Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 8 de enero de 2010

Baladas do Rock: baladas inmortais

"Power Ballad" (balada poderosa) é un estilo de cancións que frecuentemente aparecen nos albums de Rock, Hard Rock e Heavy Metal, desenrolado nos anos 70,80 e 90, que actualmente derivou de distintas formas... e desto irán a serie de artigos que teño pensado. Moi na liña dos Versus do Sr. da Z pretendo que escollades unha das tres (xeralmente) baladas que eu vos propoña; baladas porque é o máis comercial e accesible do Rock, e ademáis porque intentarei abarcar todolos estilos.
O primeiro capítulo versará sobre o que eu creo que son as baladas máis importantes e inmortais da historia do Rock...

"Stairway To Heaven" de Led Zeppelin


"Bohemian Rhapsody" de Queen


"Imagine" de John Lennon


----------------------------------------------------------------------------------

Por outra banda...

"Still Loving You" de Scorpions


"November Rain" de Guns N' Roses


"Nothing Else Matters" de Metallica



O monumental Señor da Xe

14 comentarios:

  1. Se pode ser... decide cal é a que para vós gaña en cada grupo de 3 (non vale o empate!!), e despois entre as dúas gañadoras desta especie de "semifinales" cal sería para vós a gañadora definitiva do artigo...¿díficil?...¿tampouco é tanto traballo,ou?

    O esclavista Señor da Xe

    ResponderEliminar
  2. Estou EMOCIONADA!!!!! ENCÁNTANME TODAS as cancións!! Bueno... máis que cancións... obras de arte!!! Inmortais onde as haxa!!!

    Dificilísima a elección... e matizar que é o primeiro artigo de música que non teño que ver ningún videoclip nin escoitar ningunha canción!! :) Pero bueno... tendo en conta cales son... o raro sería o contrario.

    No primeiro grupo o gañador é Queen con Bohemian Rhapsody, é a miña canción favorita de todos os tempos, así que nesta téñoo bastante claro. E despois non sei, Stairway to Heaven... é outra maravilla pero Imagine é un himno para xeracións e xeracións de persoas... Aínda que posiblemente me quede coa de Led Zeppelin.

    No segundo grupo.... A que máis me gusta é November Rain, é absolutamente fermosa. Despois quedaríame con Nothing else matthers e aínda que alguén me dixo un día que Still loving you está considerada a mellor balada de todos os tempos... a min gústame máis a de Metallica.

    O gañador creo que xa quedou bastante claro desde o inicio pero bueno... BOHEMIAN RHAPSODY!!!!!

    ResponderEliminar
  3. pareceme un artigo bastante curto...anda que non haberá baladas!!!
    Queen na primeira volta e na segunda quédome cas tres...anque no fondo posiblemente Metallica, que me trae bos recordos, anque falando de baladas e poñendonos romanticos eu Houbera posto a version ca orquesta de san Francisco ( aunque eu prefira a orixinal os entendidos sempre dixeron que a version era bestial...)

    xa podes facer a segunda parte, que esta soubonos a pouco

    ResponderEliminar
  4. Arredemo sempre adiantando acontecementos... claro que haberá mais artigos, se poño 40 videos non os ve nin dios!! e xa que me descubriu, cando faga un artigo dominical sobre Metallica xa poñerei algo do cd S&M coa orquesta esa...paciencia!!

    Por certo, que non me kedaron moi claras as suas votacións...¿gañador final?, recordolle ke non hai empate!!

    jajajaja

    ResponderEliminar
  5. Joba na primeira parte teño moi claro a quen escollo pero na segunda ainda non o sei, vouno pensar mentres escribo porque pa min e moi dificil escoller entre esas tres cancións...
    No primeiro bloque de cancións escollo a Bohemian Rhapsody, ainda que Imagine e todo un himno e gustame moito, pa min Freddie Mercury e indiscutible e Queen tamen!!
    Buufffff no segundo trio de ases.....vou descartar a Nothing Else Matters e escoller entre as outras duas, dios que dificil....vou elexir finalmente a November Rain!!! Quedome con esa polo final da canción e do videoclip e o solo de Slash! Ainda que bue a de Scorpions é preciosa!!!
    O gañador final poñeria a de Scorpions por descartala antes jeje pero como tño que escoller entre as duas elexidas, o meu gañador e Guns N' Roses!!!
    Xenial o artigo, gustoume moito e agardo con impaciencia o seguinte..

