Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

Mostrando entradas con la etiqueta O Señor da Xe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Señor da Xe. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de junio de 2012

Triloxía "Nihil Novum Sub Sole", parte III (e final): Debate aberto: O "stand by" do Señor da Xe

Como realmente esta serie de artigos foi concebida coma unha triloxía de cousas (realmente hobbyes do Sr. da Xe) que parecían non mostrarnos nada novo baixo o Sol (descubro inútilmente o significado do título) nunha serie de considerables e animosos debates; me dispoño a cerrala con maior ou menor acerto e decoro, coa obrigada seguinte cuestión, a cal é ao mesmo tempo a principal, ¿está o blog do Señor da Xe nas últimas?.
Recapitulando rápidamente, e recordando emocionado a orixe desta aventura cibernética, anhelando aqueles entusiasmados comezos nos que ata catro blogueiros (sempre no recordo o desaparecido, no ciberespazo soamente, Il Signore S) se esforzaban por traer á xente novos, interesantes e orixinais, ¿por que non?, artigos; sempre acompañado dos altibaixos (referentes á elaboración de material novo) propios da preguiza dominante no editor, pensador e responsable deste blog (eu), con, sexamos xenerosos, 10 seguidores en maior ou menor medida asiduos, ata chegar ao recente "stand by" intelectual (¿por que non? de novo) e creativo, no cal apenas conservamos 3 comentaristas. Que quede claro, esto non é unha obligación, no caso de que o número de comentarios baixen e queiramos buscar culpables, non temos máis que mirarnos a nós mesmos.
Non sei, a pesares de que esta terceira parte fose concebida para animar aquel receso ou cese de artigos publicados nun momento dado, e que pareza recuperada a ansia de antes neste administrador polos últimos títulos sacados á luz, e que quizais fosen demasiadas ambiciosas as miñas propias pretensións en canto a este sitio web (ben é certo que se un non se dá a coñecer malamente imos, aínda que tamén é verídico que houbo xente que entrou a comentar unha vez e non volveu, polo que seguramente o producto non haxa sido da suficiente calidade; bueno, me perdo...), ¿pode o Señor da Xe ser de novo un espazo, polo menos, máis visitado e comentado?, ¿vale a pena que a miña persoa intente aparecer máis a miudo con novos artigos?.

¿Vos que opinades?





O aciago

jueves, 24 de mayo de 2012

Crea a túa propia homenaxe ao Día das Letras Galegas


Vos poño en situación; a semana pasada, en plena preparación para o meu (espero) devandito exame se me ocurriu traervos este tipo de artigo, nun arranque de inspiración febril, para logo comezar un pouco a cuestionarme cal sería a razón pola cal quería publicar algo que sabía (intuía) non ía a ter o éxito esperado; e como a cotío, a mellor solución se atopa diantes das nosas ventas, e a pesares do retraso, aquí vai o meu pequeno homenaxe á figura á que se lle adica (adicou mellor dito) o recente 17 de maio, Día das Letras Galegas; unha homenaxe que desta vez non vou facer eu, senón que ides ser vós os encargados de outorgarllo ao escritor galego Valentín Paz Andrade.
Cando alá atrás se me dera por desenterrar antigos esqueletos que agochaba no meu armario "artístico-literario", e o que é peor, mostrárvolos, chegastes a pedirme que repetira a experiencia, que seguro o facía ben, e bla bla bla; entón, coa cabronería que me caracteriza fago que sexades vós os que vos exprimades o siso e mostredes ao mundo e en primicia no blog do Sr. da Xe as vosas creacións, e como vemos que dende a foto de cabeceira Valentín da a súa aprobación, arranca o concurso poético galego-castelán do Sr. da Xe.
¿Sode capaces de completar unha estrofa se eu vos agrego os primeiros versos?

Exemplo:
Perdido, sin ti estoy perdido.
Perdido en este enfermo mundo,
y en toda su oscuridad....
... Abocado al mal más fecundo,
que es la soledad.

