Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 9 de enero de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Bienvenidos a Zombieland


Non é unha marabilla do sétimo arte, nin tan sequera é unha peza que pase á historia do mundo do cine, e nin por asomo será plena candidata a levarse ningún premio ou recoñecemento importante pero, para gran sorpresa miña (a verdade é que pensei que por fin podería volver a “cagarme” noutro fiasco cinematográfico, pero estoume comezando a preocupar xa que levo tempo sen poder realizar unha crítica malsá e vomitiva contra unha película) este filme cumpre o seu cometido, que a fin de contas é a finalidade de ir ao cine (home, ben é certo que a veces gusto de ir ver películas que de verdade valgan a pena) que é entreterse.
Bienvenidos a Zombieland é unha película de zombis (siii ohh!!!), pero dende un punto de vista “cómico”, que conta as “aventuras” dun grupo de persoas que deben sobrevivir nun mundo ateigado de criaturas sedentas de sangue (que guión tan orixinal, ¿non?), e será polos oitenta e pico minutos aproximadamente que dura o largometraxe, ou polas situacións tan hilarantes que ofrece nalgúns momentos (que te fan escachar coa risa por certo), que estamos ante unha volta de torca a estas películas deste xénero, moi propia das series B, e é neste punto a miña sorpresa (esperábame a típica película de zombis cun extrano lugar “libre” de “bechos” ao que acudir ao final do filme, na que sempre morden a un dos compañeiros do protagonista e que o oculta durante toda a “trama”, etc) e tamén o ÚNICO mérito da mesma.
Quizabes sobraban certas esceas de sangue (sen chegar nin tan sequera ao gore máis noxento), pero en xeral é unha película moi entretida, que fai rir e pasar un bo momento.
Home o de sempre: final moi predicible, o “eterno” e cansino namoramento dos protagonistas ao final, o típico rapaz tímido que se volve seguro de si mesmo, etc etc etc...
Conclusión: se non hai nada mellor no cine para ver (coma nos pasou a nós) non é ningunha tolería meterse na sala que proxecten Bienvenidos a Zombieland

O mellor: que te ris seguro.
O peor: as esceas de sangue tan típicas destas películas.
O espléndido Señor da Xe

5 comentarios:

  1. A min persoalmente gustoume moi esta pelicula ademais fillome rir,ainda que houbo quen mesmo se asustou nalgunhas escenas..............non imos desvelar o seu nome.

    ResponderEliminar
  2. É unha pelicula para pasar un anaco de risa, a verdade esta batante ben, creia que iva ser unha merda, pero a verdade pasase rapido e entretida.

    Non e unha pelicula como celda 211, pero weno vale ben.

    ¿QUEN SE PUIDO ASUSTAR NESTA PELICULA? Mijel?

    ResponderEliminar
  3. JS dixo:

    A verdade e que tes razon diego pois ainda nn estaba tan mal a pelicula, tiña unhas cuantas escenas nas que te partialas cachas. bueno un saludo dende caceres, na biblioteca municipal que entramos de pera nela e resulta que e de jratis andar nos ordenadores

    ResponderEliminar
  4. Eu tamen estou de acordo cos vosos comentarios, sorprendeume moi favorablemente a pelicula, pensei que ia ser a típica comedia tonta tipo scary movie pero ten esceas moi boas e partinme a caixa..
    Si non e nada do outro mundo pero esta ben!!!

    ResponderEliminar
  5. Non teño moito máis que engadir aos comentarios anteriores... a verdade que a semana pasada non había moito onde escoller... entre os filmes que xa vira... e outros que non estaba disposta a ver... só quedaba esta opción e bueno... non é gran cousa pero esperábame algo peor.

    En parte eso é bo porque se te pos no peor... necesitas de moi pouquiño para cubrir as espectativas. Pero esta película ten momentos de risa bastante bos, tamén ten sangue (as esceas do principio deronme moitísimo noxo) despois co paso dos minutos unha vaise acostumando, jaja.

    Pero si, para pasar un rato entretido sen esperar grandes actuacións nin un filme para o recordo... vale ben.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...