Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 23 de enero de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: La Herencia Valdemar

Dividamos este artigo en dúas partes:

1º) "Curiosidades" do filme (para os amantes da literatura, da historia e do cine, ou para os curiosos por natureza): antes de pasar a miña "elaborada" crítica da "película", e para non facer un artigo de só dúas liñas... La Herencia Valdemar está basada nunha historia de H.P. Lovercraft, famoso escritor estadounidense de novelas e relatos de terror e ciencia ficción; que conta no reparto con Paul Naschy, famoso por facer o papel de Frankenstein e o de Home Lobo en numerosas ocasións alá polos 60 (un pésimo actor por certo). Na "historia" aparecen dous controvertidos personaxes do século XIX: Bram Stroker, o polémico (e coñecido) escritor de Drácula; e Alesteir Crowley (o menos coñecido), un suposto bruxo negro (moi famoso no mundo do rock, por servir de inspiración a un tema de Ozzy Osbourne, Mr. Crowley; e pola "obsesión" do guitarrista Jimmy Page por este personaxe, chegando a mercar unha mansión na que vivía dito individuo)...

2º) Conclusión: creo que sacaba máis beneficio tirando os cartos da entrada na beirarrúa, así polo menos alguén con máis sorte ca min os toparía...
Valoración final: pura basura...

O mellor: que se non houbera ido ao cine, ao mellor atropelábame un coche ou eu que sei...
O peor: que ten 2º parte (a cal por certo non gozará da miña digna presenza)



O férreo Señor da Xe

8 comentarios:

  1. ¿Para que vou dicir que o argumento da peli non vale pa nada, que o fío da historia se perde pola metade e que está moi mal feita...
    ...e que os actores son moi penosos...
    ...ou que para facer dúas pelis de merda, para iso mellor facer unha ben jrande?
    Pois para iso o resumo en dúas palabras: pura basura... e eso que podería poñerlle: puta merda!!
    xD

    ResponderEliminar
  2. Non vos deixedes enganar pola extension do artigo... A critica da pelicula é máis ben nula...xD

    ResponderEliminar
  3. Creo que ainda tiveches sorte ke non hai por onde coller a esta pelicula...xD

    ResponderEliminar
  4. Non sei que comentar desta película: simplemente nn me gustou, nin me vai gustar a 2º parte, nin a 3º. jejeje

    Decir que me aburriu e nn me parece unha película, senn unha serie. Si patxi. jejeje

    ResponderEliminar
  5. Jajajjaja!!!! Como me rin cando lin esto!! Pero total e absolutamente de acordo na conclusión!! Foi un despropósito de película, por chamarlle dalgunha maneira. Non entendo como poden proxectar algo así, como moito serviría para unha programación de tarde na tele, ou directamente a dvd.

    O mellor sen dúbida os créditos do comezo, o resto nada. Por non falar do final... en fin... q todo o que poida decir vai ser malo así que... Por certo, eu é a primeira vez que vou ver unha película e me anticipan a esceas da segunda parte no cine, ou polo menos non recordo doutra na que o fixeran. E polo que vin... non vale a pena para nada. En fin, que saín da sala chorando coa risa literalmente. O final xa foi o colmo, malísimo!!!! En resumo, facía tempo xa que non vía un filme tan tan malo.

    ResponderEliminar
  6. Si penosa! A quen non a vira decirlle que non gaste nada en ila ver nin en baixala porque non merece a pena, e unha tonteria de pelicula..

    ResponderEliminar
  7. a min persoalmente gustoume a pelicula pero doume algo de medo o principio despois o ver a eses bichos tan absurdos incluso me rin.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...