Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

Mostrando entradas con la etiqueta *Domingos de Rock. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta *Domingos de Rock. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de octubre de 2010

Domingos de Rock Nº13 (e último): ESPECIAL Nirvana

Este novo Consello de Administración, como quedara patente no comunicado oficial sacado á luz hai unhas semanas, chegou a decisión de non seguir facendo os artigos relacionados cos "Domingos de Rock". Coa mesma, chegamos á decisión de facer un último artigo desta sección, cun grupo do máis coñecido... Non sei se estaredes dacordo coa decisión (tendo en conta, máis que nada que o último artigo publicado neste blog tamen é de Rock)...

Por certo, o do número deste "Domingo de Rock" é casualidade, esperemos que non sexades moi supersticiosos (e que a min non me pase nada por rematar esta sección en tan menoscabado e funesto número)... xD



Nirvana é a banda grunge por antonomasia, así como das máis coñecidas de todo o mundo. A banda comezou a formarse a raíz da relación de amizade que unía a Kurt Cobain e Krist Novoselic, ambos seguidores dos The Melvins. Kurt Cobain, líder da banda atopouse a si mesmo referido nos medios de comunicación como "a voz dunha xeración", e a Nirvana como a "banda símbolo" da chamada "Xeración X".
Os membros do grupo son: Kurt Cobain, líder, cantante e guitarrista; Dave Grohl, batería (coñecido de bandas vindeiras, a máis famosa: Foo Fighters) e Krist Novoselic, ao baixo.

"About A Girl" (1989, Bleach)




"Smells Like Teen Spirit" (1991, Nevermind)




"Heart-Shaped Box" (1993, In Utero)




O recio

domingo, 25 de julio de 2010

Domingos de Rock Nº12: ESPECIAL Dragonforce



Dragonforce é unha banda de power metal formada no ano 1999 en Londres (Inglaterra) composta por músicos de China, da mesma Inglaterra, Escocia, Francia e Ucrania. Explotan o lado épico e fantástico do power metal agregándolle un ritmo moito máis rápido, mezclándoos con sonidos de videoxogos e outros elementos pouco usuais neste xénero. Eles mesmos autodenomínanse un grupo de "extreme power metal" (power metal extremo).
Os membros desta formación son: Herman Li, guitarra e coros; Sam Totman, guitarra e coros como o anterior; Vadim Pruzhanov, teclado, piano e coros; Dave Mackintosh, batería e coros; e Frédéric Leclercq, baixo e coros. Actualmente están na procura dun novo vocalista, xa que o seu anterior, ZP Theart abandoou o grupo.

"Valley Of The Damned" (2003, Valley Of The Damned)




"My Spirit Will Go On" (2004, Sonic Firestorm)




"Through The Fire And Flames" (2006, Inhuman Rampage)




"Heroes Of Our Time" (2008, Ultra Beatdown)





O poderoso

domingo, 9 de mayo de 2010

Unha despedida...

A banda Scorpions lanzou o 25 de Xaneiro de 2010 un comunicado no que anunciaba que tralo lanzamento do seu último disco "Sting In The Tail" e unha xira mundial poñían fin a súa longa e exitosa carreira. Por este motivo a eles vai adicado este Domingo de Rock.
Domingos de Rock Nº11: ESPECIAL Scorpions



Scorpions é unha banda alemana de Hard Rock fundada en Hannover arredor do ano 1965 polo guitarrista Rudolf Schenker e o baterista Wolfgang Dziony; para logo no ano 1969 o irmán pequeno de Rudolf e tamén guitarrista, Michael Schenker, xunto co cantante Klaus Meine entren na banda.
Tras numerosos cambios os membros actuales son os seguintes: Klaus Meine, á voz; Matthias Jabs e Rudolf Schenker, guitarristas; Pawel Maciwoda, ao baixo; e James Kottak á batería.

Debido ao extenso da súa discografía só deixarei constancia dos seus máis grandes e coñecidos éxitos...
Álbums de estudo:

* Lonesome Crow (1972)

* Fly To The Rainbow (1974)

* In Trance (1975)

* Virgin Killer (1976)

* Taken By Force (1977)

* Lovedrive (1979)

* Animal Magnetism (1980)

* Blackout (1982)

"No One Like You"


* Love At First Sting (1984)

"Rock You Like A Hurricane"


* Savage Amusement (1988)

* Crazy World (1990)

"Send Me An Angel"


* Face The Heat (1993)

* Pure Instinct (1996)

* Eye To Eye (1999)

* Unbreakable (2004)

* Humanity: Hour I (2007)

"Humanity"


* Sting In The Tail (2010)

"The Good Die Young" (coa colaboración de Tarja Turunen, ex-Nightwish)



Dende aquí a miña pequena homenaxe...
O atribulado

domingo, 14 de marzo de 2010

Domingos de Rock Nº10: ESPECIAL Nightwish


Nightwish é unha banda de metal gótico procedente de Kitee, Finlandia, asi como unha das máis recoñecidas deste xénero, ademáis da banda máis exitosa no seu pais, que nace en xullo de 1996, durante unha saída de camping de Tuomas Holopainen cos seus amigos Tarja Turunen (por entón unha novata soprano da Jan Sibelius Academy de Helsinki, a mesma da que forman parte os violonchelistas da banda Apocalyptica) e Erno Vuorinen "Emppu". Tempo despois unirase á banda Jukka Nevalainen.
Os compoñentes do grupo son os seguintes: Tarja Turunen (cantante ata 2007, expulsada polos demáis membros debido á súa actitude de diva e o seu interese polo diñeiro por riba de outras cousas), reemprazada por Anette Olzon (cantante actual), Tuomas Holopainen (teclados), Erno "Emppu" Vuorinen (guitarrista), Marco Hietala (baixo) e Jukka Nevalainen (batería).


