Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 11 de junio de 2010

Os mellores solos de batería da historia...

Ao igual que un periplo que comezara anos ha, para intentar que coñecerades algo máis da marabillosa historia do Rock, sobre os que a min me parecían (e me gustan) os mellores guitarristas, baterías e vocalistas (tanto femeninos como masculinos), vou intentar un novo.
Se vos parecen abafantes e inútiles parádeme os pés, e prométovos que esta insufrible serie de artigos non será máis que un simple mal soño relegado ao esquecemento...
Comezo cunha selección dos mellores solos de batería da historia...

> "Moby Dick" - Led Zeppelin (John Bonham): para moitos (e para min) considerado como o mellor solo de batería de todolos tempos, así como dos máis influíntes e recordados. Impresionante tamén o batería dos Leds na mítica Inmigrant Song...


> "The Mule" - Deep Purple (Ian Paice): os Purple contaban con numerosos virtuosos entre as súas filas, e o baterista é un deles. Vexan por que...


> "Toad" - Cream (Ginger Baker): quizáis o primer solo kilométrico gravado nunha canción para o completo lucimento do batería...


> "My Generation" - The Who (Keith Moon): os Who nunca fixeron unha canción expresamente para o lucimento do seu batería (unha pena...xD), pero o mérito de Moon era que insertaba poderosos solos na estructura rítmica das cancións. Un exemplo... (outro exemplo na gran Won't Get Fooled Again)


> "O Baterista" - Rush (Neil Peart): un solo épico gravado en Rio de Janeiro que lle valeu unha nominación ao grammy á "mellor interpretación instrumental rock" no 2004, sendo a 4º nominación da banda na mesma categoría... YYZ outro gran solo...



E para non fatigarvos con tanto vídeo "cheos de ruído sen sentido", poñovos outros exemplos de grandes solos (sen vídeo)...
> "Voodoo Child" - Jimi Hendrix Experience (Mitch Mitchell): gran batería pouco recoñecido hoxe en día.
http://www.youtube.com/watch?v=PHnyvmYnG5s
> "Masters Of Puppets" - Metallica (Lars Ulrich): coñecido polo seu salvaximo e a súa velocidade, Lars Ulrich revolucionou a técnica do doble bombo, e este é un claro exemplo...
http://www.youtube.com/watch?v=XtoCyWhJvX4&feature=fvsr
> "Metropolis Pt.1" - Dream Theater (Mike Portnoy): hai que ser un virtuoso para entrar neste gran combo de músico e Mike non é unha excepción. Grandes arreglos e ritmos nesta canción.
http://www.youtube.com/watch?v=gxoIpfW8ESg&feature=related
> "Stockholm Syndrome" - Muse (Dominic Howard): díficilmente se poden ver hoxe en día tres virtuosos xuntos nunha mesma banda, e Howard na batería é claramente un. Esta canción é un constante e impresionante golpeo de Dominic...
http://www.youtube.com/watch?v=kpEHfUltniQ

Si claro, quedarían moitos... pero non vou ser eu quen volos enseñe todos, xD...

O sólido

7 comentarios:

  1. Estes son os que a min me parecen pero seguro que me quedaron alguns bos exemplos, asi que pido a axuda do amable Señor da Z, e de algún outro visitante que quizais me sorprenda con un claro exemplo que tristemente obviei, para completar esta listaxe…
    ¿Gustaronvos?, ¿Coñecedes máis? ¿Sobra algún?

    ResponderEliminar
  2. A min gustanme. Son todos moi bos.
    A min me gustaba Keith Moon porque era un grande dentro e fora da música, cun gran sentido do humor, que me parece sempre que faltou un pouco no mundo do rock: O sentido do humor dos componhentes dos grupos.

    Eu incluiría alguns outos como Matt cameron (Soundgarden, pearl Jam), O de X-Japan, Chad Smith (Red hot chili peppers), dani perez, paco. jaja (hamlet),etc.

    É moi complicado facer unha clasificación porque hai moitísimos.

    ResponderEliminar
  3. Ten vostede razon Z hai moitos grandes baterías con grandes solos, eu sempre intento poñer os máis emblemáticos, coñecidos ou recordados, pero non kita de ke sempre se me eskape algun...xD

    Decidin poñer enlaces ao Youtube dos solos que non incluen vídeo para que estea nas vosas mans o feito de decidir se ollalos ou non... non sei porque razon non consigo poñelo para que cun só click xa os manden directamente á páxina, sintoo...

    ResponderEliminar
  4. boa selección.estades moi musicais polo que vexo...tiña unha suxerencia para a túa sección de músicos mortos,perdón, de necrolóxicas, que sona mais millor... pero esqueceume...raios...

    ResponderEliminar
  5. Bua despois de escoitar os oito minutos e medio de John Bonham pensei que o resto os ia pasar polo aire porque que me gustaran mais pareciame imposible, como lle mola hasta cas mans...
    Pero non, equivokeime, chegou a de Ginger Baker e tamen me molou a dios como toca o vello..
    E a última, Neil Peart xa me deixou sen palabras!!
    Pa min o mellor solo dos que puxeches, pode ser porque é mais canción ten outros instrumentos que o acompañan ou porque pedazo bateria non sei..

    Desde logo eu sería incapaz de tocar a bateria, manter ritmos diferentes e semellantes cambios nin nos meus mellores soños je..

    ResponderEliminar
  6. A verdade é que están moi ben calquera deles, algúns xa os teño escoitado porque son cancións moi boas e polo tanto recoñecidas. Tenme moito mérito o que son capaces de facer, hai moitos que son largos pero realmente valen a pena.
    O último é impresionante, eu métome onde esta el e pérdome!! xD

    Gustoume moito o artigo, é realmente admirable o que son capaces de facer, uns virtuosos. A min paréceme ben que existan espazos nos concertos para que se poidan lucir e amosar o que son capaces de facer co seu instrumento.

    ResponderEliminar
  7. Proximamente os mellores solos e riffs de guitarra...

    ... cando teña gana e tope a mellor maneira de facelo, xD!!

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...