A Catedral Nacional de Washington (tamén coñecida como a Catedral de San Pedro e San Pablo) na cidade e diócese de Wahingston D.C., é a sexta catedral máis grande do mundo e a segunda máis grande dos EEUU. A súa construcción comezouse na presidencia de Theodoere Roosevelt en 1907, e rematouse 83 anos despois, en 1990 en mans de George H. W. Bush (o pai do outro personaxe, por non poñer símiles animalescos, que por desgraza un día foi "o presidente do mundo"), en presenza do cal foi posto o último ladrillo da construcción.
En 1980, en plena construcción das torres, organizouse un concurso nacional que consistía en elexir un personaxe que se identificara coa maldade, para así abandoar os típicos seres mitolóxicos e demos propios das construccións da Idade Media. Un dos gañadores foi o busto de Darth Vader, malo malísimo da famosa Guerra das Galaxias, polo que os escultores se puxeron mans á obra para esculpir a este mito do cine nunha das torres da catedral.
¿Acaso volo imaxinabades?
xD
xD
que bo e orixinal!
ResponderEliminarexemplos de figuras malignas hai a mangallo pero igual se ofenden...moi orixinal!
EStos días alguén lle arrancou o brazo ó astronauta da catedral de salamanca...ó parecer o perímetro ten unha chea de cámaras pero non se sabe quen llo seccionou...pobre
Moi curioso si!!!! A catedral xa a coñecía dende o instituto pero o profesor nunca nos comentara isto, non sei porque a veces se lles pasan datos curiosos que axudarían a sentir un maior interese por certas cousas...
ResponderEliminarAínda que sinceramente non me "pega" co estilo da catedral, que non recordo a cal pertence pero véndoa ten que ser prima irmá de moitas europeas (góticas) como a de Notre Dame, Canterbury ou a de León por poñer algúns exemplos. Pero é normal, as catedrais cunha imaxe así... canto menos é raro!
Moi boa a curiosidade, descoñecíaa totalmente, a ver se nos descubre máis...