Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

Mostrando entradas con la etiqueta *Os máis grandes.... Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta *Os máis grandes.... Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de mayo de 2011

30 de Maio: Día de Ronnie James Dio

Aínda está presente...



O eloxiable

lunes, 14 de febrero de 2011

Duplas de ouro

Un artigo simple cunha simple cuestión... xD

¿Cal é a mellor parella vocalista-guitarrista da historia do Rock?

1. Ian Gillan e Ritchie Blackmore (DEEP PURPLE)

2. Joey Ramone e Johnny Ramone (THE RAMONES)

3. Roger Daltrey e Pete Townshend (THE WHO)

4. Bono e The Edge (U2)

5. Mick Jagger e Keith Richards (THE ROLLING STONES)

6. Steven Tyler e Joe Perry (AEROSMITH)

7. James Hetfield e Kirk Hammett (METALLICA)

8. Ozzy Osbourne e Randy Rhoads (OZZY OSBOURNE)

9. Brian Johnson e Angus Young (AC/DC)

10. Axl Rose e Slash (GUNS N' ROSES)

11. Freddie Mercury e Brian May (QUEEN)

12. Robert Plant e Jimmy Page (LED ZEPPELIN)

"Semper Paratus", o

martes, 8 de febrero de 2011

Outro dos grandes que se vai...

O guitarrista británico Gary Moore apareceu morto este domingo na súa habitación de hotel en Estepona (Málaga) aos 58 anos de idade. Outro dos grandes que se vai, unha figura do blues, un virtuoso considerado dos mellores guitarristas de todolos tempos, que formara parte da mítica banda de Rock, Thin Lizzy.
Éxitos do talle de "Over The Hills And Far Away", "Out In The Fields", "Wild Frontier" ou "Still Got The Blues" quedan para a posteridade...


¡Requiescat In Pace!


O pesaroso

lunes, 31 de mayo de 2010

A lenda de Dio...

Onte, domingo 30 de maio tivo lugar o funeral público do tristemente falecido Ronnie James Dio...
Como era de esperar, xa se están xestando discos tributo a Ronnie James Dio (e seguro que virán moitos máis) así como numerosos concertos de homenaxe, e isto todo intercalado cos milleiros de tributos, concertos e cancións adicadas a este pequeno gran home que todalas bandas de rock e metal do planeta realizan cada día (eu xúrovos que estiven vendo un pouco e hai un cento)
Tamén vos informo de que o ayuntamiento dos Ánxeles declarou o día 30 de maio como Día de Ronnie James Dio.

A lenda de Dio acaba de comezar...

¡¡Longa vida a Dio!!

lunes, 17 de mayo de 2010

Ata sempre, Dio


Non puido ser, despois dunha loita de seis meses contra ao final venceu o "dragón" e Ronnie James Dio (1942-2010) faleceu onte, 16 de Maio, vítima dun cáncer de estómago. Este pequeno gran home deleitounos cos seus últimos shows na xira de Heaven And Hell o pasado ano.
Foi entonces cando lle diagnosticaron a fatal enfermidade e tivo que retirarse dos escenarios temporalmente, sempre coa convicción de que podería librarse e gañar esa dura batalla.
A muller de Dio publicou o seguinte comunicado na páxina web do cantante:
“Hoy mi corazón se ha roto. Ronnie dejó de existir a las 7:45 de la mañana de este 16 de mayo. Muchos, muchos amigos y familiares pudieron darle el adiós en privado antes de que falleciera tranquilamente. Ronnie sabía cuán amado era por tantas personas, por ello valoramos el amor y el apoyo que todos ustedes nos han dado. Por favor dennos algunos días de privacidad para lidiar con la terrible pérdida que hemos sufrido. Por favor, sepan que él los quería a todos y que su música nos acompañará para siempre.
Wendy Dio”
Ronnie James Dio (de nome real Ronald James Padavona) foi un gran cantante do heavy metal acadando gran fama en grandes grupos como Elf, Rainbow, Dio, Black Sabbath e Heaven And Hell (reunión de antigos membros de Black Sabbath):

Con Elf:


Con Rainbow:


Con Dio:


Con Black Sabbath:


Con Heaven And Hell:




Xa eres inmortal Dio!!!
O magnífico

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Mulleres no Rock

A raíz do último artigo sobre vocalistas do mundo do Rock, ocurreuseme que tamén se merece un sitio para recordar no Rock o xénero femenino.
Xeralmente e tradicionalmente, o mundo do Rock é principalmente masculino e seguramente nun principio tremendamente machista, pero quero deixar constancia de que as mulleres tamén conseguiron moito nesta música, e se cabe con maior mérito, posto que as trabas deberon ser maiores dende un principio.
Ademáis o Señor da Xe aboga pola igualdade de xéneros!!