¿Doádo non? O exemplo case o excusaba poñer...


"Ciego y sordo corazón,
no sé como no has aprendido nada....
...........
........."


"Cando as almas carezan de compaixón,
cando arredor todo perda a súa cor....
...........
........."


"Te crees dueño del aire,
y apenas dejas respirar....
...........
........."


"O amor non é real, é un engano,
dous cegos que xogan a facerse dano....
...........
........."






O lírico 

jueves, 13 de enero de 2011

Señor da Xe Academy Awards (2)

Xa que case todos mostramos as nosas opinións na edición anterior, ahí vai a obrigada segunda parte, que en principio atañerá a boas películas, aos "acertos" da Meca do Cine, esas películas que nunca refunfuñaríamos se nos dixeran de volver a vela...

¡¡¡Ladyes and gentlemans!!! voltamos cos premios do cine do Señor da Xe... redoble... letreiro de Paramount Pictures... ruxido dun león e comezamos... presentando esta nova gala o deslumbrante Señor da Xe, co seu esmoquín de 999 € (precio psicolóxico... xD) con remendos nas mangas... micrófono en man... e imos coas categorías...

Categorías:

- Premio á película menos aburrida e máis excitante: en definitiva, a película que máis veces virades...
NOTA: que a película sexa máis ou menos boa... eu vin mil veces 'Duro de matar' de Jackie Chan na televisión, ostia viva, ostia vai e ostia ven, e non a vou a poñer aquí... xD
Opinión do autor: 'American History X'; tendo en conta as dúas veces que o ano pasao a botaron por televisión e outra que a vin por iniciativa propia, hai dous anos tamén a botaran (creo), aínda que dá o mesmo xa que a vira con Segade no piso que incomprensiblemente nunca a vira; e tendo en conta tamén a indudable calidade deste filme, esta é a miña elección...

- Premio á mellor secuela ou á mellor adaptación: título que dá pereza explicar... xD
NOTA: unha 2º parte dunha película máis ou menos boa non será moi difícil de topar, pero se alguén topa unha secuela que saira das entrañas dun truñazo de aupa que pase polas oficinas do Señor da Xe ubicadas en lugar descoñecido para recoller o seu premio... xD
Opinión do autor: despois de pensalo un anaco, poñería 'El Padrino II' que seica é a mellor película da historia e mil veces mellor que a primeira, pero eu só vin a primeira (que tamén está de marabilla) pero non sei nada da secuela, asi que, e perdoneme Dios, paso da mellor secuela e digo que lle daría o premio á mellor adaptación a: 'El Señor de los Anillos'; si xa o sei, deixen de afiar os coitelos... eu lin os libros e sei do que falo, xD...

- Premio "que grata sorpresa": en contraposición á categoría da anterior edicción de peor película obrigada, a película que nunca darías un peso por ela e ao final da misma a piques estiveches por darte nos dentes polo simple feito de pensar en non vela (obrigada ou non)
Opinión do autor: 'Diarios de motocicleta'; si, unha peli do Che... cando vin o título e a sinapse pensei sinceramente que non me ía a gustar, pero que grata sorpresa ao acabar... Moi recomendable, por certo...

- Premio "joder, case me vou pola patilla": ¿alguén viu unha peli que de verdade lle dera medo ou fose algo boa?
Opinión do autor: 'La Maldición', antes de que a típica rapaza asiática cos pelos por diante dos ollos inundara todas e cada unha das pelis de terror (parecía que para que unha peli de terror dera verdadeiro terror había que incluír o cadáver dunha rapaza co cabelo moi longo que se arrastraba)... podería poñer 'El Exorcista', pero a verdade é que a vin cando a película levaba anos e anos sendo un mito do cine e non me asustou nada, entendo aos da época pero eu xa era maiorciño, xD...

