Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 8 de octubre de 2010

Nefilim (2)


Do primeiro cataclismo anxelical e do rexurdimento dos Nefilim...

No alto das montañas, baixo un saínte que os protexií da choiva, os nefilim estaban xuntos, suplicando consello ás fillas de Semyaza e aos fillos de Azazel, aos que consideraban os seus líderes despois de que os gardiáns foran castigados baixo terra. O fillo maior de Azazel dou un paso ao fronte e dirixíndose á multitude dixo:
>> "O meu pai ensinounos os segredos da guerra, a utilizar a espada e o coitelo, a labrar frechas... Non nos ensinou a protexernos do Ceo. Pronto estaremos rodeados de auga. Incluso coa nosa forza e o noso numero, é imposible construir un navío como o de Noé. Tamen resulta imposible atacar abertamente a Noé e apoderarnos da súa nave. Os arcanxos estan protexendo a Noé e a súa familia".
Era ben coñecido que Noé tiña tres fillos e que estos foran escollidos para axudalo na construcción da súa arca. O fillo de Azazel anunciou que iría á costa na que Noé estaba cargando o seu barco con animais e plantas, e que descubriría a maneira de infiltrarse na mesma. Levando consigo a feiticeira máis poderosa, a filla maior de Semyaza, abandoou aos nefilim dicindo: "Irmáns e irmás, debedes quedar aquí, no punto máis elevado da montaña. É posible que as augas non cheguen a esta altura".
Xuntos, o fillo de Azazel e a filla de Semyaza descenderon o empinado sendero da montaña baixo a incesante choiva e abríronse camiño hacia a costa. No mar Negro, reinaba o caos. Noé advertira do Diluvio durante moitos meses, pero os seus paisanos non lle prestaran a máis mínima atención. Estes seguiran coas súas festas, bailes e soños, felices ao borde da destrucción total. Ríranse de Noé, e incluso se acercaran a arca, burlándose, mentres él cargaba a bordo comida e auga.
Durante algúns días, o fillo de Azazel e a filla de Semyaza contemplaron as idas e venidas dos fillos de Noé. Chamábanse Sem, Cam e Jafet, e cada un era diferente dos demáis. A filla de Semyaza viu que a apariencia de Jafet era moi parecida ao dos seus, polo que decidiu que ese era o irmán que debía tomar o seu compañeiro. Os nefilim esperaron durante días, vixiando, ata que Noé cargou os últimos animais na arca. O fillo de Azazel acercouse ao gran barco e a súa inmensa sombra cubriuno mentres chamaba a Jafet.
O benxamin de Noé asoumouse pola borda da arca, os seus mechóns rubios caían sobre os seus ollos. O fillo de Azazel pediulle a Jafet que o acompañara lonxe da beira do mar ata as profundidades do bosque. Os arcanxos, de garda na proa e popa da arca, inspeccionando cada obxecto que entraba e salía da nave se axustase aos dictados de Deus, non prestaron atención ao abandono de Jafet tralo luminoso descoñecido.
Cando Jafet sen alento acadou ao maxestuoso extrano preguntou: "¿Qué queres de min?"
O fillo de Azazel non lle contestou, senón que rodeou o pescozo do fillo de Noé cos seus dedos e apertou ata que sinteu como se rompían os fráxiles ósos da garganta. Nese intre, antes incluso de que o Diluvio barrese a faz da terra as malvadas criaturas, fracasou o plan de Deus de purgar o mundo.
A filla de Semyaza abandoou o seu escondite e puso as mans sobre a cara do fillo de Azazel. Coñecía de memoria os encantamentos que seu pai lle ensinara, a sua luminosa beleza atenuouse e os seus rasgos anxelicais desapareceron. Deste xeito, converteuse na viva imaxe de Jafet. Debilitado pola transformación, atravesou o bosque de regreso a arca.
Cando a esposa de Noé mirou ao seu fillo supo ao instante que cambiara. O seu rostro era o mesmo e a sua apariencia tamén, pero algo no seu comportamento era extrano, e por iso lle preguntou onde estivera e que ocurrira. O fillo de Azazel non sabía falar a lingua dos homes, de maneira que permaneceu en silencio. A esposa de Jafet tamen se dou conta da corrupción do seu Jafet, pero posto que a súa apariencia era a mesma, non acertou a decir en que cambiara,incluso os seus irmáns fuxían del, temerosos da súa presenza. Aínda así, Jafet permaneceu na arca cando a auga comezou a arrasar a terra. Era o decimosétimo día do segundo mes. O Diluvio acababa de comezar.
Os corpos de humanos, animais e nefilim flotaban como libélulas sobre a superficie do mundo, mecéndose coas mareas, pudríndose e fundíndose ata o fondo do océano. Marañas de cabelos e extremidades golpeaban contra a proa da arca de Noé, emerxendo e desaparecendo na auga espesa. O aire volveuse doce polo cheiro da carne asada ao sol.
A arca flotou á deriva sobre a terra ata o vixesimosétimo día do segundo mes do ano seguinte, un total de trescentos setenta días. Noé e a súa familia non se atoparon con nada, agás coa morte e cun mar infinito, unha saba gris de choiva en constante movemento, un horizonte cuberto de olas ata donde alcanzaba a vista, auga e máis auga, un mundo sen costas, carente de solidez.
Cando a arca encallou e as augas se retiraron, Noé e a súa familia liberaron aos animais do ventre do barco, colleron sacos de sementes e plantáronas. Ao poco tempo, os fillos de Noé comezaron a repoblar o mundo. Os arcanxos, cumplindo a vontade de Deus, acudiron na súa axuda, otorgando gran fertilidade aos animais, a terra e as mulleres. Todo crecía. Nada morría. O mundo voltou a comezar.
Os fillos de Noé reclamaron como propio todo o que vían. Convertéronse en patriarcas, cada un fundou unha raza da humanidade. Emigraron a tódolos confíns do planeta, establecendo dinastías que incluso na actualidade distinguimos: Sem, o fillo maior, viaxou a Oriente Medio e fundou as tribus semitas; Cam, o segundo, trasladouse ao ecuador, internándose en África, e creou a tribu camita, e Jafet, ou mellor dito, a criatura que se facía pasar por él, tomou a zona do Mediterráneo e o Atlántico e fundou o que un día chamaríamos Europa. A proxenie de Jafet acósanos dende entón. Como europeos que somos debemos considerar a nosa relación cos nosos orixes ancestrais...