Comezo cos que eu penso que son os grupos compostos íntegramente por mullerer máis coñecidos: e non, non teñen nada que envidiar aos grupos formados por homes...

> Vixen: banda estadounidense de hard rock que tivo o seu maior éxito a finais dos 80's e a principios dos 90's.


> Girlschool: banda británica de heavy metal, originarias do movemento NWOBHM nos 80's (New Wave Of British Heavy Metal, a nova ola do heavy metal británico; con outros grupos "pouco recoñecidos" como Iron Maiden, Judas Priest, Saxon, etc). Foron teloneras de Motörhead na xira do seu disco "Overkill"


> Heart: banda canadiense de Rock composta por dúas irmáns, iconos do hard rock, Ann Wilson e Nancy Lamoreaux, formada nos anos 70's.


Mencionar tamén: The Runaways (con Joan Jett á cabeza da que falaremos máis abaixo)...

Tamén hai numerosos exemplos de vocalistas femininos:

> Janis Joplin (1943-1970): cantante de rock e blues caracterizada pola súa voz e o seu espirito rebelde. Icono feminino por antonomasia na música rock.


> Doro Pesch (1964-...): antiga cantante do grupo heavy metal Warlock, unha das primeiras cantantes de metal dos anos 80, cando os homes dominaban este tipo de música.


> Joan Jett (1958-...): cantante e guitarrista, unha das figuras femininas máis importantes da música rock, e considerada unha das 100 mellores guitarristas da historia do Rock.


> Tarja Turunen (1977-...): ex-vocalista e fundadora da coñecida banda Nightwish e unha das máis coñecidas no xénero.



> Angela Gossow (1974-...): vocalista da banda sueca de death metal melódico Arch Enemy. A súa voz non vos deixará indiferente...


> Cristina Scabbia (1972-...): cantante italiana do grupo de metal gótico Lacuna Coil.


Grupos donde hai ao menos unha integrante muller. Hai varios e coñecidos:
- Pixies (baixista Kim Deal),
- Pretenders (cantante y guitarrista Chrissie Hynde),
- Talking Heads (baixista Martina Weymouth),
- Blondie (cantante Deborah Harry),
- The Long Blondes (hai tres integrantes femeninas que tocan instrumentos),
- The White Stripes (baterista Meg White)
- Sonic Youth (baixista e guitarrista Kim Gordon)
- Smashing Pumplins (baixista D'arcy Wretzky)
- Big Brother & The Holding Company (cantante Janis Joplin [RIP])
- Jefferson Airplane (cantante Grace Slick)
- Siouxsie & The Banshees (cantante Siouxsie Sioux)
- Belle & Sebastian (Isobell Campbell cantante e cellista; Sarah Martin violinista)
- Stereolab (Mary Hansen [RIP] cantante e guitarrista; Lætitia Sadier tecladista, guitarrista e cantante)
- Fleetwood Mac (Stevie Nicks cantante; Christine McVie cantante e pianista)
- Portishead (Beth Gibbons cantante)
- Gong (Gilli Smyth cantante)
- Evanescence (Amy Lee cantante, o grupo é unha merda, pero a tipa ten unha voz bonita)
- Within Temptation (Sharon Den Adel cantante)
- Numerosos grupos de metal gótico: Épica, After Forever, Sirenia....
O grandioso Señor da Xe

lunes, 21 de diciembre de 2009

Grandes vocalistas da historia...

Última parte dos máis grandes...
Neste caso poño unha lista de grandes voces do Rock (humildemente aportados por min), ou que a min me gustan, posto que non teño madeira de crítico (seguramente debido a unha falta grave de obxectividade, xD)

>Freddie Mercury (1946-1991): dise que tiña unha malformación na gorxa, e que sen esa doenza houbera tido un rexistro de voz aínda máis alto. A súa voz e a súa presenza escénica son inigualables.


> Robert Plant (1948-...): o cantante de Led Zeppelin, cunha poderosa voz e un alto rexistro de vocal, aínda que en directo fose bastante proclive a soltar chillidos sen sentido, considerado un dos mellores vocalistas de toda a historia do Rock.


> Roger Daltrey (1944-...): membro fundador e voz principal do conxunto The Who, abstemio e contrario ao consumo de drogas, é unha das voces máis recoñecidas da música Rock.