- Premio (título a escoller, ver lenda ao final do artigo): ao vela lenda a categoría é doáda de entender, o que pasa é que aos homes nos mola facérnolos duros... xD
Opinión do autor: '¿Conoces a Joe Black?'; para min moi boa película e moi emotiva ao final, das que tes que aguantar se a foras a ver con xente ao cine... SOY DURO!! xD

- Premio ao mellor actor/actriz: categoría obligada tendo en conta a anterior edicción...
Opinión do autor: hai moitos (malos aínda hai máis... xD), e recordo que antes me gustaba moito Denzel Washington, pero xa cansa cos papeles de sempre... as miñas debilidades son: Brad Pitt e Charlize Theron... tamén me encanta Sean Penn... Morgan Freeman, De Niro, últimamente Leonardo DiCaprio, Johnny Depp (Nota: facendo papeles raros, en películas "normais" a min non me pega nin con cola) e deixovos algún para vos... xD

- Premio ao mellor director: ......, xD
Opinión do autor: para non poñer aos grandes grandes do negocio, Scorsese e compañía... Christopher Nolan, o cal nos últimos anos me parece un director a seguir, pero a miña elección é sen dúbida, Clint Eastwood, aínda non vin unha peli deste tipo que non me gustara...

- Premio á mellor película: a mellor película por antonomasia, a mellor película de todolos tempos, ¿sodes capaces de dar un título?
Opinión do autor: ¡eu non! pero á espera de vela segunda parte, a cal os entendidos din que é sen dúbida a mellor, eu digo 'El Padrino'.

Mencións especias:

-Premios á cabezonería-

- Premio "a capa e espada": esa película que todo quisqui aborrece e a ti che dá vergoña citar por medo a que te apaleen polo teu mal gusto ou polo simple feito de facer algo de deporte... Non te amilanes, defende a túa opinión... (oese un murmullo: ¿Crepusculo?... acompañado dunha serie de vareadas... xD)
Opinión do autor: 'Crash', a todos que lle preguntei a nadie lle gustou,, ou non lle parece tanta cousa, e a min me pareceu unha das mellores da miña vida...

- Premio "que queres que che diga, a min non...": supoño que teredes algún título que ofrecerme que goze da boa crítica e da aceptación unánime e xeral e que vos non o entendades posto que non vos gustou para nada...
Opinión do autor: 'Pulp Fiction'; está moi mitificada, pero eu non lle vin nada de nada... 'El Resplandor' por nombra outra, tendo en conta tamén o doblaxe que lle puxeron á versión española...

-Rápidas recomendacións rápidas-

- Unha de medo: 'Saw' (simplemente a primeira)
- Unha de acción (na xerga do Señor da Xe, unha de ostia viva): '300' (molanme as pelis do Zack Snyder este, xD)
- Un thriller: 'Origen'
- Unha comedia: 'La Cruda Realidad' (a única que me gustou deste xénero, xa que soen ser ou romanticonas ou de risa estúpida, esta é das primeiras ao final)
- Un drama: 'Salvador'

LENDA:
Versión femenina: Premio á película que me fixo chorar.
Versión masculina: Premio á película que, no caso de que os homes souperamos chorar, houbera chorado.
xD


O fastuoso

domingo, 9 de enero de 2011

De colleita propia... (arrasada por unha plaga de langostas)

Esto son retazos dunha falta de inspiración sen precedentes, froito dunha mente máis adolescente e infantiloide que hogaño; unha burda farsa, unha inflexible pantomima nun estéril intento por enganarse a un mesmo de que firmemente posuo un talento do que manifestamente non gozo, un exemplo de ridiculez, e o espectro dunha oda sen rima, nin ritmo, adicada a unha persoa anónima, irreal, imaxinaria e inexistente que nin tan sequera precisaba de tan toscas palabras de loa.
Non, non é un arranque de orixinalidade, é unha exaltación das miñas virtudes... xD
Foi plantar unha semente de temeridade e ordinariez, e isto foi o que saiu da colleita propia...

