Despois dun par de semanas sen ir ao cine, onte venres, decidimos (e eu osei) ir (eu en muletas) para ver a segunda parte da peli Iron Man, co "orixinal" título de Iron Man 2 (bo é que nesta secuela non lle incluiron un deses "marabillosos" subtítulos que abundan neste tipo de filmes... la venganza de non sei quen... la maldición de non sei quen, e variados...xD)
¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!
Iron Man 2 corre a conta Jon Favreau (director tamén da primeira parte) e é a segunda película da triloxía sobre Iron Man, comprendida dentro do "megaproxecto" The Avengers (unha serie de películas que pretende abarcar o universo dos Vingadores, un grupo de superheroes dos cómics, que a través de varias películas individuais contando a historia de cada un dos seus membros pretende desembocar nunha película na que se espera reunir a todos eles)
A serie fílmica dos Vingadores: conformada polas películas: Iron Man, El increíble Hulk (a segunda que se fixo sobre A Masa, non o primeiro invento, xD) e Iron Man 2, que xa pasaron polas salas de cine; así como as futuras Thor (o famoso tipo do martillo, xD), o Capitán América e a susodita The Avengers. Hai varias películas sobre outros membros do grupo sen confirmar. Nas mesmas películas estreadas existen numerosas referencias a esta serie: na primeira Iron Man, Nick Fury xa ofrece ao heroe unirse aos Vingadores; no filme de Hulk, ao final Robert Downey Jr. como Iron Man reunese co xerenal que intenta atrapar á besta verde para informarlle que van a formar un equipo (¿acordádesvos?, fumola ver ao cine, xD), e nesta Iron Man 2, tralos créditos atopan o martillo de Thor no deserto de Novo México (o cal se non me engano, nós nolo perdimos, xD), volve aparecer o personaxe de Nick Fury e ademáis, na escea na que Tony está no seu laboratorio creando un novo elemento químico cuns tubos grandes pola sala adiante e lle pide a un axente do goberno que lle acerque unha especie de plato para nivelar ben os tubos, trátase dunha copia do escudo do Capitán América.
No noso caso, Iron Man é un superheroe, cuxa identidade pública é Anthony "Tony" Stark, brillante científico, egocéntrico empresario estadounidense e fabricante de armas (papel nas mans de Robert Downey Jr.), sen tratarse dun superheroe ao uso, con poderes sobrenaturais nin capa, senon que se sirve dunha armadura e de armamento de última xeración para vencer aos seus inimigos. Nesta parte debe enfrentarse a Whiplash (Mickey Rourke, o desmellorao e botado a perder "sex-symbol" de 9 semanas e media) e ao seu rival empresarial Justin Hammer (Sam Rockwell), xefe da empresa de armas competidora de Industrias Stark. Outros personaxes do universo Marvel no filme, War Machine, ou Iron Man II (Don Cheadle), Nick Fury (Samuel L. Jackson) e a Viuda Negra (Scarlett Johansson, alias "ay omá", xD)
A curiosidade do filme: en todalas películas de superheroes Marvel fai un pequeno "cameo" Stan Lee, o creador da maioría destes personaxes; nesta, aparece como Larry King (un famoso presentador dun programa nocturno da CNN, "Larry King Live") e é saudado por Tony Stark cando este abandoa a Expo Stark.
Conclusión: para min é unha boa adaptación dos cómics (algo moi difícil para certos personaxes e historias dos cómics e incluso dos videoxogos, tan de moda nos últimos tempos) respetando a historia, os caracteres dos protagonistas e os malos malísimos; ademáis na miña sempre humilde opinión a Robert Downey Jr. o papel de "tipo raro" e narcisista vaille ao pelo...
Valoración final: se es un friki destas cousas, perfecto... senon, é unha película bastante entretida.
O mellor: poder saír da casa... xD
O peor: ir ao cine en muletas, moi cansado... xD

Non pensedes que son un friki destas cousas, de pekeno tiña un cento de cómics Marvel, de superheroes e destas cousas, e a verdade sempre teño curiosidade por ver estas adaptacions...
ResponderEliminarEspero os vosos comentarios...
a min persoalmente gustoume moito a pelicula
ResponderEliminarA película eu consideroa un filme de acción normal. Esta ben para pasar o rato.
ResponderEliminarRobert Downey Jr. paréceme bo actor. Creo que algún día fará unha película na que imos quedar realmente abraiados.
Eu penso que de marvel ainda quedan moitas películas por facer: Pronto haberá unha de todos os superheroes de marvel xuntos, e senn xa o veredes...
Joba pois esta xenial que vaian facendo unha con cada superheroe e despois os xunten a todos... Bue supoño que a eles ainda lles parecera mellor dada a recaudación jejej!!
ResponderEliminarA min a peli gustoume moitisimo, xa me gustara a primeira pero esta ainda mais, o protagonista non me encaixaba nunca me gustou como actor pero faino clavado, mais chulo imposible je..
Non te aburres en ningún momento e ainda que si é a tipica pelicula de un superheroe ten algo distinto, a min gustoume moito bah..
O artigo moi completo e didactico, noraboa!!!
pois descargareina nas próximas semanas e opinarei....
ResponderEliminarsi xa sabemos que es un friki
jaja
Xa bo é que os artigos non teñen data de caducidade... xD
ResponderEliminarCoa película aínda fervendo na miña cabeza, só teño que decir que me parece unha película normal, non destacaría ningún aspecto en particular. Como moito o papel do protagonista, que para non facerme repetitiva respecto aos anteriores comentarios, direi que me gustou e que se desenvolve moi ben nestos rasgos de personalidade (véxase prepotencia, egocentrismo, arrogancia, "chulería"...).
É unha película digna dun dos heroes que se están a facer, espero que non decaiga na dos Vengadores.