(da película "Tommy")

> Ian Gillan (1945-...): voz da banda Deep Purple, considerado un dos cantantes máis destacados e influíntes da historia do Rock, pois posuía nos seus comezos un rango de voz moi extenso, no cal se movía sen aparente esforzo e con moita precisión nos rexistros máis altos.

("Child In Time", boa mostra da calidade deste frontman)

> Bruce Springsteen (1940-...): "o xefe", gran cantante, un artista con moita carisma e un poeta da rúa que pon a voz e a rabia ás inxustizas da vida e da sociedade.


> Bon Scott (1946-1980): cantante de Rock coñecido por ser membro e a "peculiar" voz do grupo australiano AC/DC desde o ano 1974 ata a súa tráxica morte.

("Love Song", si!! AC/DC ten unha balada...)

> Ronnie James "DIO" (1942-...): alcanzou a fama e o recoñecemento co seu traballo en grupos como Elf, Rainbow, Black Sabbath e Dio, coa súa inconfundible técnica, timbre e rexistro, que o fai ser considerado a voz máis emblemática da historia do heavy metal.

(forza Dio, esperamos que superes esa fodida doenza...)

> Bruce Dickinson (1958-...): vocalista da gran banda Iron Maiden, considerado tamén unha das mellores voces da historia do heavy metal, sen lugar a dúbidas.


> Kurt Cobain (1967-1994): cantante, compositor e guitarrista da banda de grunge Nirvana é recoñecido como un dos grandes vocalistas da historia do Rock (tamén ten cabida en todas as listas dos mellores guitarristas), coa súa característica voz rota e desgarrada, que añadía un plus as súas cancións.

(Debía terminar así, con ese ruxido e con esa canción...Cun berro)

Quedanse no tinteiro: Matthew Bellamy (Muse, peculiar pero gran voz), Jim Morrison (The Doors), Axl Rose (Guns N' Roses), Rob Halford (Judas Priest), Janis Joplin (unha muller), Eddie Vedder (Pearl Jam, unha pedazo voz), Chris Cornell (Soundgarden e Audioslave, antes de perderse por ahi...), Joe Cocker, Paul McCartney (The Beatles), Mick Jagger (Rolling Stones), David Coverdale (Whitesnake), Leo Jiménez (Stravaganzza, Saratoga, 037), Steven Tyler (Aerosmith) e moitos máis...
O soberbio Señor da Xe

viernes, 11 de diciembre de 2009

Grandes baterías da historia...

Segunda parte da miña lección educativa e rockeira particular. Tocalle o turno neste caso, aos mellores baterías da historia do rock (weno, os que eu opino humildmente e que a min máis me chamaron a atención sempre).
Espero que o disfrutedes (ou polo menos que o leades ata o final)
> John Bonham (1958-1980): o espectacular batería de Led Zeppelin. A verdade é que non existe un orde prestablecido para os tres primeiros, posto que todos e cada un cambiaron a forma de tocar o instrumento (aínda que sinceramente, a min tíranme as cores neste caso) Viva Bonzo!!!
> Keith Moon (1946-1978): o aloucado batería de The Who, é unha pena que aquelo que fora a súa "chama vital" acabase coa súa vida, a de alegrías que podería seguir brindándonos...
> Ginger Baker (1939-...): o gran batería da banda inglesa Cream, sen dúbida algunha un dos tres mellores baterías da historia do "rollo"
> Mike Portnoy (1967-...): o virtuoso baterista do grupo de metal progresivo Dream Theater. Considerado igualmente un dos mellores baterías de todolos tempos.
> Ian Paice (1948-...): considerado un dos baterías máis influíntes de todolos tempos, o batería de Deep Purple, un dos poucos baterías zurdos que tocaba con unha batería adaptada.
> Neil Peart (1952-...): o pouco coñecido batería da igualmente pouco coñecida banda Rush, é un dos grandes á hora de "acariñar" este instrumento.
> Lars Ulrich (1963-...): o batería e cofundador do grupo Metallica, un dos catro "xinetes do apocalipse", egocéntrico e polémico nas súas declaracións, algo que non lle priva de ser un gran mestre coas baquetas.
> Dani Pérez: coñecido por selo batería de grupos españois como Saratoga, Stravaganzza e Skizoo, ao que eu considero un dos mellores, por non decir o mellor batería español.
> Rick Allen (1963-...): unha mención especial para o baterista da "banda" Def Leppard, un batería "normaliño" que non destaca por seren un dos mellores detrás da batería. Simplemente (como se fose pouco) destacar o tremendo esforzo deste músico ao seguir tocando o seu instrumento a pesares de perder un brazo nun accidente de tráfico.
> Joey Jordison (1975-...): batería e co-líder da banda Slipknot, e da menos coñecida Muderdolls.
> Un descubrimento (para vós, que eu xa o coñecía): Yoshiki Hayashi (1965-...): "famoso" por selo fundador e batería (e teclista) do grupo de rock xaponés X-Japan. Si é xaponés!!! pero é moi bo!!! (e non, non cae nin se mete unha ostia)