"Libérate de las formas,
quema las ataduras
y declara la libertad.
Olvida antiguos códigos morales errados.
Busca en tu interior la respuesta,
eres tu mejor consejera.
Grita al cielo
que no tienes miedo,
ni dueño.
Entrégate, en alma y cuerpo.
Rompe las cadenas que asfixian la dulce expresión de los sentimientos.
Regala besos a raudales.
Conoce tu destino,
y abrázalo con fuerza.
No anheles un paraíso,
tenlo presente.
Defiende tu legado.
Sé un ave brillante,
o un ángel aguerrido.
Aléjate de la niebla, la duda, el tedio y del falso cariño.
Aproxímate sin vacilar al edén,
a sonrisas esperanzadoras y a los gratificantes sueños.
Tiende tu mano.
Hazte compañera del amor,
e íntima del deseo.
Llena el vacío de tus suspiros...
Solo te pido,
guardiana de mis secretos,
resurge si caes
o sin ti estoy muerto..."


O silente

martes, 21 de diciembre de 2010

...


Non queremos que nadie atente contra o noso dereito de expresión, e de sempre a censura nos parece aberrante, por todo iso, e máis que nada porque este problema tamén me atañe a min...

¡¡¡NON AO PECHE DE PÁXINAS WEBS!!! ¡¡¡NON Á LEI SINDE!!! e sobre todo, ¡¡¡NON Á CENSURA!!!


O zaherido


Para máis información: red-sostenible.net

sábado, 20 de noviembre de 2010

1º Aniversario e Artigo Nº 100


Esperamos poder continuar por moitos anos máis...

¡¡ GRAZAS A TODOS !!


O rozagante

viernes, 5 de noviembre de 2010

Señor da Xe Academy Awards (1)

Nin Oscars, nin Razzies, nin ostias...

¡¡¡Ladyes and gentlemans!!! presentamos os premios do cine do Señor da Xe... redoble... letreiro de Paramount Pictures... ruxido dun león e comezamos...

Nesta primeira edición vamos a dar unha serie de premios "especiais" a aquelas aberracións do séptimo arte, auténticos crímenes perpretados por uns desalmados directores, "truñacos" con maiúsculas, atentados á tódalas regras do bo gusto, do estilo e en definitiva, do bo cine...

Sen máis dilación os Anti-Oscars do Señor da Xe...

Categorías:

- Premio á película "somnífero": creo que o título é bastante claro e revelador... xD
Opinión do autor: 'Passengers'; perdín a conta das veces que me quedei durmido vendo esa película, eso que non dura demasiado... e eso que a chati que saía estaba de bo ver... xD

- Premio á peor secuela ou á peor adaptación: din que segundas partes nunca foron boas, e abofé que aquí o imos a desmostrar, xD...
Opinión do autor: 'Batman y Robin'; non sei se é certamente unha secuela, pero forma parte dunha serie ou saga sobre este personaxe... infumable, prescindible e insufrible. Clooney de superheroe e Arnold Schwarzenegger de malo malísimo. Bienaventurados sodes se non a vistes...

- Premio "ay dios, a que se aveciña...": esas películas que vas ver ao cine ou "disfrutas" na casa e ao pouco te enteras de que vai a haber máis partes...
Opinión do autor: ¡non home! Crepúsculo sería moi previsible... 'La Herencia Valdemar'; non me chegaba o momento de levantarme da sala e botarme fóra de alí, temeroso de que ao esperar aos créditos me ía a enterar que van facer unha segunda parte (polo menos). Dichosos los ojos... xD

- Premio "esta creo que xa a vin": en clara referencia a esas películas que aos 5 minutos xa sabes como vai a rematar. Tamén podería chamárselle a esta categoría "Premio á película coa trama máis insípida da historia"
Opinión do autor: ía poñer calquera película de acción ou mismamente calquera comedia romanticona das que sobran na historia do cine, asi que direi... 'Ultimátum a la Tierra'; joer que se sabe de sobra que Keanu Reeves vai palmar...

