Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

Mostrando entradas con la etiqueta Debate. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Debate. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de junio de 2012

Triloxía "Nihil Novum Sub Sole", parte III (e final): Debate aberto: O "stand by" do Señor da Xe

Como realmente esta serie de artigos foi concebida coma unha triloxía de cousas (realmente hobbyes do Sr. da Xe) que parecían non mostrarnos nada novo baixo o Sol (descubro inútilmente o significado do título) nunha serie de considerables e animosos debates; me dispoño a cerrala con maior ou menor acerto e decoro, coa obrigada seguinte cuestión, a cal é ao mesmo tempo a principal, ¿está o blog do Señor da Xe nas últimas?.
Recapitulando rápidamente, e recordando emocionado a orixe desta aventura cibernética, anhelando aqueles entusiasmados comezos nos que ata catro blogueiros (sempre no recordo o desaparecido, no ciberespazo soamente, Il Signore S) se esforzaban por traer á xente novos, interesantes e orixinais, ¿por que non?, artigos; sempre acompañado dos altibaixos (referentes á elaboración de material novo) propios da preguiza dominante no editor, pensador e responsable deste blog (eu), con, sexamos xenerosos, 10 seguidores en maior ou menor medida asiduos, ata chegar ao recente "stand by" intelectual (¿por que non? de novo) e creativo, no cal apenas conservamos 3 comentaristas. Que quede claro, esto non é unha obligación, no caso de que o número de comentarios baixen e queiramos buscar culpables, non temos máis que mirarnos a nós mesmos.
Non sei, a pesares de que esta terceira parte fose concebida para animar aquel receso ou cese de artigos publicados nun momento dado, e que pareza recuperada a ansia de antes neste administrador polos últimos títulos sacados á luz, e que quizais fosen demasiadas ambiciosas as miñas propias pretensións en canto a este sitio web (ben é certo que se un non se dá a coñecer malamente imos, aínda que tamén é verídico que houbo xente que entrou a comentar unha vez e non volveu, polo que seguramente o producto non haxa sido da suficiente calidade; bueno, me perdo...), ¿pode o Señor da Xe ser de novo un espazo, polo menos, máis visitado e comentado?, ¿vale a pena que a miña persoa intente aparecer máis a miudo con novos artigos?.

¿Vos que opinades?





O aciago

jueves, 24 de mayo de 2012

Triloxía "Nihil Novum Sub Sole", parte II: Debate aberto: ¿está morto o Rock?