Habería sitio seguro para: Nick Mason (Pink Floyd), Mitch Mitchell (Jimmy Hendrix Experience), Dominic Howard (Muse), Travis Baker (Blink 182), Bill Ward (Black Sabbath), Stewart Copeland (The Police), Matt Cameron (Soundgarden, Pearl Jam), Dave Lombrado (Slayer) e moitos máis....
O aprendiz de batería, o Señor da Xe

lunes, 7 de diciembre de 2009

Grandes guitarristas da historia...

Como todo é cultura, e o rock non é unha excepción, aquí vai unha oportunidade de coller unha pouco máis, a decisión é túa, bótalle unha ollada e quizabes descubras unha nova realidade, ou pasa dela que a fin de contas a vida non se acaba se pasas olímpicamente deste artigo. Só é unha humilde recomendación e opinión:

>Jimi Hendrix (1942-1970): considerado o mellor guitarrista de todolos tempos, capaz das seguintes marabillas cunha guitarra nas mans. Memorable no Woodstock do 69...


>Jimmy Page (1944-...): o guitarrista do supergrupo Led Zeppelin, para moitos a mellor banda da historia do rock, e como non podía ser doutro xeito, unha gran banda debe ter un mellor guitarrista.


>Tony Iommi (1948-...): guitarra de Black Sabbath, a pesares dun desafortunado accidente na fabrica que traballaba (perdendo a punta de varios dedos dunha man), o cal irónicamente é un dos motivos que o fai ser un dos principais responsables de haber creado o heavy metal.


>Brian May (1947-...): o quitarrista da banda británica Queen, un fixo en todalas listas dos guitarristas máis talentosos de toda a historia.


>Pete Townshend (1945-...): o aloucado guitarrista da banda inglesa The Who, conseguiu vivir ao límite como poucos, pero capaz de tocar o seu instrumento como ninguén. Súa é a tradición rockeira de acabar un concerto reducindo a pedazos a súa guitarra.


>Ritchie Blackmore (1945-...): fundador dun dos mellores grupos da historia, Deep Purple, polifacético e egocéntrico a partes iguais, inda que o seu talento estea fóra de toda dúbida.


>Eric Clapton (1945-...): extraordinario guitarrista, cantante e compositor; tanto no supergrupo Cream, do cal foi fundador, como na súa carreira en solitario.


>Angus Young (1955-...): coñecido por ser un dos membros fundadores e principal guitarrista do grupo australiano AC/DC, da súa cabeza saíron dos máis coñecidos riffs rockeiros, e é que, o que non faga este "colexial" coa súa Gibson SG...


>Slash (1965-...): Saul Hudson "Slash", un dos guitarristas (o máis importante) do popular grupo estadounidense Guns N' Roses. É coñecido pola súa longa e desordeada cabeleira, o seu sombreiro de copa, a súa Gibson Les Paul, o seu amor polo Jack Daniels, polo seu piercing nasal de aro e polo seu cigarrillo entre os beizos.


>Zakk Wylde (1967-...): coñecido principalmente por haber sido o guitarrista da banda de Ozzy Osbourne e líder do seu propio grupo Black Label Society.


>Randy Rhoads (1956-1982): o guitarrista estadounidense que traballou con Quiet Riot e Ozzy Osbourne, responsable dos riffs máis famosos deste último grupo.



Mención tamén para: Jeff Beck, Keith Richards (Rolling Stones), Chuck Berry, Duane Allman (The Allman Brothers Band), David Gilmour (Pink Floyd), Billy Gibbons (ZZ-Top), Joe Satriani, Steve Vai, Kirk Hammett e James Hetfield (Metallica), Dave Mustaine (Megadeth), Carlos Santana, Eddie Van Halen, Yngwie Malmsteen, John Petrucci (Dream Theater), Tom Morello (Rage Against The Machine, Audioslave), Steve Howe (Yes), Robert Fripp (King Crimson), Eric Johnson; Dave Murray e Adrian Smith (Iron Maiden), Glenn Tipton e K. K. Downing (Judas Priest) e moitísmos máis....

O eléctrico Señor da Xe

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...