Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 9 de mayo de 2010

... e un regreso

Filipe Luís Kasmirski

Nun intento de ser novedoso, incluíndo o tema do fútbol neste meu blog, e porque me dá a gana (máis que nada) aquí vai o meu pequeno e especial homenaxe a Filipe Luis.
O 23 de Xaneiro de 2010, nun partido que enfrentaba ao R.C. Deportivo da Coruña co Athletic de Bilbao o xogador lesionouse nunha xogada fortuíta que igualmente acabou en gol; fractura de peroné e luxación de tobillo dereito (co cal non podo evitar sentirme... non sei porque extraña razón, xD... identificado). Aínda que a súa baixa se estimara entre 4 e 6 meses, onte, 8 de maio, tan só tres meses despois da lesión volveu aos terrenos de xogo.

Filipe Luis saltando ao campo de Riazor contra o R.C.D. Mallorca

Unha gran noticia para o Deportivo, para o fútbol, para o pobre chaval e un espello ao que mirarme para a miña propia recuperación.

¡¡Un crack, Filipe!!


O esperanzado

7 comentarios:

  1. Tardei en incluír o tema futbolístico no blog pero bueno, todo chega... xD
    Non sei se aos afables e gratos visitantes deste blog este tema lles interesa pero tiña ganas de facer este artigo...

    P.D.: non se descartan brotes impulsivos e apoloxía do deportivismo por parte dalgúns dos señores, xD...

    ResponderEliminar
  2. que ben que volveu,seguro que o votaron moito de menos,e xusto volve e gananlle o mallorca tra uns cantos partidos perdendo.

    ResponderEliminar
  3. Pois ánimo, a recuperarse tan pronto.. E noraboa a todos os deportivistas que tanto o botaban de menos e a todos os amantes do bo fútbol, pena que se acabe a liga xa, pero pa proxima tempada moita sorte Filipe!!!

    ResponderEliminar
  4. Menudo plagiador que es¡¡ isto é pior que american dad ou padre de familia...jajajjaaj

    Si é unha alegria que se recupere un dos millores xogadores de deportivo, esperemos que se recupere vostede tan rapido como Filipe, animos para un crack coma vostede"vamos Kaka"ajjajajaja

    ResponderEliminar
  5. Eu creo que lle dou sorte un artigo do Señor S nun blog xa desaparecido (temos que facer algo entre todos para que volva :) e Filipe recuperouse cunha rapidez increíble. Agora só queda que faga unha boa pretemporada para comezar ao mesmo nivel que tiña antes desa lesión.
    Deséxolle o mesmo a vostede, que menos noutro deportista de élite! xD

    A min gústame o tema do fútbol, sempre e cando non exista demasiada apoloxía madridista... xD Ou será que pido moito? jajaja.

    ResponderEliminar
  6. Que grande é Filipe. Actualmente é o mellor xogador do deportivo.

    Nótase que é un xogador forte de mente, xa que a súa mellora foi espectacular. Non quedan moitos laterales esquerdos, pero este é bo.

    Ademáis tamen destaca porque é campechano. Bótanse de menos xogadores asi no futbol. Menos mal que volveu, esperemos que ben.

    Exemplo para vostede. Xa queda menos.

    ResponderEliminar
  7. eeee....para cando un de Piqué???jajaja-weno Forlán está de moda, tamén vale....

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...