É unha sensación rara, non sei se a vós vos pasa, unha especie de sentimento de deja vu cada vez que escoito algún grupo novel, un pensamento que raia unha idea na miña cabeza:¿esto xa o teño oído, non?, polo que a seguinte cuestión é obrigada, e é a principal, ¿está realmente morto o Rock?
Pasamos prontamente da voráxine de nomes e "artistas" que tal como nace se esquecen nos outros estilos máis comerciais que o que nos ocupa, incluso sen pararse a comentar ese consumismo musical, ese canibalismo musical que parece rodear ao pop, ao rock-pop (polo menos o que se entendo por esto aquí no Estado) ou ao reggaeton (si señores, me digno a nomealo como estilo), esa imperiosa necesidade de escoitar (raiar mellor dito) ata a saciedade un tema, esa canción que está de moda dende hai un par de días, pero que en... cinco minutos o deixará de estar, xa que outro "artista" sacará outra igual, pero "mellor" para lanzarse a incluíla en todolos aspectos da vida da xente que nunca pretendeu escoitala. Pasando realmente deste tema, existe a manida pregunta sobre se este estilo acadou realmente os límites da súa propia inspiración e as cotas de inmortalidade dos grandes clásicos impiden que no mesmo século XXI se creen pezas atemporais.
Pasemos (moito máis lentamente, disfrutemos un pouco) tamén do que este estilo abarcou, ou simbolizou, máis alá do movemento liberatorio e alternativo (cultural, en definitiva) que infundiu (e que sempre desearei haber vivido), centrémonos no Rock (e no Heavy Metal, e no Thrash, e no Power.........) como estilo musical, centrémonos na orixinalidade das letras, dos sons e das melodías, ¿está realmente todo inventado?.
Botemos a vista atrás por un momento, de forma moi simplista e rauda: EEUU, certas comunidades afroamericanas crean o blues, con toda premura a xente se dá conta de que algo diferente hai nesta nova forma de facer música e creamos o rock & roll, na súa maneira máis pura e limpa, pasan os anos, lle damos potencia e agresividade ao estilo e creamos o Heavy Metal, o aloucamos e lle damos velocidade e temos o Punk, agora incluímos riffs máis pesados e cortantes e o Thrash Metal asombra ao mundo, con épica e guitarras máis veloces disfrutamos do Power Metal, logo se nos dá por seguir experimentado e comezamos a fusionar uns e outros con estilos máis ou menos acertados coma o rap, e aquí se nos empeza a ir un pouco a pinza, ata hoxe, onde todo parece estancarse, nunha era na que idolatramos a aqueles que se asentaron en lexendarios tronos para nunca máis volver a erguerse deles, e na cal buscamos ser os primeiros en descubrir a nova gran banda.
Nun mundo no que a todo nos gusta poñer etiquetas, normalmente sen pararnos a pensar se realmente merecen un ou outro título, acumulamos grupos e grupos que acaban por decepcionar esperando atopar á nova banda máis peligrosa do mundo, como se denominara a uns primeirizos Guns N' Roses; artistas, músicos e cantantes, á procura da mellor voz do negocio, como se deu en denominar a Steven Tyler (Aerosmith) ou excelentes e sempiternas formacións coma os The Who ou Led Zeppelin.
Dende a máis sagrada e autodestructiva esixencia instaurada polos amantes rockeiros, superando a tendencia á futilidade de culturas musicais máis poperas, ¿hai cabida para a esperanza?, é certo tamén que  actualmente existen moi boas bandas (con grandes, virtuosos e ben formados músicos) e moi bos discos, pero... ¿acabaranse por descubrir a uns novos Maiden?, ¿uns parellos Black Sabbath removerán o planeta de novo?
¿Vos que opinades?



 O resolto

miércoles, 23 de mayo de 2012

Debate aberto: Razóns para (NON) creer

"As relixións foron creadas polos humanos, para crear un ser malvado e pretender que estabamos sendo manipulados por él para facelo mal, e así non ter que culparnos a nós mesmos"

Errando desorientado polas inescrutables sendas do aburrimento e do non ter que facer, din, case sen querer, cun artigo sobre as creencias máis excéntricas que existen hoxe no mundo, que a continuación paso a resumir e deseguido lle auno o cuestión base deste artigo de opinión.

- O Googlismo ou a igrexa de Google: realmente é unha igrexa de parodia, e hoxe en día non vai máis aló de unha comunidade online, pero o canadiense Matt McPherson aos 20 anos molestouse en demostrar a suposta divinidade de Google (a saber baixo que sustancias): que estaba en todas partes, era inmortal e que tiña máis probas da existencia que case calqueira cousa do mundo.

- O movemento do príncipe Felipe, duque de Edimburgo: na illa de Tanna en Vanuatu (no Pacífico Sur), a tribu  Yaohanen adoran como a un deus ao príncipe Felipe, esposo da raína Isabel II de Inglaterra ao consideralo fillo dun espíritu antigo que vivía nas montañas da illa. Según a creencia este espíritu (pai de Felipe) marchou un día da illa á cal volverá nalgún momento. O culto naceu ao terminar a Segunda Guerra Mundial, cando os militares regresaron a casa e os países pouco desenrolados perderon a fonte de todalas 'cousas milagrosas' das que dispoñían as bases militares. En 1974 a familia real de Gran Bretaña visitou Vanuatu e levou ricos regalos á poboación, cuxo resultado foi que agora en cada unha das 83 illas do país hai un santuario coa imaxe do príncipe Felipe. O mesmo duque de Edimburgo decideu non disuadir aos aboríxes da súa divinidade, ao calificar a súa creencia como graciosa. 

