Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

lunes, 21 de diciembre de 2009

Grandes vocalistas da historia...

Última parte dos máis grandes...
Neste caso poño unha lista de grandes voces do Rock (humildemente aportados por min), ou que a min me gustan, posto que non teño madeira de crítico (seguramente debido a unha falta grave de obxectividade, xD)

>Freddie Mercury (1946-1991): dise que tiña unha malformación na gorxa, e que sen esa doenza houbera tido un rexistro de voz aínda máis alto. A súa voz e a súa presenza escénica son inigualables.


> Robert Plant (1948-...): o cantante de Led Zeppelin, cunha poderosa voz e un alto rexistro de vocal, aínda que en directo fose bastante proclive a soltar chillidos sen sentido, considerado un dos mellores vocalistas de toda a historia do Rock.


> Roger Daltrey (1944-...): membro fundador e voz principal do conxunto The Who, abstemio e contrario ao consumo de drogas, é unha das voces máis recoñecidas da música Rock.

(da película "Tommy")

> Ian Gillan (1945-...): voz da banda Deep Purple, considerado un dos cantantes máis destacados e influíntes da historia do Rock, pois posuía nos seus comezos un rango de voz moi extenso, no cal se movía sen aparente esforzo e con moita precisión nos rexistros máis altos.

("Child In Time", boa mostra da calidade deste frontman)

> Bruce Springsteen (1940-...): "o xefe", gran cantante, un artista con moita carisma e un poeta da rúa que pon a voz e a rabia ás inxustizas da vida e da sociedade.


> Bon Scott (1946-1980): cantante de Rock coñecido por ser membro e a "peculiar" voz do grupo australiano AC/DC desde o ano 1974 ata a súa tráxica morte.

("Love Song", si!! AC/DC ten unha balada...)

> Ronnie James "DIO" (1942-...): alcanzou a fama e o recoñecemento co seu traballo en grupos como Elf, Rainbow, Black Sabbath e Dio, coa súa inconfundible técnica, timbre e rexistro, que o fai ser considerado a voz máis emblemática da historia do heavy metal.

(forza Dio, esperamos que superes esa fodida doenza...)

> Bruce Dickinson (1958-...): vocalista da gran banda Iron Maiden, considerado tamén unha das mellores voces da historia do heavy metal, sen lugar a dúbidas.


> Kurt Cobain (1967-1994): cantante, compositor e guitarrista da banda de grunge Nirvana é recoñecido como un dos grandes vocalistas da historia do Rock (tamén ten cabida en todas as listas dos mellores guitarristas), coa súa característica voz rota e desgarrada, que añadía un plus as súas cancións.

(Debía terminar así, con ese ruxido e con esa canción...Cun berro)

Quedanse no tinteiro: Matthew Bellamy (Muse, peculiar pero gran voz), Jim Morrison (The Doors), Axl Rose (Guns N' Roses), Rob Halford (Judas Priest), Janis Joplin (unha muller), Eddie Vedder (Pearl Jam, unha pedazo voz), Chris Cornell (Soundgarden e Audioslave, antes de perderse por ahi...), Joe Cocker, Paul McCartney (The Beatles), Mick Jagger (Rolling Stones), David Coverdale (Whitesnake), Leo Jiménez (Stravaganzza, Saratoga, 037), Steven Tyler (Aerosmith) e moitos máis...
O soberbio Señor da Xe

7 comentarios:

  1. ¿Faltame algún? Seguro que si...pois decideme!!!
    ¿Algún que se merecera un posto máis elevado? (aviso que non hai un orde de mellores a peores)
    Comentade calquera cousa sobre os que aparecen, se estades dacordo, e añadide algún máis que vos parece merece estar ahi...
    Grazas (espero que por algo)
    O señor da Xe

    ResponderEliminar
  2. encantoume, creo que eu non o houbera feito mellor, ademais os que estaba pensando que faltaban xa os metiches na enumeracion do fondo...A min personalmente encantanme as voces graves, canto mais mellor, tanto en cantantes do xenero masculino como feminino, o dificil nestes casos é qué incluir na lista, os favoritos de quen a fai, os historicamente relevantes, os que teñen a voz peculiar...
    Eu posiblemente non houbera podido evitar incluír os que me gustan...como David Graham e outros de grupos españoles....

    esperamos a seguinte entrega con impaciencia

    ResponderEliminar
  3. É moi dificl facer unha lista cos mellores cantantes, pero esta está bn: Todos son uns peazo artistas e cunha gran voz natural.

    Seguramente poderían ponherse máis como Axl Rose, Bob dylan, Thom Yorke,Bono,Jeff Buckley...
    E tamén coincido que debería estar Janis Joplin, o icono femenino do rock por excelencia, xa que gracias a ela moitas mulleres decidiron facer rock ,a sua gran voz e carisma a convirte nunha das grandes do estilo.

    Sempre quedarán moitos xa que se nos ponhemos a nomealos a todos non acabaríamos, pero sempre esta bn resaltar cando menos a uns cuantos

    Bn, boas noites e boa sorte.
    O Senhor da Z

    ResponderEliminar
  4. OLE OLE OLE OLE Señor da xe sempre sorprendedo cos seus traballos,intentando sempre superandose e decirlle que por un video mais podia colocar a Matthew Bellamy que creo que merecia ter un video neste articulo dasmillores voces.

    E agora teño algunhas pequenas puntualizacions nos videos(vinos cona):
    Mercury-encima do piano que bebida teñen? cervexa, porque auga non é.
    led zeppelin: aqui teño dous apuntes,un nominuto 2:05 a rapaza do publico cabeceandolle pa quedar despois con el,e no minuto 5:50 recordoume a un Señor da xe petacaldeiros.(son opinions non basadas na realidade)
    the who:non megustou o video a verdade,preferia un directo.
    bon scott: aqui tamen nos gustaria aber podido disfrutar con un directo,e non con imaxes.
    Pero espero que non llesenten mal estas pequenas puntualizaciones e decirlle se llemolestan que osinto pero prefiro decircho que calar,ou que dis.
    Un saudo señorittooo

    ResponderEliminar
  5. Calquera critica constructiva será boa...Eu con non facerlle caso xa está!!!jajajajajajajajaa

    ResponderEliminar
  6. Eu só podo decir que estou totalmente de acordo coa primeira posición (imaxino que non están en ningunha orde) pero non o cambiaría. E tamén coa canción escollida, é absolutamente preciosa.
    Engadiría a Axl Rose como xa citan noutro comentario... pero o artigo sería moi difícil facelo mellor, os meus parabéns senhor da xe.

    ResponderEliminar
  7. Pa min na lista hai alguns que non e que me gusten moito pero vou destacar os que me parecen a min mellores.. O primeiro que puxeches encantame, de sempre Freddie Mercury me pareceu o mellor, gustame Queen e gustame el, ainda que a canción que escolliches non e das mellores! O The Who gustoume a canción e o video ainda que este ultimo notase na epoca que se creou.. Pasamos a Ian Gillan que so vou destacar a voz que ten pa acadar semellantes berridos! The Boss non sei que decir, simplemente e el, único! E por último destacar Bon Scott e a Bruce Dickinson..

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...