O 3-D está de moda, e a adaptación cinematográfica da saga de videoxogos "Resident Evil" creada en 1996 pola mítica Capcom apúntase á mesma, para así sacar un diñeiriño extra aos espectadores.
Nós, máis austeros e comedidos, fumos a vela nas dúas dimensións de toda a vida.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!
A primeira desta saga de zombies (xa se fixeron un total de catro sobre estes videoxogos) e a que nos ocupa neste artigo comparten director, Paul W. S. Anderson (director de outras pelis de acción máis ou menos coñecidas). A serbia-ucraniana Milla Jovovich volve a repetir o papel protagonista con respecto as anteriores adaptacións, Ali Larter (Obsesionada, Destino Final 2) repite con respecto á terceira parte (Resident Evil: Extinción), completando o cadro de reparto máis salientable, Wentworth Miller (da famosa Prison Break).
A sinapse é a que sigue: Alice (Milla Jovovich) continúa a súa viaxe na procura de supervivintes nun mundo arrasado por un virus que transforma aos humanos en non-mortos (o virus T). Así como a súa loita contra a Corporación Umbrella, responsable de expandir o susodito virus polo planeta. Tras meses sen atopar vida humana algunha, volve a encontrase con Claire Redfield (Ali Larter). De camiño hacia un refuxio seguro, crúzanse con máis supervivintes, e xuntos, fuxirán das hordas de mortos vivintes para acadar o ansiado destino, un lugar sen infección: Arcadia.
Conclusións: non é que a película sexa mala, simplemente é simple, valga a redundancia. A trama da mesma redúcese ao citado na sinapse e pouco máis: Alice chega onda os supervivintes, extranamente os zombies xusto ese día conseguen entrar ao edificio/refuxio/o que sexa onde están os tipiños, e líanse a tiros, ostias e fantasmadas varias cos zombies tentando fuxir cara o supostamente lugar seguro, tendo en conta a presenza de algún que outro bicharraco amorfo e aberrante, que claro está, aparece da nada; para darlle un pouco de diversidade á peli e tamén ter contentos aos fans da saga (eu non son un entendido, pero o bicho que sae nesta supoño que aparecerá nalgún dos numerosos xogos que hai).
Outro "cliché" destas filmes de acción son os personaxes, que máis que persoas normais son superheroes. Tanta flipadura réstalle emoción ao tema (os actores serán capaces de todo, incluso de salir indemnes dun accidente aéreo con explosión innegablemente mortal para calquera incluída, mentres que os secundarios caen como moscas cando aínda non tiveches tempo nin de facerte coas súas caras). Tamén é reseñable que as féminas parezan recien saídas dun salón de beleza cando están a sufrir unha apocalipse zombie (habería que contextualizar e caracterizar un pouco mellor aos personaxes, vale si... a roupa axustada mola pero non cadra, xD). Máis "clichés": o chamado "bullet-time" ou tempo bala, patadas e saltos imposibles, balas que se esquivan, o recorrido da cámara por unha escea en pausa, liortas donde os peores parados son as columnas e as paredes (que acaban as pobres.... xD) moi ao Matrix (se ata o malo leva gafas de sol escuras ao estilo do Axente Smith, xD).
Agora ben, o producto é entretido,a pesares dos escasos 80 minutos de duración. Por este motivo, dá a sensación de ser unha especie de preludio para unha nova triloxía, desta vez en tres dimensións, eso sí, máis cara (polo menos para os espectadores)
Detalles perturbadores da película (PRECAUCIÓN SPOILERS) subraiar co rato: ou incoherencias do guión. Por exemplo, o caso da bomba no avión do malo malísimo. Coa cantidade de aparatos voadores que aparecen en escea, ¿como é Alice capaz de adiviñar cal é o que vai a coller o seu nemesis?. Outro exemplo inquietante: se en verdade quedan pouco humanos libres de infección, deben traballar todos para a Corporación Umbrella, posto que mira que non cesan de aparecer. E iso contando tamén a infinidade de bases secretas e laboratorios que esta ten esparcidos polo mundo adiante.
Valoración final: como acostumo a decir nestes casos, unha película moi apropiada para pasar un bo rato...
O mellor: non haber gastado dez euros por ver esta película en 3-D.
O peor: volvome a preguntar, ¿cando unha peli de acción mostrará algo realmente orixinal?

Non mo podo creer, a primeira en comentar un artigo!!!
ResponderEliminarA min gustaronme moitisimo mais as 3 primeiras entregas, sobre todo a I e a II, a partir de ahi xa foi estirar a goma excesivamente sobre todo esta última.. A min ke conste ke me gustou, é entretida pero tiña gana de ver o final e ainda non foi desta!!
E bastante fantasma nas esceas de acción e bastante pesada ca corporación pero Milla Jovovich encantame nesta peli e haberá ke ver a proxima...
INAGURADO!!!!!!!! jeje
O primeiro: eu a peli non a vin (nin esta nin as anteriores, nin sei cantas partes hai), e a verdade que non o teño pensado tampouco. Pero o caso é que quería comentar algo e o recadriño da dereita resúltame escaso para o que quero escribir, e é en referencia ao comunicado xD
ResponderEliminarEstá moi ben o dos novos cambios, todo o que sexa mellorar é positivo. Pero tamén me gustaría decir que persoalmente me gustaba moito como era este blog e espero que non se note demasiado ese cambio de grupo de dirección. Máis que nada porque despois dun ano (e case 10000 visitas, mima!!! xD) xa se ten unha idea xeral de como é o blog.
Celebro a permanencia dos artigos de cine e dos Discos Imprescindibles, son dúas seccións que me encantan. Alégrome da maior atención a temas da Historia por exemplo, pero o da música... creo que non se debería deixar de lado, é a miña opinión. Despois botaríanse de menos esa temática nos artigos xa que é moi característica deste blog. Pero bueno, eso só queda nas mans dos novos accionistas xD
Moita sorte nesta "nova" andaina :)
NOTA OFICIAL:
ResponderEliminarEn vistas á carta recibida, permítanos Srta. Natalia que lles respondamos do mesmo xeito que vostede fixo chegar a súa misiva a este departamento.
Celebramos enormemente a atención e o seguimento, asi como o disfrute, do que vostede parece gozar con este espazo. Nada máis lonxe do noso obxectivo.
En canto ás súas dúbidas, este Consello cree necesario crear un maior equilibrio entre os distintos temas dos artigos, xa que como vostede podería comprobar na nube de etiquetas ou mesmo no caderno de bitácora deste blog, a meirande parte dos artigos son de música. Descoide que non esqueceremos ese tema, posto que este novo Consello de Administración e o seu presidente á cabeza son rockeiros entusiastas.
Recibe os nosos saúdos e os nosos agradecementos por seguirnos.
Asdo.
O Departamento de Comunicación do Señor da Xe