Moitas grazas a todos por me permitir e me axudar a acadar esta impresionante cifra.
En primeiro lugar (coma sempre) mencionar aos dous blogueiros aínda en funcións (e case os únicos que aínda se pasan a comentar): Señor da Z, ArreDemo, moitas grazas por acompañar a este servidor nesta aventura, incluso na hercúlea labor de comentar todos e cada un dos nosos artigos.
Ao mesmo tempo, este blog ten unha débeda enorme con outras persoas que aínda parecen seguir este espazo: a María, por eses tardíos pero (no meu caso) encantadores comentarios; a Natalia, polo esforzo demostrado, ademáis de polo feito de comentar ata os artigos máis antigos e esquecidos; e a Miguel, por aparecer... (aínda que últimamente estea desaparecido en combate, xD)
O recoñecemento non sería completo sen dar as grazas a todos aqueles que algunha vez se pasaron por este blog deixando instalada para sempre a súa pegada: Migui (o cal parecía que chegaría a converterse nun comentarista asiduo...), Jasoil, Marta, Oveyató, Phyteas... e coma sempre, aos anónimos sen identificar... xD
Por último, mención especial para o recordado Signore "S"...

Co desexo de que os seguidores vaian a máis...
Grazas tamen para min mesmo posto que o chirimbolo ese de mais arriba conta como visitas cando eu estou a realizar artigos, comentando ou cambiando cousas... xD
ResponderEliminarDe novo grazas para todos aqueles ultimos superviventes que ainda seguen a comentar... Se non o fixerades me temo que esto non seguiria adiante!!! xD
ResponderEliminarnon tiñas artigos en mente non??
ResponderEliminarque pretencioso este da xe....
Jeje esto que é?? Un ensaio pos oscar!!!
ResponderEliminarDe nada home!! Todo sea por terte de bo humor jeje...
Así me gusta!!! Que o novo consello sexa agradecido cos seus asiduos comentaristas!! Jajaja
ResponderEliminarE pola parte que me toca, iso de "esforzo demostrado" eu non o considero tal, pero non repetirei o que xa dixen sobre o mérito que me ten as persoas que mantedes un blog.
Simplemente noraboa por esas visitas e que sexan moitas máis!!!!
O do esforzo demostrado vense referido ao feito de que vostede creo recordar que a pesares de ser a última en chegar fixo o esforzo de comentar os artigos máis antigos dos outros dous blogs (se non me engano no meu non, xD)
ResponderEliminarPor certo, e seu irmao?? que parecia que ia aparecer por aqui máis a miúdo?? xD
Teño que volvelo corrixir, só comentei os artigos máis antigos do blog do Señor da Z, o de Arredemo e o seu non, aínda que non o descarto xD O caso é que o fixen nun tempo que este mundo blogueiro estaba moi parado en canto a novidades, eu tiña ganas de ler artigos e comentar así que déuseme polos artigos máis antigos.
ResponderEliminarEn canto ao meu irmán... mea culpa, cando comentou aquela vez fíxoo dende o meu portátil, a min non me acordou de darlle a dirección da páxina (aínda que el tampouco ma preguntou) pero erro solucionado. Agora se comenta ou non será cousa del e non porque o poña diante da pantalla a ver vídeos e escoitar cancións xD
De nada. Noraboa por ter o blog máis visitado. xD. outros temos menos éxito. jeje.
ResponderEliminar