Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 10 de octubre de 2010

Domingos de Rock Nº13 (e último): ESPECIAL Nirvana

Este novo Consello de Administración, como quedara patente no comunicado oficial sacado á luz hai unhas semanas, chegou a decisión de non seguir facendo os artigos relacionados cos "Domingos de Rock". Coa mesma, chegamos á decisión de facer un último artigo desta sección, cun grupo do máis coñecido... Non sei se estaredes dacordo coa decisión (tendo en conta, máis que nada que o último artigo publicado neste blog tamen é de Rock)...

Por certo, o do número deste "Domingo de Rock" é casualidade, esperemos que non sexades moi supersticiosos (e que a min non me pase nada por rematar esta sección en tan menoscabado e funesto número)... xD



Nirvana é a banda grunge por antonomasia, así como das máis coñecidas de todo o mundo. A banda comezou a formarse a raíz da relación de amizade que unía a Kurt Cobain e Krist Novoselic, ambos seguidores dos The Melvins. Kurt Cobain, líder da banda atopouse a si mesmo referido nos medios de comunicación como "a voz dunha xeración", e a Nirvana como a "banda símbolo" da chamada "Xeración X".
Os membros do grupo son: Kurt Cobain, líder, cantante e guitarrista; Dave Grohl, batería (coñecido de bandas vindeiras, a máis famosa: Foo Fighters) e Krist Novoselic, ao baixo.

"About A Girl" (1989, Bleach)




"Smells Like Teen Spirit" (1991, Nevermind)




"Heart-Shaped Box" (1993, In Utero)




O recio

9 comentarios:

  1. ¡¡¡O ultimo Domingo de Rock deste blog!!!

    Disfrutadeo sabendo que é o derradeiro, xD...

    P.D.: espero un certo interese neste artigo de sobre todo ArreDemo, cun comentario digno de mencion... xD

    ResponderEliminar
  2. Como normalmente se asocia Nirvana-Kurt Cobain, podedes tamen deixar opinion sobre este carismatico e infausto artista...

    ResponderEliminar
  3. pareceume moi curto o artigo.you know you`re right???
    todo o que se poida dicir e eloxiar deste grupo é pouco,o querer triunfar sen encasillarse,odiaban o chamado rock de estadio,o ideal son concertos mais ou menos reducidos para que ó público lles chegue a música ben e disfruten por igual...xa teño citado algun documetal para quen lles interese mais o fenómeno Nirvana.

    Kurt foi a caña,de todolos seus vicios a heroína e a porca de Courthney acabaron con él...pero non nos enganemos era moi probable q acabara como acabou,sobre todo ó lograr a fama...onde non hai mais ca corvos ó redor dun...era moi tendente as depresións, as autocríticas, frustrabase con facilidade...o éxito de smells like teen spirit foi imrpevisible e inesperado par eles...creo q xa contei q o título ven de q 1tia escribíu en1parede q Kurt cheiraba a teen spirit...q viña sendo un desodorante...e é q as suas cancions inspirábanse en cousas cotidianas,...A de You know you rigth foi das ultimas grabacions de estudio,pese a que Kurt se presentou a grbala 1dia tarde e sen o seu equipo, e tras debatir un rato cómo quedaría a canción (empezando lento e desp caña...fórmula da que kurt xa estaba aburrido)grabouse xunto con outras cancions...a cacnion retocouse en 1998 quedou parecida á orixinal para ser publicada nun albun recopilatorio (nirvana 2002)pero a "señorita courthney" interpuxo un pleito (estaria mal de pasta) que retrasou a publicacion do album...a cancion non se sabe como filtrouse a internet,tivo moito éxito e tivo q retirar a demanda e publicouse no album finalmente...
    xa calo xa calo jajaja

    ResponderEliminar
  4. Por min pode seguir...

    Xa sei que o artigo quedoume curto, pero esa era a formula dos "Domingos de Rock": mostrarvos algo da discografia dalguns grupos!!!...

    Siga mostrandonos a sua devocion por Cobain, que non kedou klara de todo... xD

    P.D.: notaselle a ArreDemo un pouco de despecho coa Courtney?? jajajaja

    ResponderEliminar
  5. no instituto era mais friki do que son e habia un tio peor na clase do lado que deixou de falarme pq comprara eu ocd de America´s sweet heart de Courthney... creo q pensou en insultarme e todo... eu oira os rumores q coñecemos todos da historia, que si foi ou nn un suicidio, q se a tia era mooi lixeiriña...
    Que igual é boa persoa ,nn me gusta xulgar pero dende que vin o documental de Quien mató a kurt Cobain..pfff pos saquei propias conclusions, a parte de que deixa claro q se move sempre polo dólar...

    ResponderEliminar
  6. o tio deixoume de falar pq ó parecer un autentico fan de Nirvana nunca adquiriría un cd desa tia...seik é un sacrilexio----ou algo así me soltara---

    ResponderEliminar
  7. É unha mágoa que remate este tipo de artigos, a verdade que descubrín algún grupo dos que agora escoito habitualmente. Así que agradecerlle por esto ao antigo consello deste blog, xa que este só publicou un e que xa coñecía xD

    A min gústame bastante, aínda que o que poida decir comparado co comentario de Arredemo vai quedar moi cutre xD O da historia do fan que lle deixou de falar creo que o comentara no seu blog, xa que me soa e é imposible que ma contara persoalmente.

    O grupo está moi ben, é unha mágoa que remataran así aínda que coma sempre esto axuda a que se volva máis mítico aínda. As mortes prematuras por calquera motivo (canto máis escabroso mellor) axuda á publicidade e éxito nas recopilacións que se fagan e homenaxes. Claro está, os verdadeiros fans sempre están aí, afortunadamente, aínda que a veces sexan tan radicais coma o do anterior comentario, jajaja.

    ResponderEliminar
  8. o que opino eu deste grupo e ke foi un dos mais grandes da hstoria e admiro de Kurt Cobain que aprendera a toacar a bateria os 10 anos sen ter nin idea de leer musica e sobre todo que empezou a compoñer cancions en lugar de aprender as doutros por ke cria que eso era un obstaculo para o desarrollo do seu estilo musical.
    por algo esta no numero 12 dos 100 mellores guitarristas da historia e no numero 45 dos 100 mellores catantes da historia ainda que eu considero que debia estar mais arriba...

    PD:Creo que o señor da Xe deberia seguir cos domingos de rock...

    ResponderEliminar
  9. O Señor da Xe non vai a seguir cos Domingos de Rock máis que nada porque dan bastante lata facelos e tampouco ofrecen nada orixinal máis lonxe de ensinar a discografía dalgúns grupos... o problema é que a metade dos grupos non teñen só 2 ou 3 discos... xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...