Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 29 de enero de 2010

Covers

Unha canción versionada ou unha versión (ou o anglicismo cover) é unha nova interpretación (en directo ou nunha grabación) dunha canción grabada por outro artista diferente ao que a interpreta.
Ao estilo dos Versus do Señor da Z (ver blog do señor da Z) e máis ou menos parecido ás Baladas do Rock deste mesmo blog, este novo artigo consiste en decir cal das dúas cancións vos gusta máis, se a orixinal ou a versión feita por outro grupo (e na maioría dos casos levada ao éxito por estes últimos...vaia putada,¿non?), e que a miúdo soe ser ben máis coñecida que a inicial. En principio intentarei que sexan cancións do Rock versionadas por outros artistas ou bandas tamén de Rock.
¡Nada de empate! xD

"Another Brick In The Wall" de Pink Floyd

por KoRn


"Knockin' On Heaven's Door" de Bob Dylan

por Guns N' Roses


"The Man Who Sold The World" de David Bowie

por Nirvana

-----------------------------------------------------------------------------
Ademáis agregóvos unhas cantas versións máis, que canto menos son... curiosas... Espero que vos guste...

"Eloise" de Tino Casal por Stravaganzza


"Oops!... I Did It Again" de Britney Spears por Children Of Bodom


"Can't Take My Eyes Off You" de Gloria Gaynor por Muse


O inimitable

12 comentarios:

  1. Só tedes que dicir se vos gusta máis a canción orixinal ou a versión (as orixinais sempre son as primeiras de cada parella).
    A segunda parte é unicamente contemplativa (e comentable claro)...

    NOTA para Arredemo: si!! xa sei ke hai un cento de versions famosas, que espero ir poñendo co tempo, ainda ke faga 20 ou 30 entregas, jajajajajaja....hai tempo de sobra...

    Para ver outras versions: ver artigo Domingo de Rock Nº4 (version de Stravaganzza do Hijo de la Luna de Mecano, sobradamente coñecida) e Domingo de Rock Nº6 (versión de Metallica do Whiskey In The Jar de Thin Lizzy) posto que non apareceran nestes artigo de aqui en diante...

    ResponderEliminar
  2. Gran artigo ainda que ía facer algo parecido...

    -Na 1º Me quedo ca orixinal, pink floyd (que grandes)

    - Na 2º Me volvo quedar ca Orixinal, con Bob Dylan, ainda que a de Guns and Roses tamén está moi ben.

    - Na 3º Me quedo co cover de nirvana: Me gusta máis.

    Nas versión curiosas destaca moito a de children of bodom, jajajaja: Que gran versión.

    ResponderEliminar
  3. Si, un artigo curioso!

    Na primeira comparto opinión co señor da Z, quedome con Pink Floyd, a orixinal e moito mellor!
    Na segunda escollo a de Guns and Roses, gustame moito mais e tendo o solo de Slash, unha versión impresionante e moito mais completa!!
    A terceira canción non me gusta demasiado pero escollo a versión de Nirvana..

    Na segunda parte gustanme moito as tres versións, a máis extraña e a de Children of Bodom pero non sei cal e a que mais me gusta, son todas moi boas..

    Moi prolifero nos seus artigos señor da Xe pero sin deixar decaer o nivel. Moi bo!

    Ah, a parte de indicar as normas a seguir tamen podia comentar e mostrarnos as suas preferencias!!!

    ResponderEliminar
  4. Eu prefiro:

    1º- Pink Floyd
    2º- Guns N' Roses
    3º- Nirvana

    A 1º e a 3º teñoas claras, a 2º foi menos doado, porke a de Dylan é a orixinal e está moi ben!!

    ResponderEliminar
  5. pois non vexo nin a metade...dos videos...alomenos os que mais me gustan vexoos...jaja...
    gustame mais este artigo que as baladas que puxeches ata o de agora....
    veremos que dou comentado....

    ResponderEliminar
  6. de pink floyd non vexo ningun...desp...as que me gustan das que vexo o nome ou o video:quedome coa de nirvana e a de children of boodom,mais a de stravaganza e muse...non sei entre cales hai que escoller nin nada...pero a min gústanme esas...pois no da z si que os vexo...e no teu non...que leria!!!!!

    ResponderEliminar
  7. Un problema ke teño ke solucionar... Non sei ke karallo pasou cos videos deste artigo...

    ARTIGO EN CONSTRUCCION!!!
    Por favor, desculpen as molestias...

    ResponderEliminar
  8. Xa arranxei o problema (creo), ou polo menos puxen outros videos... Ala!!

    Aber ArreDemoo, é vostede a unica ke non entende como facer os meus artigos...xD
    Só hai ke eskoller entre a orixinal e a version entre as 6 primeiras (ou as 3 parellas de cancions do principio)
    A segunda parte SÓ son versions curiosas, onde SÓ hai ke komentar se che gustan ou non se keres...
    En todo kaso non obrigo a ninguen!!

    ResponderEliminar
  9. xa o pillei grazas, e que non via mais ca un video de cada3...non me daba pa comparar...jaja pos pensei que era defecto meu,do ordenador...anda que non lle din pescozadas!!!
    agora comentarei ben:

    na primeira a orixinal, e eso que ten que haber unha versión intermedia, KOrn non me gustan nada,anque a versión non está de todo mal.

    na seguinte os guns and roses.e na outra Nirvana, nunca vira o videoclip orixinal desa cancion de bowie.

    No caso de Eloise, a versión orixinal era bastante enérxica, peo claro, ó lado de Leo...jeje a eleccion está clara. Na de Hijo de la luna, Mecano xa obtiveran gran éxito, asique me gustaría tanto a orixinal como a versionada, que por certo está logradísima, a ver se versionan a de mujer contra mujer....jjajaja

    na da Spears,....gústame máis a version, anque a letra é algo ñoña...a que me sorprendeu foi a de muse, nunca escoitara esa versión...mmm está moi bn, anque a orixinal tamen...

    ¿que versions che faltaron? non me veñen demasiadas á cabeza...agora mesmo...

    moi bn o artigo...

    ResponderEliminar
  10. A primeira foime sen dúbida a máis doada de escoller, a orixinal por suposto, a outra versión gústame máis ben pouco.
    Na segunda parella a de Guns 'n Roses, o grupo é unha debilidade para min.
    E na derradeira Nirvana, gústame máis na voz de Cobain.

    En canto ás versións curiosas... Gústame máis a de Leo que a orixinal... e na de Hijo de la Luna tamén, a de Mecano non está mal (así o amosa o éxito que acadou) pero para min Stravaganzza dalle outra volta máis e mellórana, na miña opinión. A de Children of Bodom resulta bastante simpática.

    ResponderEliminar
  11. 1ºPink Floyd

    2ºGuns N' Roses

    3ºNirvana


    Nas outras esta ben Eloise" de Tino Casal por Stravaganzza

    ResponderEliminar
  12. 1º Another Brick In The Wall por Pink Floyd
    2º knocking on heavens door por guns N´ Roses
    3º The man who sold the world por Nirvana

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...