Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 26 de diciembre de 2009

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) Hoxe: Celda 211

Certamente estoume comezando a preocupar, posto que debo realizar outra crítica positiva hacia unha película, e eu que creara esta sección para poder desquitarme a gusto contra a merda de películas que inundan os cines actualmente pero dase a casualidade de que dúas semanas seguidas fun ver dúas películas coas cales saín satisfeito da mesma sala.
Esta semana tócalle o turno a Celda 211 de Daniel Monzón, a historia dun funcionario de prisión que queda atrapado na mesma o mesmo día que se produce un motín, feito polo que terá que facerse pasar por un dos presos para conseguir sobrevivir nese inferno usando a súa astucia e mentiras sen saber cal é a paradoxa que lle ten preparada o destino.
Máis profundamente a película resalta a violencia existente en moitas cárceres, o trato inhumano recibida polos presos en tantas outras e as malas condicións nas que se atopan encerrados, o abuso da autoridade... unha historia tan cruda como real (a primeira escea é boa proba delo), en definitiva, cousas que cambiar...
Papeles a destacar: Luis Tosar, gran actor galego, senon o mellor, fai un pedazo de papel cunha actuación digna de eloxio e mesmamente dunha pequena estatuilla, gran favorito para o Goia ao mellor actor, co seu personaxe MalaMadre. Por outra banda, unha gran asombro polo papel de Luis Zahera (o famoso Petróleo de Mareas Vivas) como Releches, actor que cansado de velo en varias películas españolas con actuacións moi malas, realiza unha gran actuación no filme e unha sorpresa persoalmente.
Celda 211 é unha invitación a reflexionar sobre algúns que outros reviravoltas políticos e as consecuencias destes sobre grupos que permananecen no anonimato e unha película para ver e recomendar; o peor: o mal corpo que che deixa, como incentivo para quitarse o veo dos ollos e comezar a ver o mundo dende outro punto de vista e "recordar" que hai moitas cousas que cambiar...
O excelso Señor da Xe

5 comentarios:

  1. Eu xa fai unhas semanas que a fun ver e saín con moi boa impresión, en especial do papel realizado por Luís Tosar, está espléndido de Malamadre, apoio totalmente a idea dun Goia para el.

    Pero si que lle poñería algunha pega, entre elas a actuación de Antonio Resines, non me gustou en absoluto, non me resultou nada crible desempeñando o papel do "policía malo". Pero bueno, en xeral unha película totalmente recomendable.

    ResponderEliminar
  2. Unha pelicula entretida. Gran actuación de Tosar.

    Tamén cambiaría Resines por outro.... Pero para ser unha película Espanhola non esta mal.

    ResponderEliminar
  3. Pois qu podemos dicir, eu creo que unha das millores peliculas que fu ver ultimamente, xa tardaban en poñela en alguns cines, pero a espera neste caso valia a pena.

    os millores actores son Malamadre e Releches, e eu tamen cambiaria de papel a Putavieja.
    jajajajaj

    Dicir que a pelicula fai a sa función de critica sobre a situacion nalgunhas carceles teremos que seguir o director Monzon poderiase convertir en un diector a seguir.

    Un saudo.

    ResponderEliminar
  4. a min persoalmente gustoume moito esta pelicula,e estou darcordo con que cabe salientar o papel de Luis Zahera,mais coñecido como Petroleo de mareas vivas ou como o Pertur de sin tetas no hay paraiso

    ResponderEliminar
  5. Estou dacordo con vos, a min tamen me gustou moito esta película! Desde o comenzo, que xa empeza forte, ata o final tente metido totalmente na pelicula e o non decae en ningún momento.. As escenas son moi realistas e sorprenden actores como Resines que non lle pega o de serio e malo, ou Morris ou incluso Luis Zahera (Pertur) que dista bastante dous outros dous xa que o seu papel chapó! Bue e a descatar Luis Tosar, simplemente xenial!!

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...