"Elvenpath" (1996, Angels Fall First)


"Stargazers" (1998, Oceanborn)


"Wishmaster" (2000, Wishmaster)


"Bless The Child" (2002, Century Child)


"Wish I Had An Angel" (2004, Once)


"Bye Bye Beautiful" (2007, Dark Passion Play)

(A canción é unha clara dedicatoria a anterior cantante)

"Over The Hills And Far Away" (Cover de Gary Moore)


O brillante

sábado, 6 de marzo de 2010

Domingos de Rock Nº9: ESPECIAL Rammstein

Rammstein é unha banda alemana composta polos músicos: Till Lindemann (voz), Richard Z. Kruspe (guitarrista), Oliver Riedel (baixo), Paul Landers (guitarra), Christian "Flake" Lorenz (teclados) y Christoph Schneider (batería). O núcleo de Rammstein formouse en 1994 na cidade portuaria de Schwerin (Alemaña do Leste). Tomaron o seu nome da cidade de Ramstein, en cuxa base aérea ocorreu un accidente durante un espectáculo no que tres aeronaves italianas colisionaron contra o público. Para transformar o nome engadíronlle un "m"; deste xeito xurdiu Rammstein que literalmente significa "catapulta feita de pedra". Tamén "Rammstein" era unha especie de pedra decorativa que se adoitaba colocar nas casas da antiga RDA.

"Du Riechst So Gut" [Hueles tan Bien] (1995, Herzeleid [Pena de Corazón])


"Du Hast" [Tú odias] (1997, Sehnsucht [Nostalgia])


"Sonne" [Sol] (2001, Mutter [Madre])


"Ohne Dich" [Sin Ti] (2004, Reise, Reise [Viaja, viaja])


"Benzin" [Gasolina] (2005, Rosenrot [Rosa Roja])


"Ich Tu Dir Weh" [Te Hago Daño] (2009, Liebe Ist Für Alle Da! [El Amor está ahí para todos])



O sensacional

domingo, 14 de febrero de 2010

Domingos de Rock Nº8: ESPECIAL Guns N' Roses


Guns N' Roses é unha banda de hard rock nacida nos Ánxeles en marzo de 1985. O grupo está formado polo cantante Axl Rose, os guitarristas Slash e Izzy Stradlin, o baixista Duff McKagan, e o baterista Steven Adler. O nome deriva da combinación de dúas bandas moi importantes en Hollywood, os L.A. Guns e os Hollywood Rose. Chegou a ser considerada a banda máis peligrosa do planeta.

"Welcome To The Jungle" (1987, Appetite For Destruction)


"Patience" (1988, Lies)


"Live And Let Die" (1991, Use Your Illusion I)


"Civil War" (1993, Use Your Illusion II)


"Since I Don't Have You" (1993, The Spaguetti Incident?)

(Versión da canción de The Skyliners)

"Better" (2008, Chinese Democracy)

(Non é o vídeo orixinal)
(Unha "barrenadura" de Axl Rose)


O formidable

domingo, 7 de febrero de 2010

Domingos de Rock Nº7: ESPECIAL Apocalyptica

Despois de varios domingos de silencio...



Apocalyptica é unha banda de (novedoso xénero) Cello Metal formada en Helsinki, Finlandia no 1993 por catro violonchelistas graduados na Academia de Música Clásica Sibelius; e o máis destacable destes é o feito de tocar heavy metal con violonchelos.
O grupo formado por Eicca Toppinen, Paavo Lötjönen e Perttu Kivilaakso; comezou facendo versións de Metallica, para máis adiante realizar cancións propias nun principio só instrumentais para realizar máis adiante colaboracións con diferentes vocalistas. A incorporación de Mikko Sirén á batería conclúe esta orixinal formación.

"The Unforgiven" (1996, Play Metallica By Four Cellos)



"Nothing Else Mattters" (1998, Inquisition Symphony)



"Path" (2000, Cult)

(con Sandra Nasic, ex-cantante de Guano Apes)


"Faraway" (2003, Reflections)

(con Linda Sunbland)


"Bittersweet" (2005, Apocalyptica)

(con Ville Valo de HIM e Lauri Ylönen de The Rasmus)


(2007, Worlds Collide)
"I Don't Care" (con Adam Gontier de Three Days Grace)


"I'm Not Jesus" (con Corey Taylor de Slipknot e Stone Sour)


"S.O.S. (Anything But Love)" (con Cristina Scabbia de Lacuna Coil)



O imparable

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...