A verdade é que este último venres das persoas que me acompañaban cando fumos a ver esta película ao cine non creo que nadie comente este artigo, ou ben porque xa hai "milenios" que non pasan por aquí e outros que a pesar da miña insistencia para que visiten este espazo nunca deixaron constancia dos seus comentarios; pero bueno, me aburría e me apetecía volver a facer un artigo desta sección...
¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!
...E xa van 3!! No inquebrantable "hobbie" de Hollywood de crear (e posteriormente explotar) franquicias de cine, tempo tardaron en facer o que mellor saben con esta en particular. Primeiro foi 'Los padres de ella', logo do éxito colleitado, a obrigada segunda parte (con título totalmente intuitivo), 'Los padres de él'...¿e agora?: 'Ahora los padres son ellos'.
[Todo isto é para deixar constancia da "orixinalidade" dos títulos, e sobre todo das respectivas traduccións dos mesmos nos distintos países (que a veces manda truco...) que a miúdo gustan de brindarnos dende a Meca do Cine]
Esta última parte (eso espero, xa que despois de pensalo un anaco tampouco sabería que título lle ían poñer: 'Los padres de él y los padres de ella están muertos y ahora ellos son abuelos'... non sei, non ten saída comercial, me parece... xD) é "obra" dun tal Paul Weitz (que tras unha breve ollada das súas pelis e xa que falamos de franquicias de Hollywood é tamén director dunha tal 'American Pie', da que non entendo que sigan a sacar partes... pequena visita na rede e descubro que xa van... redoble... oito!!! eso si, sacadas directamente en dvd) do cal non teño nada que comentar (as dúas precuelas comparten director, pero descoñezo o motivo polo cal non o é tamén desta terceira)
A sinapse é a de sempre, a mesma da das outras, Greg Focker, en España, Greg Foller (Ben Stiller) segue a enfrontarse aos enormes atrancos que o seu sogro Jack Byrnes (Robert de Niro) segue a poñer á relación do primeiro coa súa filla. O resto do plantel o completan: Jessica Alba, Owen Wilson (o cal non me fai nin chista de graza... non sei porque lle teño tanta "tirria" a este tipo... é pésimo. xD), Dustin Hoffman e Bárbra Streisand, entre outros...
Conclusións: os adxectivos predecible e simple viñan ao pelo nesta crítica, pero sendo benevolentes, vou a confesar que un par de risotadas aínda se me escaparon; a verdade sea dita grazas únicamente aos veteranos actores do reparto: De Niro (un pedazo de actor), o cal o teño visto nalgunha outra comedia, me gustou sempre nesta "triloxía", demostrando o que é, un actor completo e cunhas interpretacións moi moi dignas de mención (home non, non lle imos a dar un Óscar por esta interpretación... xD) e Hoffman (que parece que se lle dá ben iso de facelo ridículo, tamén tremendamente divertido... xD). O dito, para min, as "vellas glorias" salvan a película, que si, é entretida, pero a peor das tres que se fixeron (tamén se pode escoller o malo entre o peor, ¿non?). O caso de Ben Stiller é máis doado de explicar: só vale para esto, para as comedias familiares...
Remato ás miñas conclusións dicindo que se este "producto" cobrou vida se debe a esa recurrente aficción que Hollywood tivo sempre de explotar ata a saciedade títulos de éxito, sempre independentemente da súa calidade (tanto interpretativa como de producción).
Valoración final: ao anterior párrafo me remito, entretida pero innecesaria terceira parte...
O mellor: que a película é máis do mesmo...
O peor: que a película é máis do mesmo...

Cun poucO de sorte, exceptuando a María e Miguel que a viron comigo (que xa non aparecen por aquí) e Segade, que o teño ameazado (e él prometido) para que comente nestes blogs, que non creo comenten nada, hai xente que a veu e quere comentar algo... xD
ResponderEliminarnon a verei. xa comentei!
ResponderEliminar