Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 17 de enero de 2010

Domingos de Rock Nº6: ESPECIAL Metallica



Metallica é unha banda de Thrash Metal orixinaria dos Estados Unidos. Foi fundada en 1981 nos Ánxeles polo danés Lars Ulrich e James Hetfield, aos que se lle unirían Lloyd Grant e Ron McGovney. Estos dous últimos serían logo substituídos polo guitarrista Dave Mustaine e o baixista Cliff Burton, respectivamente. Dave foi despedido un ano despois debido á súa excesiva adicción ás drogas e ao alcol (e fundou a banda Megadeth), sendo substituído en Metallica por Kirk Hammett. Por outra parte, a morte de Cliff en 1986 nun accidente de autobús en Suecia provocou a entrada no grupo de James Newsted que, 15 anos despois, será substituído trala súa deserción polo actual baixista do grupo, Robert Trujillo.
Son considerados como un dos catro grandes do Thrash Metal xunto con Anthrax, Slayer e o anteriormente mencionado, Megadeth.

"Seek & Destroy" (1983, Kill'em All)




"From Whom The Bell Tolls" (1984, Ride The Lightning)


(Non é o vídeo orixinal)


"Master Of Puppets" (1986, Master Of Puppets)




"One" (1988, ...And Justice For All)


(Fragmentos da película "Johnny cogió su fusil" de 1971)


"Enter Sandman" (1991, Metallica ou Black Album)




"Until It Sleeps" (1996, Load)




"The Memory Remains" (1997, ReLoad)




"Whiskey In The Jar" (1998, Garage Inc.)


(Excelente versión dun clásico de Thin Lizzy)


"Nothing Else Matters" (2000, S&M)


(Directo coa Orquesta Sinfónica de San Francisco)

"St. Anger" (2003, St. Anger)


(O disco que Metallica nunca debeu facer)

"The Day That Never Comes" (2008, Death Magnetic)


(O "esperado" retorno)




O maxistral Señor da Xe

6 comentarios:

  1. Metallica foi algunha vez a máis grande banda do momento e é unha das grandes bandas da historia... A min é un dos grupos que máis me gustan (a pesar que o Thrash a veces faise algo pesado) pero non se pode olvidar os "fiascos" que se lles dou por sacar a partir do Black Album (sobre ST. Anger) e o egocentrismo que os caracteriza (sobre todo o batería) mostrando moitas veces situacións dentro da banda verdadeiramente vergoñosas, fai que me sinta decepcionado cos 4 xinetes da apocalipse, boh é!! que o ultimo disco ainda vale pa escoitar...

    ResponderEliminar
  2. pois sí, tés toda a razon no que argumentas...estou encantada cos videos/cancións que escolliches para esta sección, entre os cales se atopan os queme gustan, pero o certo e que ás veces si se fai pesado... e namais, traballa menos a poder ser...bks

    pd:Chúpate Natalia que comentei antes ca ti JAJAJA ;p

    ResponderEliminar
  3. Un dos grandes.
    a min o disco que máis me gusta é o black album.
    Agora se vinheron abaixo. Iso pasa por cortar o pelo. jajaja.

    De todas formas tenhen grandes cancións e é unha das bandas máis importantes da historia

    ResponderEliminar
  4. A min tamén me gusta moito o grupo... as cancións escollidas... quizáis engadiría Ride the lightning ou The Unforgiven por poñer un exemplo.
    Encántame One, Master of Puppets, Seek & Destroy, From whom the bell tolls... e non sigo.

    Sen embargo si, teñen algún que outro punto negro na súa discografía. Tamén me gustou bastante o concerto coa Sinfónica de San Francisco... sen dúbida unha boa colaboración.

    ResponderEliminar
  5. Si aiche que dar de nov a razon señor da xe este grupo e outro dos grandes, gustaronme o video de :"One" And Justice For All e decir que non me disgustou o ultimo videoclip que no vira a verdade:"The Day That Never Comes" Death Magnetic

    Moi ben Señor.

    ResponderEliminar
  6. Tardoume en cargar os videos unha eternidade pero está xenial o artigo e merece a pena agardar pa velos..
    Gustanme case todas as cancións, vou destacar One, Enter Sandman e sobre todo a versión de Whiskey In The Jar, encantame!!! O video de Nothing Else Matters ca orquesta está moi ben e a balada e das mellores da historia ainda que Luci Silvas ultimamente con esa versión particular que fixo e que aparece en todos lados aburreume bastante a canción..
    Gustoume o artigo, non e dificil dado que te moves polas alturas je, moi bo!!!

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...