Para aqueles que non lle agrade este tema, discúlpome!!... pero tendo en conta as ganas que teño de xogar ao futbol (primeiramente de andar coas dúas pernas no chan), só me queda facer algún que outro artigo deste deporte...xD, e así aproveito para mostrarvos quen é o meu ídolo (entre moitos bos e que me gustan, este é o que máis) e o que para min é o mellor xogador da historia do fútbol: Zinedine Zidane
Zinedine Yazid Zidane (Marsella, Francia, 23 de Xuño de 1972) é un ex-futbolista mediapunta francés de orixe arxelino, coñecido por xogar en grandes equipos como a Juventus FC de Turín e o Real Madrid. Considerado un dos mellores xogadores de todolos tempos.Conseguiu importantes logros deportivos tanto na súa selección coma nos clubes que militou. Con Francia conseguiu a Copa Mundial de 1998, o subcampeonato na Copa Mundial do 2006 (ano no que se retirou) e a Eurocopa do 2000. A nivel de clubes os seus logros máis importantes obtuvoos coa Juventus e o Real Madrid: gañou dous scudettos, un campeonato de Liga, as Supercopas de España e Italia, a Copa Intertoto da UEFA, unha Liga de Campións da UEFA, duas Supercopas de Europa e duas Copas Intercontinentais. A nivel persoal o seu título máis importante foi o Balón de Ouro no ano 1998 (conta ademáis con numerosos trofeos e recoñecementos individuais)
Coñecido como Zizou, este xogador combina gran técnica, preciosista, unha gran visión de xogo, toques xeniais e un golpeo de balón extraordinario.
E aquí as probas de todo o exposto anteriormente...
[1:16 - De cando o Madrid gañaba... xD]
[4:43 - Goles final do Mundial do 98 contra Brasil, que lle valeron para gañar o Balón de Ouro]
Ás probas me remito...
Coñecido como Zizou, este xogador combina gran técnica, preciosista, unha gran visión de xogo, toques xeniais e un golpeo de balón extraordinario.
E aquí as probas de todo o exposto anteriormente...
Os mellores goles de Zidane...
[1:16 - De cando o Madrid gañaba... xD]
[4:43 - Goles final do Mundial do 98 contra Brasil, que lle valeron para gañar o Balón de Ouro]
As súas habilidades e xenialidades...
A súa despedida do Real Madrid...
Ás probas me remito...




