Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 31 de octubre de 2010

¿Atreveraste a descifralos?

Se aínda non fustes capaz de descifralos primeiros... acumúlasevos o choio, xD...

Lineal A:
O lineal A é unha escritura da Civilización minoica de Creta. Empregouse do seculo XVII ao XV a. C.. A escritura só pudo ser descifrada nunha pequena parte. Algúns investigadores ven nela una predecesora da escritura lineal B (un sistema de escritura usado para escribir o grego da época micénica, que si foi descifrado). Coñécense aproximadamente 70 caracteres silábicos, 100 caracteres con significado propio (que se combinan en parte cos caracteres silábicos) e diversos signos de cifras .


Cifras nas Barras de Ouro Chinas:
En 1933, sete barras de ouro foron concedidas polo xeneral Wang en Shangai, China. Estas barras de ouro parecen representar os certificados relacionados cun depósito dun banco en Estados Unidos. Os lingotes de ouro teñen imaxes, escritura china , e criptogramas en letras latinas. Nadie aínda dou cunha teoría correcta en canto ao seu significado.


Cifras de Beale:
Na primavera de 1885 publicouse un panfleto anónimo de 23 páxinas titulado “os papeles de Beale”. Nel contabase a historia dun tesouro escondido nas colinas de Virxinia. As únicas pistas que se daban eran tres cartas de Thomas J. Beale e tres mensaxes cifrados. As cartas contaban que en 1817, 30 homes descubriran unha veta de ouro ao norte de Santa Fe. As cartas ademáis explicaban donde estaba escondido o tesouro (concretamente na primeira carta cifrada), na segunda, o contido; e na terceira, a relación de familiares que debían recibilo. En 1862, as cartas chegaron ao desconocido autor do folleto que, ademáis, revelaba a descodificación da segunda cifra de Beale: a clave estaba na Declaración de Independencia dos EEUU. Sen embargo, as outras duas cartas permanecen intactas. Que se sepa, nadie consiguiu atopar o tesouro.

O chamativo

4 comentarios:

  1. Terceira e última parte deste mini-misterios...

    Espero que vos gustara...

    Espero con paciencia e entusiasmo os vosos comentarios... xD

    ResponderEliminar
  2. moi interesante coma sempre....
    anque o ouro ese dos chinos que queres que che diga...eso non semellan nin letras chinas nin de ningunha latitude coñecida...non sería algun medico chino extendendo unha receta ou algo asi...vaia garabatos como pa descifralos!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Eu creo que todos os que deixaron estes enigmas como a maioría dos aparellos importantes estaban sendo inventados dixeron, no futuro vanse aburrir moito vamoslle deixar algo no que pensar polo menos!!! jejeje..

    Si xa as letras chinas parece dificilisimo entendelas pa canto mais estas, sería un neno pequeno porque parecen raias sin moito sentido..

    A evolución da escritura é algo que se pasa bastante por encima e desde logo creo que sería moi interesante pararse nela porque empezar a facer garabatos e lineas e chegar a amplia e complexa escritura que temos hoxe en día parece irreal..

    ResponderEliminar
  4. Bueno, descifrar estes non, tampouco, pero polo menos hai un que coñezo!!! E como non, o "Lineal A", debido ás miñas antigas clases de Grego, canto me gustaban, por certo, dito sexa de paso. E coincido, o enigma dos chinos non se asemella apenas en nada á súa escritura pero bueno, se din que foi en China, haberá que crelos, aínda que aparentemente non se aproxime á que nos coñecemos.

    Boa triloxía de artigos, interesantes todos.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...