Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 17 de julio de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Shrek 4: Felices para Siempre

Boas!! hoxe volvo a ter a oportunidade de retomar unha vella sección que xa facía algún tempo que non realizaba, e dito sea de paso, un tipo de artigos dos que máis me gusta facer persoalmente (esperemos... dos que máis vos gusten a vós...xD), e para máis inri cunha novidade... Sei o que vistes... volve a escea esta semana, e por primeira vez, cunha crítica dunha película de animación (digamos que Avatar non conta neste xénero... xD), como non, coa cuarta entrega e última (bo é... xa era moito forzar) de Shrek... Shrek 4: Felices para Siempre, ou Shrek: El Capítulo Final (non sei cal é o verdadeiro, eu vin os dous por ahí...xD)

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

A saga Shrek é unha exitosa serie de película de animación nacida no seo da famoso estudio de cine Dreamworks (haber dicideme cales destas non coñecedes...xD... artífices de coñecidos proxectos, a saber: as anteriores Shrek, Shrek 2 e Shrek Tercero; Madagascar 1 e 2, Bee Movie, Kung-Fu Panda, Ratónpolis, etc etc etc), recoñecidos principalmente polo súas películas animadas con personaxes "desenfadados" e tremendamente divertidos, que a pesares de parecer nun principio enfocados para os máis cativos, fai que a meirande parte das veces sexan tamén totalmente aconsellables para os máis maiores. Este capítulo final foi responsabilidade de Mike Mitchell (non sei quen é este director, pero tras un breve búsqueda da súa filmografía non topei nada salientable... porque Timecop, unha peli de acción dos 90 na que creo que sae Silvester Stallone, e Gigoló, as máis coñecidas, non teñen nada digno de mención, ¿ou?... xD).
A sinapse do filme é a seguinte: Shrek pretende volver a ser o ogro que aterrorizaba a todalas aldeas polo que firma un contrato cun "trampas" (xD), no cal acordan que o desexo de Shrek se fará realidade sempre é cando él lle dea a cambio un día da súa vida, co conseguinte enredo de acontecementos, situacións divertidas e claramente, final feliz...
A curiosidade do filme: a idea orixinal das películas de Shrek está basada dun libro infantil ilustrado do mesmo nome, de William Steig (1990).
Conclusión: nesta cuarta parte, a pesares de estar algo "forzada" xa a saga, intentan facer unha especie de resumo das anteriores e dalgunha maneira dar por finalizada a saga, polo que existen numerosas referencias as películas anteriores (incluso os créditos intercalan imaxes das 3 historias anteriores). Ao remate dos 90 minutos que supoño houbo de durar o filme o sabor de boca non é o esperado, dando a impresión de que esta última parte non foi capaz de cumplir as expectativas e dun proxecto, por decilo dalgunha maneira, "mediocre". A causa claramente é que xa era moito forzar a serie de Shrek. Si, a peli é divertida, coas "coñas" marcas da casa, co mítico momento do Gato con botas (coa voz de Antonio Banderas, claro) poñendo ollos de cordeiro degollado (das películas de Shrek que fun ver ao cine, neste intre toda a sala escacha a rir... si, por riba deles, oese a risa de María, xD)... pero, persoalmente creo que non foi o que esperaba.
Valoración final: parece unha película feita para saír do paso e feita simplementa para dar remate a unha saga fílmica de animación... eso sí, divertida...

O mellor: a escea nomeada anteriormente do Gato con Botas (desta vez cebado como unha vaca...xD) e o personaxe do neno mimado con voz de home (xD)
O peor: a sensación de decepción que che queda ao saír do cine...


O animado

6 comentarios:

  1. a min tamen me decepcionou,nada comparado coas tres peliculas anteriores.

    ResponderEliminar
  2. Discrepo no de divertida, ten momentos divertidos pero en si non me parece que sexa unha película divertida. Non sei, deume a impresión de que por momentos semellaba máis un culebrón que unha película de animación. Para min Shrek atópase entre as miñas películas preferidas de debuxos, aínda que a pesar de todo a partires da segunda parte o nivel decaeu. Polo que penso que nesa segunda parte debería ter rematado esta historia.

    A min os 80 min de duración fánseme algo longos por momentos, as gracias non me parecen demasiado imaxinativas...pouco orixinal en xeral. Non a vin con ningunha expectativa por eso que dixen, a terceira parte xa me parecía algo forzada e esta en fin... poñer o punto e final a unha saga que ben se merecía outro, ou polo menos un mellor sabor de boca. Eu recorrerei ás 2 primeiras, que son as que realmente merecen a pena.

    E para rematar decir que si, para min esta sección é das miñas favoritas xunto coa música, aínda que o verán non se preste demasiado para ver películas (polo menos no meu caso, o número de películas por semana descende notablemente).

    ResponderEliminar
  3. Pois a min gustoume moito!!!
    Vale é un pouco melosa e se non fora de animación sería outra típica peli coñazo de te kiero te kiero, pero ten o sarcasmo e a ironía típica de Shrek e parteste o cu coma en todas elas!

    Non sei, os persoaxes tenselle moito cariño, asno e gato son boisimos e nesta non se quedan atrás..

    A min gustoume!!!! je

    ResponderEliminar
  4. A min esta películka temen me decepcionou. As anteriores eran máis entretidas. Esta pareceume un pouco nhonha e aburrida.

    Creo que xa era forzar demasiado ca saga. fixeron ben en rematala, porque xa estaban sen ideas. Non haberá máis, verdade?

    A min esta película non me gustou.

    ResponderEliminar
  5. Que eu sepa non... de feito xa se chama capitulo final por iso, e creo e espero que asi sexa...

    A non ser que queiran volver a recaudar esta é a última!!

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...