Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

miércoles, 16 de junio de 2010

O Priorato de Sión (1)


O Priorato de Sión é unha suposta sociedade secreta, que según os que apoian a súa creencia dende o Antigo, sería considerada a máis influínte na Historia occidental. Históricamente, esta orde foi fundada por Pierre Plantard o 20 de xullo de 1956, caracterizada polos seus tintes rosacrucianos (outra antiga orde) modernos.
Para analizar a historia do Priorato debemos ter en conta dúas versións dependendo da validez que se lle outorgue aos escritos do Priorato e á palabra de Pierre Plantard.

A historia "oficial" do Priorato de Sión:
Según os Dossiers Secrets, a Orde de Sión foi fundada no 1090 por Godofredo de Bouillon, quen tomou Xerusalén no 1099. Tras rendirse esta cidade aos cruzados, Godofredo ordeou a construcción da Abadía da Nosa Señora do Monte de Sión, edificada sobre as ruinas dunha antiga igrexa bizantina localizada en Lilas, en Xerusalén. Esta abadía aloxou a unha orde de canónigos agustinos que servían de conselleiros a Godofredo e quenes, tal e como contan os documentos do Priorato, involucráronse secretamente na creación dos Cabaleiros Templarios no ano 1118, para servir á Orde de Sión no administrativo e como brazo militar.
No 1152 un pequeno contixente procedente da Abadía da Nosa Señora do Monte de Sión acompañou ao rei francés Luis VII de volta a Francia trala Segunda Cruzada en Saint-Samson, á cidade de Orleans. Unha selecta sección deste grupo foi aloxado "nun pequeno priorato do Monte de Sión" nas cercanías de Saint-Jean Lanc, ás aforas de Orleans. Dacordo cos documentos do priorato, este foi o inicio dunha orde secreta que comezou a ser coñecida como o Priorato de Sión (NOTA: non confundir coa Orde de Sión).
Os cabaleiros Templarios e o Priorato de Sión actuaron conxuntamente ata que certas controversias deron como resultado unha escisión entre ambas ordes en Normandía, en 1188, coñecida como "a Tala do Olmo". Os Dossiers Secrets afirman que, despois de cortarse as relacións entre ambas Ordes, os Cabaleiros Templarios continuaron actuando públicamente, gañando importancia cos seus propios Grandes Mestres independentes ata a súa disolución no ano 1307. Sen embargo, dise que o Priorato de Sión puido haber pasado á clandestinidade xa naquel momento, adoptando o nome alternativo da Orde da Rosa-Cruz Ventas, tamén chamada en clave Ormus (do francés "orme", que significa "olmo"). Indirectamente esta foi a orixe do movemento esotérico que emerxería posteriormente na historia de Europa co nome de Rosacrucismo.

A historia do Priorato de Sión según os historiadores:
Os historiadores chegan á conclusión de que os escritos sobre este non son verídicos debido ás seguintes razóns. Os manuscritos presentados por Pierre Plantard pertencerían ao padre Bérenger Sauniére, quen os habría descuberto mentres arranxaba a súa igrexa; habrían sido realmente escritos polo mesmo Pierre Plantard e fabricados polo seu amigo Philippe de Cherisey. Así, estos manuscritos falsificados pretendían mostrar a supervivencia da dinastía merovingia dos reis francos, e atribuír unha linaxe ao propio Pierre. Deste xeito calcúlase que entre 1961 e 1984 Plantard habrían inventado esta linaxe lexendaria do Priorato de Sión, supostamente surxida dos restos da Orde de Sión.
Outra razón para sinalar como falsa a antigüedade do Priorato sería o propio rexistro o 20 de xullo de 1956 no Boletín Oficial da República Francesa, xa que si se presentara a antigüedade pretendida, e con elo gran poder, non habría necesidade de rexistrar a orde de novo.


[... continua nunha segunda parte cos Grandes Mestres da Orde, os obxectivos perseguidos pola mesma e as teorías e crenzas máis ou menos reais que posuía o Priorato]

O primoroso

11 comentarios:

  1. O interese polas sociedades secretas e especialmente desta en particular, foi grazas ao gran éxito do best-seller de Dan Brown, O Código Da Vinci. Neste libro a trama xira en torno ao Priorato, que ten un papel fundamental na historia, xa que algúns dos seus personaxes están relacionados co mesmo, cuxa misión máis importante é a custodia do Santo Grial.