- Premio á peor película obligada: se fustes obrigados a ver unha película, que a vós xa vos daba no corpo que ía ser unha p.... merda, e que aínda así a ollastes... esa película entra dentro desta categoría.
Opinión do autor: 'Sky High: Escuela de altos vuelos'; o culpable de que eu fora a ver esta película aínda sigue vivo... de feito me están entrando unhas olvidadas e repentinas ansias de matar... xD

- Premio á película interminable: outro título máis que claro...
Opinión do autor: 'Lost In Translation'; case morro de felicidade cando acabou...

- Premio á película de terror máis graciosa: ¿teño que explicar esta categoría tamén? xD
Opinión do autor: 'Km. 31', nunca unha película de medo me fixo tanta gracia, penosa...

- Premio ao peor actor/actriz: para non ser moi crueles, englobamos os dous sexos na mesma categoría (por iso da igualdade e tal... xD). Actores e actrices que algún día tiveron a terrible idea de meterse á interpretación...
Opinión do autor: Chuck, Van Damme, Seagal, o Chuache, Stallone... son incapaz de escoller...

- Premio á peor película: aínda que sexa a categoría co título máis normaliño, refírome a eses filmes nos que durante os seu transcurso pensastes repetidas veces en arrincarvos os ollos e chegastes a envidiar ao invidente que vende cupóns na esquina... ese "truñazo" con maiúsculas que nunca poderemos olvidar...
Opinión do autor: 'Campo de Batalla: la Tierra', creo non haber visto cousa peor, ademáis de 'Crepúsculo' e tódalas secuelas habidas e por haber (si, non o puiden evitar...xD). Sintoo pero non a soporto, polo que non vou comentar nada máis ao respecto.

NOTA DO AUTOR: sinto a pouca imaxinación na miña elección, prometo en futuros comentarios ampliar as miñas opinións en cada categoría, asi como corroborar ou opoñerme ás vosas... xD
Por certo, podiades poñer máis dun exemplo por categoría (se non é moito pedir)

Aquí quedan os meus pecados ao descuberto, veña ensañádevos con ganas...


O polemista

lunes, 27 de septiembre de 2010

10.000 grazas


Moitas grazas a todos por me permitir e me axudar a acadar esta impresionante cifra.

En primeiro lugar (coma sempre) mencionar aos dous blogueiros aínda en funcións (e case os únicos que aínda se pasan a comentar): Señor da Z, ArreDemo, moitas grazas por acompañar a este servidor nesta aventura, incluso na hercúlea labor de comentar todos e cada un dos nosos artigos.

Ao mesmo tempo, este blog ten unha débeda enorme con outras persoas que aínda parecen seguir este espazo: a María, por eses tardíos pero (no meu caso) encantadores comentarios; a Natalia, polo esforzo demostrado, ademáis de polo feito de comentar ata os artigos máis antigos e esquecidos; e a Miguel, por aparecer... (aínda que últimamente estea desaparecido en combate, xD)

O recoñecemento non sería completo sen dar as grazas a todos aqueles que algunha vez se pasaron por este blog deixando instalada para sempre a súa pegada: Migui (o cal parecía que chegaría a converterse nun comentarista asiduo...), Jasoil, Marta, Oveyató, Phyteas... e coma sempre, aos anónimos sen identificar... xD

Por último, mención especial para o recordado Signore "S"...

Co desexo de que os seguidores vaian a máis...

O (im)perfecto

miércoles, 28 de abril de 2010

Grazas

Nada, simplemente agradecer aos blogueiros (tanto femeninos coma aqueles que cesaron as súas actividades blogueiras, ¿por qué Signore?; pasando polo Señor da Z) e aos demáis visitantes/comentaristas/opinadores/compañeiros e amigos que nos últimos días se preocuparon pola miña saúde e polo estado dun dos meus membros inferiores.

