Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

lunes, 24 de mayo de 2010

O mellor xogador da historia do fútbol...

Para aqueles que non lle agrade este tema, discúlpome!!... pero tendo en conta as ganas que teño de xogar ao futbol (primeiramente de andar coas dúas pernas no chan), só me queda facer algún que outro artigo deste deporte...xD, e así aproveito para mostrarvos quen é o meu ídolo (entre moitos bos e que me gustan, este é o que máis) e o que para min é o mellor xogador da historia do fútbol: Zinedine Zidane
Zinedine Yazid Zidane (Marsella, Francia, 23 de Xuño de 1972) é un ex-futbolista mediapunta francés de orixe arxelino, coñecido por xogar en grandes equipos como a Juventus FC de Turín e o Real Madrid. Considerado un dos mellores xogadores de todolos tempos.
Conseguiu importantes logros deportivos tanto na súa selección coma nos clubes que militou. Con Francia conseguiu a Copa Mundial de 1998, o subcampeonato na Copa Mundial do 2006 (ano no que se retirou) e a Eurocopa do 2000. A nivel de clubes os seus logros máis importantes obtuvoos coa Juventus e o Real Madrid: gañou dous scudettos, un campeonato de Liga, as Supercopas de España e Italia, a Copa Intertoto da UEFA, unha Liga de Campións da UEFA, duas Supercopas de Europa e duas Copas Intercontinentais. A nivel persoal o seu título máis importante foi o Balón de Ouro no ano 1998 (conta ademáis con numerosos trofeos e recoñecementos individuais)
Coñecido como Zizou, este xogador combina gran técnica, preciosista, unha gran visión de xogo, toques xeniais e un golpeo de balón extraordinario.
E aquí as probas de todo o exposto anteriormente...

Os mellores goles de Zidane...

[1:16 - De cando o Madrid gañaba... xD]
[4:43 - Goles final do Mundial do 98 contra Brasil, que lle valeron para gañar o Balón de Ouro]


As súas habilidades e xenialidades...



A súa despedida do Real Madrid...


Ás probas me remito...

Con ganas de darlle unha patada a algo, o

12 comentarios:

  1. É a miña opinión... se algue opina ao contrario e pa él/a hai outro xogador que lle pareza o mellor da historia que o comente, tendo en conta o complicado que é escoller a un só...

    Se algún visitante do blog (que os hai) lle produce noxo, desprezo, picores, dor na vista, e calquera cousa desagradable o Real Madrid (que os hai) lles pido que vexan o artigo con total normalidade, non é ningún intento pola miña parte de enaltecemento do madridismo (creo que se este tipo non chegara nunca a xogar no Madrid me parecería o mellor igualmente, incluso se xogar no eterno rival, pero tiven a sorte de que non fose así...xD)

    Saúdos (menos paos dous preas que soen pasar por este blog que poden ir xogar ao pabellón todolos sábados, eeeeggghhhh.... xD)

    ResponderEliminar
  2. Estou totalmente de acordo è o mellor xogador de futbol da historia.

    ResponderEliminar
  3. Totalmente dacordo!! Ke grande!!!!
    Non me acordaba da metade dos goles pero zidane é inesquecible, é a elegancia do fútbol personificada, nadie baixa os balóns e os controla como o facía (e ainda fai)el.. Ke maneira de romper os contrarios!! Ke golazos!!

    Poucas son as ocasións que se ve xogar hoxe en día pero cando nos brinda ese momento ainda hoxe da mostras da sua clase, unha verdadeira pena que no Madrid non o disfrutaramos mais tempo.. Eso sí, retirouse no mellor momento e como mellor pudo facer, tal e como é, sin facer ruido e sin fastuosidades..

    Non, non chorei co video da despedida pero é emocionante!

    Sin palabras que o definan porque todas se quedarían cortas, pero como decía o marcador Gracias ZIDANE!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Zidane é e foi un crack toda a súa vida. Un dos mellores xogadores da historia(pero non o mellor, neste punto discrepo).

    Tinha moita clase e calidade. Tamen hai que recordar que se lle ía a cabeza en contadas ocasións o perder os nervios, pero todos tenhen cousas boas e malas.

    Era unha marabilla velo xogar, os seus goles, regates, e sobre todo o pase, deberían servir de inspiración para o futbol de hoxe en día basado case en exclusiva no físico.

    El ganhouno todo no mundo do futbol, e soubose retirar (ainda que cometeu o fallo do cabezazo, pero eche o que ten cousas boas e malas. Ninguen é perfecto.). XD

    ResponderEliminar
  5. ...eu tamen case me emociono co video da despedida...aaaah que lle vou facer son algo dramática...

    ResponderEliminar
  6. Enton kreo supoñer Señor da Z ke para vostede o mellor xogador da historia é Maradona, non???

    Un gran xogador, ke inventou moito no futbol e markou golazos de todalas maneiras posibles, pero despois tamen era un caso, jajajajaja...

