Podemos dicir que desta vez houbo sorte, esta sección non vai a contar con ningún comentario cargado de vituperios e obrorios contra desta película nin ningunha afirmación con “medias tintas”, posto que esta película está moi ben (claramente, non é o tipo de película para gañar un Óscar pero está moi ben!!)
A película está dirixida por Guy Ritchie (aquel que fora home de Madonna), director tamén de Snatch: cerdos y diamantes (que está bastante ben, por certo), e conta coa presenza de Robert Downey Jr. como o detective Holmes, Jude Law como o doutor Watson, Rachel McAdams como Irene Adler, entre outros... que relata un novo caso deste xenial detective contra un novo inimigo Lord Blackwood (Mark Strong), e contra o seu archienemigo, tamén de extraordinarias facultades intelectuais, o profesor Moriarty; deixando “sitio” para unha segunda parte (que coma sempre dependerá da recadación acadada, e que non me extrana que consiga debido ao, a veces excesivo esforzo publicitario deste tipo de grandes produccións cinematográficas)
Sherlock Holmes é un personaxe ficticio creado en 1887 por Sir Arthur Conan Doyle, que trata dun “detective asesor” de Londres de finais do século XIX, e que destaca pola súa intelixencia e o seu hábil emprego da observación e do razoamento deductivo para resolver os casos máis difíciles, un tanto brusco en ocasións, aínda que sempre cortés coas mulleres (das que desconfía), pouco ordenado na súa vida cotián, moi hábil no arte do disfraz, fumador de pipa, toca o violín (un Stradivarious, a veces a horas un pouco intempestivas) con mestría, excelente boxeador, con un gran coñecemento científico (especialmente de química) e que, cando se aburre por falta dos retos intelectuais que supoñen os seus casos consume cocaína nunha solución ao 7%; sempre acompañado do doutor Watson, o seu mellor amigo e aliado, doutor, ciruxano e veterano de guerra, co que vive no famoso 221B de Baker Street, en Londres. O personaxe de Irene Adler corresponde ao dunha muller fatal de Nova Jersey que unha vez conseguiu vencer a Holmes, que gana a regañadentes o seu respeto e co que mantén unha relación tempestuosa.
Esta “moderna” revisión do clásico de Sherlock Holmes está realmente ben feita, ademais de retratar con acerto os aspectos menos coñecidos do detective (que antes mencionei o dos que eu non tiña nin a menor idea, quizabes exceptuando o da pipa) superou con creces o “escepticismo” inicial co que afrontei o filme. A miña idea preconcibida do aspecto demasiado serio e quizais “pasivo” de Holmes quedou totalmente esnaquizada co que vía proxectado diante da miña faciana, pero realmente a película mostra ao personaxe tal e como un día o escribira o seu autor (bendita Wikipedia, xD). Como mostra do meu erro: a película mostra un Sherlock Holmes extranamente experto en artes marciais, pero como Sir Arthur incluíu nalgún dos seus relatos o detective era experto en “baritsu” (un método de defensa persoal desenrolado en Inglaterra creado durante os anos 1898 e 1902 por Barton-Wright, mestura de boxeo, o uso dos pés e dun bastón como medio de defensa).
A curiosidade do filme: creo que en ningún momento o protagonista lle di ao seu compañeiro eso de “elemental, meu querido Watson” (que para a vosa información SÓ aparece UNHA vez en todos os relatos de Sherlock Holmes)
Conclusión: gran argumento e trama (que a pesares dos 130 minutos aproximadamente que dura non se fai longa nin pesada, é a miña opinión persoal), unha moi boa ambientación e boas actuacións.
Valoración final: unha película que mereza a pena gardar cola para ver.
O mellor: o papel de Robert Downey Jr. (a min gustoume)
O peor (por poñer algo): ¿a duración?
O empíreo Señor da Xe
Non entendo porque se fixo tan famosa esa cita se só apareceu unha vez nun dos relatos (ou iso polo menos afirma a Wikipedia, e a wikipedia é sagrada!!!...)
ResponderEliminarPois decir que a pelicula esta bastante ben, non sabia que sherlock era tan bo luchador.
ResponderEliminarDecirlle que a sua frase celebre sabemos porque non chega a decila:“elemental, meu querido Watson” esperamos a segund parte que seguramente chegara antes o despois.
Unha gran actuacion de Robert, a verdade e tamen do meu can.¿ou non?jajajjaja
É unha pelicula entretida. Vale para ver.
ResponderEliminarSí que o fai ben Robert Downey Jr.
Pasase o tempo vendo a película, asi que vele ben. jejejejeje
A min tamén me gustou a visión de Holmes que nos ofrece Guy Ritchie (fíxome gracia o apunte sobre temas do corazón , non sabía que xa non estaba con Madonna xD).
ResponderEliminarÁ marxe do que escribe no que estou totalmente de acordo, destacaría as esceas a cámara moi lenta onde Holmes tumba a todos os rivais con certeiros golpes, e ata lle calcula o periodo de recuperación! jaja. E tamén a banda sonora, paréceme a guinda para unha boa película, tanto nas secuencias máis tensas coma nas situacións máis cómicas. O seu autor é Hans Zimmer, o cal creou tamén a BSO de Piratas del Caribe III: En el fin del mundo, que por certo me encantou. A escenografía moi lograda tamén...
Finalmente decir que eu tamén penso que vai haber unha continuación do filme, quedou coa historia moi aberta para dar pé a unha segunda parte. Principalmente porque o seu máximo rival apenas aparece en dúas ocasións e imaxino que será precisamente esa rivalidade o argumento da seguinte parte.
E como non unha mención especial a Robert Downey Jr. Gustoume moito no seu papel de borde ás veces... irónico... e moi simpático noutras ocasións (os experimentos aos que somete ao pobre canciño fixéronme moita gracia). A verdade é que este tipo de personaxes "péganlle" moito; e o tándem formado por este e Law foi un descubremento para min.
Tamén me gustou a recreación do Tower Bridge a medio construír... que cobra protagonismo nas últimas esceas da película. E para rematar unha curiosidade, eu vin en persoa os corvos que viven na Torre de Londres (aparecen nalgunha escea) e son enormes! Ademáis de que os que estaban soltos non se asustaban para nada da xente... podíaselle sacar fotos dende o lado e non marchaban... e ata hai persoas adicadas a coidalos expresamente. Supoño que debido a que existe a crenza de que se algún día os corvos marchan (complicado posto que a algúns téñenos en xaulas) o Imperio Británico viríase abaixo.