Moitísimas grazas por preocuparvos!!! non facía falla...


O descalabrado

martes, 22 de diciembre de 2009

Agradecementos


Moitísimas grazas por axudarme a acadar as primeiras mil visitas no blog do Señor da Xe.
Isto non sería posible sen a inestimable axuda do Señor da Z, culto e atento como poucos; moitas grazas ao noso amigo "italiano" Il Signore "S", por esas críticas e axudas na personalización da páxina; agradecerlle á bloguera ArreDemoo por darlle un toque fiminino ao blog.
Ademáis esto non sería real nin palpable sen os comentarios e sen a presenza de outros amigos na rede, e sobre todos aos seus comentarios: María, por sempre aparecer por aquí; Miguel, por ese comentario tan..... "conciso", Natalia, e a algún que outro anónimo que haxa por ahí...
Creo que non me olvido a nadie (tampouco hai tantos para que non se dea un acordado deles), senón pido sendas desculpas.
Esperemos que esto vaia a máis!!
Moitas grazas de novo.
O ¿emocionado? Señor da Xe

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Biografía NON OFICIAL dun grupo...

Eran únicos. O que conseguiron e fixeron (e desfixeron) Tisiqueeschino escápase a toda posible comprensión lóxica. Un grupo tocado por algún tipo de inspiración divina, que pareu unha das discografías más magnánimas e sorprendentes que poidan atoparse (unha pequena maqueta de apenas 4 cancións), deixaron innumerables mostras e pegadas de rock ao longo da historia que moitos outros grupos devecen por toparen algún día. Eran A BANDA. Arte, arte e máis arte. Unha obra mestra de indescriptible talento. Porque iso é o que había en Tisiqueeschino, feeling a raudais e toneladas de talento. ¿Pero como puido ser o éxito tan fugaz? ¿É posibel que toda esa maxia desapareza do día pa noite sen deixar rastro algún?
Vaiamos por pasos: Tisiqueeschino era un sólido bloque formado por dous xigantes, un inconmensurable músico como DR (*) encargado do ritmo, un auténtico mastodonte coa súa batería de orixe descoñecido Baffin, é un mago das seis cordas, coa súa mítica Gibson Tipo SG de cor negra, HdT, ambos crearon una serie (catro) xoias imperecedeiras, cancións atemporais, nun máxico ambiente de impoluta mestría.
E é que a veces na vida ocurren accidentes e feitos inesperados que sen embargo cambian radicalmente o curso da historia. E se tal vez HdT non houbera perdido as xemas dos dedos dunha man o quedárenlle trancados nunha máquina de facer chourizos, este nunca houbera desenrolado ese estilo pétreo, rotundo e pesado que sentaría a primeira pedra sobre a que se edificaría o novo xénero do Cutre Rock.
"Nese momento afundínme, pensei que ese feito acabaría coa miña ilusión de ser un gran guitarrista. Víñame o mundo encima, incluso pensei que non podería volver a “consolarme”, declara HdT.