    Zidane si, tiña ese problema, o temperamento ke tiña no campo, despois era unha persoa tranquila, un señor... (o de tolear no campo pasalle a moita xente, e non de tan altas esferas futbolisticas...xD)

    ResponderEliminar
  7. A pesar dos meus gustos futbolísticos que para nada son relacionados co Madrid, si teño que recoñecer que Zidane me parece un dos mellores xogadores de todos os tempos, estou esperando a que Messi se retire para facer unha valoración de toda a súa carreira futbolística, que lle vou facer, tíranme as cores xD

    Neste caso debería opinar meu irmán, que para el tamén é o mellor de todos os tempos. Realmente foi un xogador moi completo, xogando a moi bo nivel ata a súa retirada. Aínda temos a sorte de poder velo en partidos amistosos (non fai moito da última ocasión) e sinceramente dá gusto contemplar eses pases, o control do balón e do xogo, a visión das xogadas... Vai un paso por diante dos rivais e o que me parece unha das cousas máis complicadas: facer que todo semelle moito máis doado. Ten moitas cualidades e é unha mágoa despedir a futbolistas tan grandes; a pesar do último encontronazo co italiano, para min non empaña a magnífica carreira deste gran futbolista e persoa, paréceme moi xeneroso e comprometido coas boas causas.

    ResponderEliminar
  8. Pois porfavor non deixe de aconsellar o meu blog a seu consabido irmán... que se pase, que comente e que repita!!!

    Messi é un gran xogador, pero ainda está empezando... xa está facendo historia e pode chegar a escribir unha moi completa... pero para min Zidane é Zidane, non porque sexa do Madrid, será + que nada pola miña condicion fisica ou o que sexa que prefiro o xogo de Zidane ke o de Messi, e que Messi corre moito, jajajajaja... e Zidane fai as cousas + pausadas, coma min, ke son + ben vago, jajajajaja...

    ResponderEliminar
  9. Grazas a Arredemo e a Natalia por deixar de lado as súas preferencias blaugranas e as súas aversións merengues, e comentar este artigo obxectivamente... xD

    E grazas moi especialmente a Arredemo por non facer un comentario sobre Piqué, jajajajaja... que todos sabemos ke se perde polo das jalletas principe, jajajaja...

    ResponderEliminar
  10. Serei do Barça pero eso non quita de que non saiba recoñecer a un gran futbolista, e neste caso non podo decir o contrario, de feito é dos poucos do Madrid que me caía ben xD

    Está claro que teñen dous estilos totalmente distintos (Zidane e Messi) e que son preferencias persoais pero para min Messi non só ten físico, ten moita calidade máis alá da velocidade. Está claro que aínda está empezando, só espero que nos siga dando moitas máis alegrías aos seareiros que gusten do bo fútbol porque sen dúbida el é capaz de ofrecelo.

    Bueno, non sigo que é un artigo sobre Zidane e voume de tema, jaja.

    ResponderEliminar
  11. Non hai mellor maneira de empezar a comentar nun blog que falando sobre Zizou :)

    Para min é o mellor de toda a historia sin discusión algunha. Hai moitos xogadores como Maradona e Pelé que ganaron moitos títulos pero penso que o nivel de antes era inferior ó de agora. Recordo o mellor gol de toda a historia do fútbol marcado por el na final da Copa de Europa do 2002. A día de hoxe non vin algo semellante.

    Para o meu gusto Zidane era o xogador máis completo que existiu: pase, regate, control, disparo... Está claro que hai xogadores que se parecen nalgúns aspectos a el como Xavi nos pases e no tempo do partido pero na miña opinión teñen carencias no resto de cualidades.

    Tamén penso que Messi cando alcance a súa madurez poderá chegar algún día a ser o que foi Zidane no fúltbol (estou convencido) xa que dos futbolistas en activo é dos que máis se lle pode acercar. Aínda que tamén o xogador do Chelsea Lampard, ten gran calidade no pase, gran control, moi bo disparo media-larga distancia, gran lanzador de faltas... Pero nunca foi tan decisivo coma Zidane nos grandes partidos.

    A pesar de que solo teño 20 anos, non creo que vaia haber outro coma el.

    Saúdos a todos :)

    ResponderEliminar
  12. Vexo que consigueu novos seguidores senhor da xe.
    Pois neste apartado creo que vou discrepar con vostede porque para min zidane pode ser un dos xogadores con millor tecnica da historia, pero o millor xogador da historia¡¡¡

    Quero dar unha sincera opinion sobre un xogador do barcelona, Iniesta este xogador pareceseme moitisimo a Zidane é un fora de clase, creo que se as lesións o deixan sera un dos grandes incluso balon de ouro, weno era para decir que xogadores coma Zidane haberlos hai.jajajja

    Creia que o millor xogador do futbol era eu?aajajajajaja

    Para min o millor xogador non foi vai ser Messi, se o final acaba no Madrid, claro esta.jajajaa

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...