEliminar
  7. Polo que vexo, supostamente esta é unha sociedade secreta relixiosa, que pretende cambiar de libro sagrado non?

    Na biblia so se escolleu o que interesaba no seu momento. Hai moito descartado. Cando te centras na vida dunha persoa, sempre hai cousas boas e malas escritas ao redor do personaxe en cuestión.
    Por isto, nos conhecemos a versión dos seguidores, pero debería haber máis: Como a versión dos romanos, etc.

    Por exemplo, non é o mismo a versión que se ten do che guevara desde o comunismo que desde o fascismo ou o capitalismo: Cada un escribirá a súa versión dos feitos.

    De todas formas, esta Sociedade non me parece que exista, pero nunca se sabe. jajaja.
    Ao mellor ainda seguen a buscar o santo grial.

    ResponderEliminar
  8. Non e que busquen simplemente cambiar a Biblia, senon mais ben creen e intentan descubrir que Xesus non foi ese profeta que facia milagres como sempre nos fixeron creer, senon que simplemente era un gran orador e unha persoa normal con familia e fillos...

    Xesus si que tivo sorte, fama e renombre sen haber feito nada, xD (no caso de que exista o Priorato e este teñan razon)... e sen entrar no Gran Hermano e similares...

    Eu tamen opino ke non ten moita pinta de existir dita sociedade, non sei... ao contrario que cos Illuminati a esta non lles costa nada desplumar todalas teorias que rondan arredor da sua existencia, xD... ou realmente non existe ou simplemente non souberon montalo ben, xD...

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...