- O movemento raeliano, a relixión OVNI: En Canadá xa dende fai máis de 10 anos existe una relixión extraordinaria fundada polo ex-periodista Claude Vorilhon, máis coñecido como Rael. Declarou que o seu pai foi un extraterrestre. A doutrina raeliana indica que unha combinación entre a clonación e a "transferencia mental" podería, en última instancia, prover a un ser humano do don da inmortalidade. Según o fundador, a Terra pode ser salvada solo coa axuda dos OVNI. A igrexa de Rael conta con máis de 50.000 seguidores.

- Cultos cargo: É un conxunto de movimentos relixiosos difundido entre varias tribus de Australia e Melanesia, especialmente en Nueva Guinea. O indíxenas creen que as manufacturas occidentais foron creadas polos espíritus dos seus antepasados e están predestinadas para o pobo melanesio. Considérase que os blancos recibiron o control destos obxetos dunha maneira deshonesta. Un dos rasgos principais da creencia é a esperanza de que os espíritus virán un día para entregar aos creentes bens de moito máis valor. A relixión naceu durante a Segunda Guerra mundial, cando os soldados americanos desembarcaron nas illas de Oceanía con cargas alimenticias e equipamentos, e compartían o que tiñan cos indíxenas. Os rituais dos adeptos dos cultos cargo imitan as accións da xente blanca, para multiplicar estos bens. Os indíxenas a día de hoxe adoran as latas de carne picada e creen que pronto lles caerá do ceo o mesmo manxar.

- A relixión do Monstro do Espagueti Voador ou Pastafarismo: A idea central desta parodia á relixión é que o Monstro do Espagueti Voador creou o universo despois dunha borracheira. As imperfeccións do mundo se explican dicindo que bebeu demasiado. A curiosa creencia foi creada en 2005 en protesta pola decisión do Departamento de Educación do estado de Kansas ao esixir introducir a asignatura escolar do concepto de diseño intelixente (corrente pro-relixiosa que sostén que a orixe ou a evolución do Universo, da vida e do home, son o resultado de accións racionais emprendidas de forma deliberada por un ou máis axentes intelixentes) como alternativa á teoría da evolución. Según o pastafarismo, no paraíso hai volcáns de cervexa e unha fábrica de bailarinas de 'striptease'.

O razonamento é o seguinte: existen cinco relixións "importantes" no mundo: o cristianismo, o hinduísmo, o islamismo, o xudaísmo e o budismo; se a xente é capaz de creer que a Terra será salvada por extraterrestres ou que algún día choverá carne picada do ceo, ¿cómo non vai seguir cegamente os preceptos destas cinco que o teñen de feito moito mellor montado?. Estou dacordo a primeira vola concedo: moitas destas raras creencias se dan en tribus aborixes, onde a necesidade e a ignorancia son carne de cañón para certos desalmados, onde facer vivir a un pobo nunha falsa realidade por parecer unha creencia graciosa é o menor dos pecados a cometer (que ben estiven aquí introducindo esta palabra para crear ambigüedade no artigo, eh?? XD).
¿Tan nefasto sería creer que non hai nada máis alá da morte? (como principal ortodoxia destas cinco dun ou doutro xeito). Vale, esta tamén: lle facemos caso a Rael e mediante a clonación e a transferencia mental nos facemos inmortais. 
Pero, ¿por que............

WHAT THE FUCK???!!!!!!!!

