Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 11 de diciembre de 2009

Grandes baterías da historia...

Segunda parte da miña lección educativa e rockeira particular. Tocalle o turno neste caso, aos mellores baterías da historia do rock (weno, os que eu opino humildmente e que a min máis me chamaron a atención sempre).
Espero que o disfrutedes (ou polo menos que o leades ata o final)
> John Bonham (1958-1980): o espectacular batería de Led Zeppelin. A verdade é que non existe un orde prestablecido para os tres primeiros, posto que todos e cada un cambiaron a forma de tocar o instrumento (aínda que sinceramente, a min tíranme as cores neste caso) Viva Bonzo!!!
> Keith Moon (1946-1978): o aloucado batería de The Who, é unha pena que aquelo que fora a súa "chama vital" acabase coa súa vida, a de alegrías que podería seguir brindándonos...
> Ginger Baker (1939-...): o gran batería da banda inglesa Cream, sen dúbida algunha un dos tres mellores baterías da historia do "rollo"
> Mike Portnoy (1967-...): o virtuoso baterista do grupo de metal progresivo Dream Theater. Considerado igualmente un dos mellores baterías de todolos tempos.
> Ian Paice (1948-...): considerado un dos baterías máis influíntes de todolos tempos, o batería de Deep Purple, un dos poucos baterías zurdos que tocaba con unha batería adaptada.
> Neil Peart (1952-...): o pouco coñecido batería da igualmente pouco coñecida banda Rush, é un dos grandes á hora de "acariñar" este instrumento.
> Lars Ulrich (1963-...): o batería e cofundador do grupo Metallica, un dos catro "xinetes do apocalipse", egocéntrico e polémico nas súas declaracións, algo que non lle priva de ser un gran mestre coas baquetas.
> Dani Pérez: coñecido por selo batería de grupos españois como Saratoga, Stravaganzza e Skizoo, ao que eu considero un dos mellores, por non decir o mellor batería español.
> Rick Allen (1963-...): unha mención especial para o baterista da "banda" Def Leppard, un batería "normaliño" que non destaca por seren un dos mellores detrás da batería. Simplemente (como se fose pouco) destacar o tremendo esforzo deste músico ao seguir tocando o seu instrumento a pesares de perder un brazo nun accidente de tráfico.
> Joey Jordison (1975-...): batería e co-líder da banda Slipknot, e da menos coñecida Muderdolls.
> Un descubrimento (para vós, que eu xa o coñecía): Yoshiki Hayashi (1965-...): "famoso" por selo fundador e batería (e teclista) do grupo de rock xaponés X-Japan. Si é xaponés!!! pero é moi bo!!! (e non, non cae nin se mete unha ostia)


Habería sitio seguro para: Nick Mason (Pink Floyd), Mitch Mitchell (Jimmy Hendrix Experience), Dominic Howard (Muse), Travis Baker (Blink 182), Bill Ward (Black Sabbath), Stewart Copeland (The Police), Matt Cameron (Soundgarden, Pearl Jam), Dave Lombrado (Slayer) e moitos máis....
O aprendiz de batería, o Señor da Xe

5 comentarios:

  1. Todos bos, pero falta o bateras de tsqec..... o mellor de todos. jajaja.
    Que mal lle vai o de X japan....

    ResponderEliminar
  2. Faltarian alguns máis , pero é que non é doado facer unha listaxe de todos e menos poñelos por orde...
    Xa supusen que vostede viría os vídeos, espero que esa actitude sexa contaxiosa....

    PD: viva Bonzo!!!!

    ResponderEliminar
  3. Se alguén pensa que hai sitio para algún máis(que ten que haber...) que o comente, ao igual que de aqueles que se merezan un posto na lista e daqueles que non debería ter o atrevemento de "asomarse" neste artigo...
    Grazas

    ResponderEliminar
  4. O de X-Japan está medio "pillao" parece si, jajaja. O artigo moi chulo, aínda que hai un semellante e bastante recente. Paréceme moi entretido velos tocando (algúns non sei como non se lían cunha batería tan enorme), a maioría son moi expresivos e mola velos tocar. Mike Portnoy está de actualidade, pa ben ou pa mal... A ver que tal lle vai... Que pouco concurrido estivo este artigo e non entendo porqué...

    ResponderEliminar
  5. Non me dera conta de que os comentarios neste artigo foron moi tristes (en canto ao numero me refiro...)

    Grazas por afundirme desa maneira... xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...