Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 8 de octubre de 2010

O Colexio Invisible


¿É posible imaxinarse a unha asociación formada por filósofos e pensadores, especialistas nos máis diversos campos do saber, os cales estiveron reuníndose todas as semanas sen interrupción dende o ano de 1645 en Londres, ata o día de hoxe?
Asombroso, ¿verdade?


Máis de 362 anos adicados a "Nova Filosofía" ou "Filosofía Experimental", e existen poucas dúbidas de que estas reunións filosóficas son as que Robert Doyle chamaba o Colexio Invisible ou Colexio Filosófico na súa correspondencia en 1646 e 1647.
Xa nos seus inicios o grupo tiña as súas propias normas de funcionamento, reuniínse unha vez por semana, e para evitar que se desviara a discusión do seu propósito orixinal estaba prohibido falar da divinidade, de asuntos de estado ou actualidade, limitándose os temas a tratar á "Nova Filosofía" e materias relacionadas - Medicina, Anatomía, Xeometría, Navegación, Estática, Mecánica, etc - e aos seus experimentos.
Hoxe en día, coñécese como a Royal Society, ou Real Sociedade de Londres para o Avance da Ciencia Natural.
O lema da Royal Society era e sigue sendo "Nullius in Verba", ou o que e o mesmo, "En palabras de Nadie" (procedente dunha frase de Horacio que versaba "Nullius addictus jurare in verba magistri", "Non me sinto obrigado a xurar polas palabras de mestre algún"); e implicaba que os membros da sociedade non podían facer referencia as suas opinións e moito menos impoñelas como "criterio de autoridade", debido a que o único que se debía tomar en conta era, a Física Experimental, a Lóxica e as Matemáticas, e polo tanto non se podía falar nin de Deus nin do Rei (nos nosos tempos nin de relixión nin de política) e tampouco da actualidade, é dicir; que impuxeran a norma clave da ciencia:
"Experimentar para que sexan as evidencias as que falen"

Membros famosos:

* Robert Boyle
* John Evelyn
* Robert Hooke
* William Petty
* Gottfried Leibniz
* Benjamin Franklin
* John Wallis
* John Wilkins
* Thomas Willis
* Sir Home Riggs Popham
* Sir Christopher Wren
* Sir Isaac Newton (demostrou a sua teoría da óptica ante os membros da sociedade e posteriormente convirteuse en presidente desta)
* Thomas Bayes (presentou o seu teorema por primeira vez ante esta sociedade)
* Francis Bacon
* Lewis Fry Richardson
* Abraham de Moivre
* Christiaan Huygens
* Anders Celsius

* Albert Einstein
* Niels Bohr
* Stephen Hawking
...
...




O principal

5 comentarios:

  1. A mención a esta institución topeina no libro que estou lendo, e existe de verdade!! non é que encerre ningún misterio en si mismo pero cando o lin pareceume moi interesante...

    ¿Que farán todos estes tipos reunidos? eu teño varias teorías e máis ca menos desacertadas e ningunha teñen que ver coa ciencia... xD

    ResponderEliminar
  2. presentamos as profecías de------ o señor da xe----o novo nostradamus ou o nostradamus do noso século!jajaja mooola...igual era un clube gay, xogaban ó truco ou era unha perruquería china...

    O certo é que facían ben en reunirse e compartir coñecementos...joo porque non teremos nós figuras no noso século con suficientes coñecementos políticos como para dirixirnos,educarnos,...

    ResponderEliminar
  3. Non sabía da existencia deste grupo pero supoño que se se reúnen con certa asiduidade será para facer algo productivo non? E máis cando (os que aparecen aquí nomeados polo menos) son personalidades moi importantes e influíntes polas súas ensinanzas e coñecementos que nos legaron.

    A min tamén me gustaría pero hoxe en día para dirixir un país o coeficiente intelectual e nivel de coñecementos esixidos non debe ser moi alto vendo o panorama europeo.

    P.D: Podería o Señor da Xe expoñer e compartir as súas teorías sobre esta asociación??

    P.D2: Moi bo o cadro, grande Rafael e o Renacemento!! xD (Tiña que decilo).

    ResponderEliminar
  4. Estes seguro ke se reunen para tomar unhas cañas, e de paso, seguindo o paso do pocholo dos últimos tempos (Berlusconi) contratar unhas cuantas... señoritas... e montarse ahi uns jolgorrios memorables, jajajaja....

    As miñas teorías ían por ahi... xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...