Haber: bahaísmo, confucianismo, espiritismo, animismo, chamanismo, kamehamehaísmo, fetichismo, totemismo, jainismo, señorxeísmo, mandeísmo, neopaganismo, shinto, celtismo (non Sr. da Z, non é a creencia anteposta ao deportivismo.. XD), sijismo, samaritanismo, dodecateísmo, mourinhismo, taoísmo, etenismo, pitagorismo, orfismo, yazidismo, neodruidismo, yainismo, asatrú, zoroastrismo........ ¿volcáns de cervexa e bailarinas de 'striptease'?, a min xa me teñen gañado!!!


O pastafarista 

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Triloxía "Nihil Novum Sub Sole", parte I: Debate aberto: ¿Hollywood sen ideas?

É unha sensación rara, non sei se a vós vos pasa, unha especie de sentimento de deja vu cada vez que ollo a carteleira recente, un pensamento que raia unha idea na miña cabeza: ¿esto xa o teño visto, non?, polo que a seguinte cuestión é obrigada, e é a principal, ¿está Hollywood sen ideas?.
A Meca do Cine aposta últimamente e máis habitual do que me gustaría personalmente unha saída doáda nos remakes de antigas produccións, co plus da nova tecnoloxía do 3-D, por outra parte, moi desaproveitada hoxe en día, como se estivesen esperando uns anos máis para sacalo adiante, esperando quizabes a que estivera algo máis perfeccionado, pero que, debido a esta crise, sobre todo, intelectual (supoño que financeira tamén), forzara a súa pronta saída, converténdoo nun simple reclamo para os máis incautos.
Pero non todo queda ahí, parece que a asistencia aos cines decaeu e todas aquelas produccións costosas, pero orixinais, xa non teñen cabida para considerarse, ou mesmo arriscarse, a que estas se acaben por converter en rotundos éxitos en taquilla. Remakes, precuelas, secuelas, reboots, slashers, spins-off, blockbusters, e sobre todo nos últimos tempos, adaptacións de videoxogos ou cómics (e máis actualmente transformacións cinematográficas de series de televisión), asiduamente de doáda dixestión; parecen haberlle tomado a dianteira. Todo isto parece haber provocado asimesmo a falsa sospeita da maioría de guionistas hollywoodienses de que calquera idea é válida para sacar adiante, de ahí que aparezan de detrás das tebras dos nosos recordos esquecibles títulos que nadie quere expoñer aquí. Da mesma maneira, se lles dá por pensar que este público borreguil está necesitado de que se adapten aos tempos modernos películas de culto (nalgúns casos adaptación non é a palabra axeitada, maís ben desastre) ou mesmo se plantexen secuelas décadas despois da primeira, se creen franquicias que despois se alargarán ata a extenuación (ou as 7 partes de Saw só me parecen excesivas a min) ou se expliquen (mellor dito, se inventen) as orixes de todolos personaxes (heroes e villanos) que algunha vez visualizamos na gran pantalla.
¿Cal é o futuro que nos agarda? supoñamos... Transformers 8, Piratas del Caribe 15: otra vez en el fin del mundo, Ace Ventura: El Origen, E.T. 2: El Retorno... deixemos de supoñer, é demasiado doloroso...
Con todo isto, sempre hai marxe para a esperanza, e aínda que das 50 últimas películas que vin, apenas 4 ou 5 as recordarei o tempo suficiente como para convertelas en recomendacións de peso, podería ser peor, a proporción podía ser 0/50.
¿Vos que opinades?




O suntuoso

domingo, 14 de marzo de 2010

Debate aberto: ¿É inxusta a historia?


Estímase que foron seiscentas as mulleres que combatiron na guerra civil norteamericana. Alistáronse disfrazadas de homes. Ahí Hollywood, polo que a elas respeta, ignorou todo un episodio de historia cultural. ¿É acaso un argumento demasiado complicado desde un punto de vista ideolóxico? Aos libros de historia sempre lles resultou difícil falar das mulleres que non respetan a "fronteira que existe entre os sexos". E en ningún outro momento esa fronteira é tan nítida como cando se trata da guerra e do emprego das armas. Non obstante, dende a Antigüedade ata a época moderna, a historia ofrece unha gran cantidade de casos de mulleres guerreiras (o "único" coñecido poden ser as amazonas).
Sen embargo, os libros de historia móstranse polo xeral moi reservados con respecto ás mulleres guerreiras que aparecen baixo a forma de soldados normais e correntes, esas que se entrenaron no manexo das armas, formaban parte dos reximientos e participaban en igualdade de condicións cos homes nas batallas que se libraban contra os exércitos inimigos. Pero o certo é que sempre existiron: apenas houbo unha sóa guerra que non haxa contado con participación feminina.