    P.D.: fixeno en dúas partes porque pejei de escribir e cando me din conta tiña semexante tocho que pensei ke de publicalo así non o iriades a ler (aínda me extraña ke lerades este, xD)

    P.D.: pido disculpas pola extensión..xD

    ResponderEliminar
  2. Outras novelas do tema serían:
    • Los Hijos del Grial de Peter Berling (que teño por ler, xD)
    • El Péndulo de Foucault, do italiano Umberto Eco, considerado un libro iniciático.
    • La Santa Sangre y el Santo Grial de Michael Baigent, Richard Leigh e Henry Lincoln.
    ¿Listes algún? xD

    ResponderEliminar
  3. Coño!! Acabame de acordar, ao mirar para á estantería (xD) un que lin titulado El misterio del Priorato de Sión de Jean-Michel Thibaux, un libro moi raro que conta a suposta historia do cura Sauniére cando topa os documentos que nombro no artigo e se fai rico.

    POR CERTO: KE OPINADES DE TODO ESTO.... ¿REALIDADE OU FICCIÓN?

    ResponderEliminar
  4. moooola...moi interesante...mira tí de onde ven o nome de godofredo que eu pensei que era un nome de coña...fíxoseme curto jiji.
    queremos mas queremos mas---¿non había imaxes misteriosas para acompañar O TEXTO?--pos miña nai tivo unha etapa que só lía libros de templarios...e ten bastantes...por iso che suxería odo intercambio veraniego...
    o péndulo de foucault xa me interesa por exemplo, xa que teño lido mais cousas del...jiji
    moi ben o artigo!!!

    ResponderEliminar
  5. Destes poucas imaxes ke me gustaran topei, o dos illuminati ten mais, jajajaja...

    En canto aos libros eu só lin o do Código da Vinci e teño ke ler o dos Hijos del Grial, os outros sei ke van desto pero nin os lin nin os teño... por exemplo, o de La Santa Sangre y el Santo Grial sei ke vai deso porke o Dan Brown tive problemas cos tipos estes ke o denunciaran por plaxio, jajajaja...

    Me temo que o artigo dos Illuminati me levará máis ou menos a mesma extensión, así que supoño que o dividirei tamén en dúas partes (pido disculpas por anticipado)

    Promovendo a lectura, o Señor da Xe, jajajajaja… Pronto a segunda parte!!!

    P.D.: o dos templarios é un tema factible e ke teño pensado para proximos artigos da nave do misterio do señor da xe!!! xD

    ResponderEliminar
  6. Accedendo ás peticións do Señor da Z serei o voso Iker Jiménez, jajajaja... pero sen fantasmas e chorradas desas... xD

    ResponderEliminar
  7. Bienvenidos a la nave del misterio amigos!!!. jajaja.

    Moi interesantes e entretidos sempre estos temas. Encantanme estas cousas. XD

    Neste caso eu de crer case que me quedaría ca versión dos historiadores, porque me parece máis explicada e veraz, pero quen sabe. As sociedades secretas existen e os segredos de Estado tamén, asi que calquera cousa pode existir.

    Eu destes temas non tenho moita idea, so algunhas referencias que tenho lido ou visto en documentais. Seguramente haberá moitos destes temas. Vai haber que buscalos. jajaja.

    Moi interesante e xa esperando a seguinte entrega de Grandes Mestres da Orde.

    ResponderEliminar
  8. Si moi interesante, sorprendeume a fecha non sei por que pensei que era moito mais atrás...

    Eu tamen me quedaria coa versión dos historiadores, é menos retorcida je.. Pero é unha maravilla que existan diferentes versións para investigar e cada un sacar a conclusión que mellor lle pareza.. Ahí radica o seu misterio e fai o tema mais interesante!

    Gustoume moitisimo El código da Vinci e Angeles y Demonios, ahí surxiu o meu interés..

    ResponderEliminar
  9. Ángeles y Demonios xa é dos Illuminati... paciencia ke todo chega, haber se ese interese se reaviva máis rápidamente co artigo que publicarei en breve dos Illuminati, jajajajaja...

    Grazas polos comentarios!!

    ResponderEliminar
  10. O caso é opinar, e o bo sempre se fai esperar jejeje....

    ResponderEliminar
  11. Eu dos libros que aparecen nomeados tamén só lin o Código da Vinci e dito sea de paso a película... en fin... o de sempre.

    Esta parte da historia paréceme moi misteriosa e adictiva. Acórdome cando estaba no instituto que me deitaba ás tantas porque pola noite escoitaba un programa na radio, nel trataban diversos temas de historias relacionadas co misterio e que me encantaba. Gústame escoitar e ler sobre as sociedades secretas en xeral, atráeme este ámbito.

    E se son reais ou non... eu penso que algo sempre ten que haber, non creo que se invente unha historia tan completa e sexa completamente ficción. Aínda así tamén confío máis na versión dos historiadores porque se lles supón un punto de vista obxectivo pero imaxino que se lles escaparán algúns detalles.

    O artigo de longo non ten nada, bueno, se che interesa o tema claro, pero eso pasa con todo. Moi bo.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...