A guitarra eléctrica é un instrumento electrófono de cordas de metal cun ou máis transductores electromagnéticos, chamados pastillas, micrófonos, o fonocaptores (pickups, en inglés), que convirten as vibracións das cordas en sinais eléctricas capaces de ser amplificadas e procesadas. Hai guitarras sen caixa de resonancia (guitarra eléctrica sólida) ou cunha caixa máis pequeña do acostumado (semisólida), as que poden contar con buratos ao exterior con formas en "f" similares ás das caixas de resonancia dos violíns e doutros instrumentos acústicos.
Pero bueno, esto todos vós xa o sabíades... xD
O que o mundo non se esperaba era que o gran guitarrista da mellor banda de todolos tempos, Jimmy Page (seguramente queden dúbidas, pero estoume a referir ao guitarrista de Led Zeppelin); e seguramente outros antes ca él, sorprendera a propios e extranos cunha "rara" guitarra de doble mástil.
Agora ben, o que Jimmy Page (e o mundo de novo) non se esperaba era que outro gran guitarrista (dos mellores hoxe en día), Steve Vai, volvería a sorprender a extranos e propios cunha nova guitarra, esta de tres mástiles.
No youtube...
http://www.youtube.com/watch?v=jY8wyKuLY2k&feature=related
No youtube...
http://www.youtube.com/watch?v=jY8wyKuLY2k&feature=related
Se queredes velo en acción...
http://www.youtube.com/watch?v=WLY5WkoBo98
Pero o tema non rematou ahí, nun mundo o noso de constante cambio e no que ata o aparello máis pequeno se lle buscan mil formas e aplicacións, xurdiron novas guitarras raras e extravagantes...
¿E por qué non? Catro mástiles... xD
E como vos podedes imaxinar nos tempos que corren podemos atopar guitarras con forma de hacha ou de espada, kalashnikov, etc; onde a propia caixa da guitarra pode converterse na á dun dragón ou nunha fémina nunha postura suxerente... e se non me credes...
¡¡Buscade e atoparedes... pois Deus proveerá!! xD
Aínda que tiña pensado facer este artigo, despois de descartalo varias veces, douseme por facelo igualmente... o problema é que o fixen nun arranque de aburrimento e o fixen dunha sentada, polo que ao mellor o traballo final non é o esperado... xD
ResponderEliminarPolo menos fixen un artigo do máis desenfadado... xD
¿Que vos parece? ¿Ou é un tema do que non se lle pode sacar nada en condicións? Os solos destes tipos non están mal, ¿ou?
Os links corresponde a solos de guitarra, pero debido a súa duración, puxen simplemente a dirección do Youtube para que nadie se sinta obligado a velos e os que teñan curiosidade podan ollalos en calqueira momento.
pois ...quedaba ben un video explicativo feito por vostede..deses que se levan tanto ultimamente no youtube...jajaja e q nos ensinara as partes da guitarra en vivo...e non...non nacemos aprendidos!!!
ResponderEliminarjajaja
faime gracia que os seus seguidores lle poñen no blog cando lle van a acomentar...jajaja que é para que publique ese dia???jaja
Nos seu artigos de rock, fixoos de baterías, guitarristas...e cantantes para cando???
namais
Para a olvidadiza ArreDemo:
ResponderEliminarRecordolle que xa fixera dous artigos sobre cantantes, tanto masculinos coma femininos (PIQUE NA ETIQUETA: *Os máis grandes... para refrescala súa mente, xD)... pero non descarte que se se me ocurre algún o poñerei... neste blog o tema do Rock nunca vai a cesar!! xD
pois logo non me debeu ressultar memorable...jajaja
ResponderEliminarEstiven mirando fotos dalgunhas e hainas moi frikis, dende escorpións ata o diaño, pasando por unha en forma de nena que me dou moita grima. Non digo que non sexan orixinais pero estas en concreto non sei eu que tal soarán...
ResponderEliminarE os vídeos que escoitei aquí, si, están moi ben e son orixinais en canto ao instrumento pero algunha paréceme un tanto aparatosa para tocala nun concerto varias cancións seguidas. Pero en fin... así si que conseguen que a xente se quede atenta, e non é para menos.
Hoxe en día coas guitarras se poden facer de todalas formas, cores, e incluso sons.
ResponderEliminarHai moitas que son simple estética e outras que poden ter un sentido, pero básicamente é unha cuestión de estética.
No mundo das guitarras xa queda pouco co que sorprenderse.