O seráfico

5 comentarios:

  1. Outra nova historia sobre anxeoloxía... Habere se vos gusta máis que a primeira... bueno, sendo menos optimista, habere se a ledes enteira.. xD

    ResponderEliminar
  2. leese ben. pois está ben anque cos ultimos acontecementos mentres un a vai lendo é fácil recrearse a imaxe da historia que nos narra (entre os diluvios q caen fóra, as mareas tóxicas que matan a terra...Pensando en Jafet venme a imaxe á cabeza de Jafar (¿escribiase asi?)si o de disney...e que estas historias prestanse á imaxinación...

    ¿que vai a cumulando artigos durante a semana nn?jajaja

    ResponderEliminar
  3. Ata ke poña internet no piso tera ke ser asi... xD... logo xa irei publicando cousas pola semana!!

    P.D.: porque pensa ke tardaba tanto en comentar???

    ResponderEliminar
  4. A min particularmente gustoume máis a primeira parte, esta tamén está moi ben, moi entretida pero non sei... o conflicto narrado da primeira entre os anxos, os arcanxos e demais resultoume moi interesante. E para nada se fai longo tampouco, que teima con que os artigos son longos!! xD

    Moi boa a sección do Arcano, esperando a próxima xa!! :)

    P.D: As fotos destes artigos dos Nefilim están xenial!!

    ResponderEliminar
  5. Se atopo máis historias destas anxeolóxicas compartireinas con vostedes, mentres tanto intentarei descubrirvos máis cousas sobre este tema antes de que se faga famoso entre os adoleskentes e nos saturen con eles... xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...