Gibson Tipo SG


A forza deste monstro levouno a superar dita adversidade, e xunto cun compañeiro do instituto, un lacazán e un preguiceiro, que ocultaba un talento só comparable co do guitarrista, DR, deciden montar Tisiqueeschino, e grazas a Deus!! que grandes momentos nos ian a brindar…
O éxito chegoulles moi pronto, o seu single homónimo Tisiqueeschino (dividido en dúas partes) logrou acadar elevadas cotas de popularidade e alzandoos aos primeiros postos nas listas das principias radios independentes de Silleda e Breixa, fama que non conseguirían con traballos posteriores: Tisiqueesjapo, era un obra moi ambiciosa, un traballo complexo que non foi entendido pola gran maioría do público rockeiro; e Tisiqueesaristarco, foi unha volta de torca “excesiva”, ao abandoar o Cutre Rock por un Punk delirante e falto de ritmo, feito polo que os máis “puristas” seguidores da banda os “agasallaron” co número máis baixo de vendas en toda a súa historia.
"Non entendemos a pouca acollida de Tisiqueesaristarco, non é que a música non cadre, é que non houbo ningunha persoa no mundo capaz de asimilar a extensa cantidade de matices que recolle o que para nós é a mellor canción da nosa carreira", coinciden ambos nunha entrevista no 97.
Os integrantes nunha entrevista no ano 97
Sen entrar a debatir a excelsa calidade do seu primer e único traballo (neste punto collen todo tipo de opinións), nadie consegue entender como este fantástico dúo pasou de estar na cima do mundo para emprender un debacle de titánicas proporcións.
"Tiñámolo todo: fama, cartos, mulleres e sobre todo…drogas e alcol. Eramos os putos amos. Deixamos de pensar en calqueira cousa que tivera que ver co grupo e coa música. Non queríamos seguir facendo boas cancións só pensabamos en cal ía ser a seguinte sustancia que iamos a esnifar e meternos polas fosas nasais", declara DR, nun confuso estado.
Numerosos problemas internos, a falta de acordo entre os integrantes, a eterna presenza de sustancias estupefacientes (HdT non se quedaba atrás, pero DR tiña un serio problema coa fariña, e non precisamente coa de cociñar, inda que as "boas" linguas sempre coincidiron en que era un gran cociñeiro) ou a mala infuencia do seu cámara, “pipa oficial” e representante AF, do que se decía que era o que lles pasaba sempre puntualmente “os mellores productos” fixeron que a innegable inspiración deste dúo silledense quedaran nun punto morto, un fatídico vacío deseoso, anhelante e ansioso de volver a encherse do mellor Cutre Rock, do que foron creadores.
"DR volvíase tolo, non tiña outra cousa na cabeza máis que emborracharse e meterse de todo, eu non o podía soportar. Existían momentos que o tipo ía tan pasado que me propoñía un cambio de rumbo para a banda hacia o Pop dos Canto do Tolo e dos que él chamaba, “a nova revelación do rock” Pereza. Eu iso non o podía deixar pasar", declara contundente HdT
"Él obligábame (referíndose a HdT), decíame: Ei, tío, metémonos unhas raias e despois poñemonos a ensaiar, e cando me aniñaba pa esnifar el gardaba a súa parte toda nunha bolsiña que despois vendía á saída. E por riba, a droga traiaa eu!!!", afirma DR
Namentres sigan estes malentendidos, o grupo seguirá cavando o seu propio nicho de morte para o monstro que eles mesmos crearon, que a pesares dos continuos rumores de volta, espera furioso e famento a súa resurrección.

(*) O nome dos diferentes personaxes deste relato permanecerán no máis inmaculado anonimato debido ao asfixiante e abrumador efecto fan que leva toda a vida acompañando a estas estrelas da música.

Para coñecer máis sobre Tisiqueeschino, no Youtube: Tisiqueeschino (Parte 1 e 2), Tisiqueesjapo, Tisiqueesaristarco.

[Sobre o Rock] Nunca morrerá. Cando arroxen todas as bombas quizás haxa algunha cucaracha tocando un "fraseo" nalgún lugar.

O docto Señor da Xe

viernes, 20 de noviembre de 2009

Un artigo de benvida


Boas!!
Esta é unha noite fría coma poucas e tan escura que "non se ve un burro a dous pasos", topábame eu, triste e azul, cando se me ocurreu dun xeito moi ilarante crear un blog para tocar as partes pudentas e fomentar a lectura duns poucos (se os hai).
Darvos a benvida a este rincón apartado do bo gusto e da inspiración e agradecervos os vosos futuros e seguramente "interesantes" (¿?) comentarios (se os hai)
Otrosí digo que ese Señor da Z me parece unha persoa do máis desagradable.
Ahi queda eso...

Agarimosamente, o Señor da Xe

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...