    ResponderEliminar
  6. Ah, cales escolle vostede señor da xe?? eee vostede arredemoo??? A min tampouco me quedou claro as sua elección final..
    jejeje

    ResponderEliminar
  7. na primeira seccion de tres,escollo a led zeppelin e na segunda seccion escollo a Metallica.E como ganador final escollo a Metallica,por que me encanta esta cancion.

    ResponderEliminar
  8. Hai que reconhecer que todas as cancións son unha pasada. dito isto escollo as minhas ganhadoras:

    -Na 1º parte Escollo "Stairway To Heaven" de Led Zeppelin, posto que me parece unha obra de arte. Isto non quere dicir que as outras non estén ben, que o están, e moito.

    -Na 2º parte escollo "Nothing Else Matters" de Metallica que me parece ao igual cas outras unha gran canción.

    --En Global escollo "Stairway To Heaven", me parece a ganhadora sen rival. jajaja
    Ainda que as outras son unha pasada.

    Esperando o próximo artigo.

    ResponderEliminar
  9. Bueno señor da xe, decirlle qu ten uns seguidores moi constantes no seu blog, nada mais podemos xa estamos comentandolle, inda que os comentarios non cumplan os reqisitos do artigo.jajajajja

    Agora decrille as miñas eleccions inda que dificiles por certo gustoume o seu peculiar VS.

    1º pois teño que escoller a "Imagine"J.L, parece unha gran canción a verdade, inda que a de Led Z. esta moi ben.
    2º teño que decantarme por:"November Rain" de Guns N' Roses inda que dificil elección Metallica, tamen esta ben.

    Gañador global "November Rain" de Guns N' Roses


    Espero haber seguido ben as instruccions do seu artigo.
    Il signore "S"

    ResponderEliminar
  10. Espero que vos gustara e vos fora dificil escoller...porque a min me kostou de karallo (son todas unha pasada de kancions)

    Xa ke mo pedides darei a miña opinion:

    > Na 1º parte vou escoller STAIRWAY TO HEAVEN de LED ZEPPELIN, eu non teño dubida...
    A de Queen está bastante ben, a min non é a que máis me gusta; e a de Imagine é un pedazo de himno atemporal, pero para min os primeiros son os primeiros,xD

    > Na 2º parte me costou bastante máis, totalmente descartado Scorpions (a culpa é miña por enfrontala a estas dúas xigantes), e entre Metallica e os Guns, escollo finalmente NOVEMBER RAIN (polo simple feito de que esta é a cancion que máis me gusta dos Guns namentres que de Metallica prefiro outra)

    >> O gañador total e indiscutible deste artigo (para min) é STAIRWAY TO HEAVEN... sintoo, para min é unha obra de arte!!

    Preparando proximas entregas, o Señor da Xe (ainda que me temo que non chegaran a ser da calidade desta primeira)

    ResponderEliminar
  11. Podese votar outra vez?? jejeje! Non é que o volvera pensar e cambiara de opinión non, cada vez que vexo o video gustame mais son 9 minutos e pico de delirio, de embriaguez, de admiración jejeje (foime un pouco mal si je)! E claro como van empatados con maior numero de votos Led Zeppelin e Guns N' Roses era para que collera o liderato November Rain je! Porque o voto do señor Xe non tera maior valor co do resto.. jeje

    ResponderEliminar
  12. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  13. desculpen a miña falta de claridade é que me emocionan estes artigos. Pois na primeira Queen e na segunda tras moito deliberar debido a que as tres me encantan,a de November rain non lle vira o videoclip ata o de agora...Pos como que me quedo con Metallica por aquelo de que me trae vos recordos, que é unha gran canción, moi versionada, etc....


    P.D: ?que lle dades ultimamente a maría???




    AAAHHHHH!!!!!
    outra cousa cousiña, xa lle comentamos abondo nesta entrada creo eu, deixese de facer o vago e veña coa segunda de baladas!!!!!!

    ...

    ResponderEliminar
  14. Paciencia!!! O señor da Xe está moi ocupado...
    xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...