¿Vos que opinades? Eu só me centrei nun caso concreto sobre as mulleres (a pesares do detestable que son e foron as guerras), creo que o tema debería dar para longo, sobre todo tendo en conta que a historia sempre a escriben os vencedores.
Pensade niso...
O célebre

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Debate aberto: Involución

Involución: detención ou retroceso dun proceso evolutivo.

A sociedade e o mundo actual avanza, diso non hai dúbida, ¿pero a que prezo?; ¿cal é a razón de que con cada cambio o home pareza buscar os seus orixes máis primitivos?, ¿porque segue a persistir a lei do máis forte?
Por outra banda, moita xente é incapaz de concebir a idea de que o home proveña dos primates, ¿se eses animais prefiren seguramente un plátano a un faxo de billetes "crujientes y molientes"?, ¿como vai ser ese o aberrante orixe humano?... [a cursiva expresa sarcasmo]
Este artigo de OPINIÓN é simplemente para recordar o retrógado que é o ser humano e o planeta en xeral.
Espero os vosos comentarios...

NOTA: aquelas persoas que sintan aludidas e ultraxadas porque "ose" comparar ao ser humano cun chimpancé, díganlle ao seu Deus que me mande un raio dos seus, así polo menos verémolo algunha vez...
Porque si, señores, provimos dun mono!!

O prodixioso Señor da Xe

viernes, 11 de diciembre de 2009

Debate aberto: ¿Acaso o Rock é prexudicial para a saúde?

Co fin de aumentar e prodigar a colaboración e o número de comentarios no blog, abro un debate sobre un tema "controvertido" e en certa maneira "prohibido", algo que nunca lograrei entender... ¿Escoitar Rock é tan malo para a saúde? Bueno, no meu caso si, me ten tan "absorbido" e "idiotizado" que non podo escoitar outra cousa e me parece a mellor música que nunca se houbo inventado, e non pararía de agradecerllo aos centos de músicos que o levaron adiante... ¿pero acaso o rock nos fai violentos? ¿escoitar a uns grupos "cuspir" verdades tan reais é acaso un síntoma da maior estupidez human? Non sei, axudademe a aclarar esta dúbida...
Se coñecedes casos no que o rock fose "maltratado" inxustamente ou tratado coma un "veneno" que nunca debería haber chegado aos nosos oídos, por favor comentadeo....
Para romper o xeo, comezo eu: en 1985, a esposa de Al Gore, Tipper Gore comezou, xunto con outras mulleres esposas de políticos norteamericanos unha "cruzada" contra este tipo de música, considerando que apoiaba a violencia, as drogas, o suicidio e un montón de tonterías máis, lanzándose en xuízos contra bandas como Judas Priest ou Twisted Sister (de ambos casos existe información abondo na rede, olládea porque "altera" a un a estupidez de tales accións), que entre outras cousas son os responsables da etiqueta de Parental Advisory que aparece na maioría dos cds.
Para todos aqueles que escoiten rock coma min, non creo que poidan resistir calados ante esta situación.



Un pequeno exemplo da incultura reinante acerca da música rock: ¿Marilyn Manson satánico?, ¿Lordi, black metal?, o batería dos Zeppelin morreu por inxerir 40 vasos de vodka en menos de 12 horas nun día de borracheira e non por estar na vivenda dun antigo "bruxo negro"

O iracundo Señor da Xe

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...