Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Biografía NON OFICIAL dun grupo...

Eran únicos. O que conseguiron e fixeron (e desfixeron) Tisiqueeschino escápase a toda posible comprensión lóxica. Un grupo tocado por algún tipo de inspiración divina, que pareu unha das discografías más magnánimas e sorprendentes que poidan atoparse (unha pequena maqueta de apenas 4 cancións), deixaron innumerables mostras e pegadas de rock ao longo da historia que moitos outros grupos devecen por toparen algún día. Eran A BANDA. Arte, arte e máis arte. Unha obra mestra de indescriptible talento. Porque iso é o que había en Tisiqueeschino, feeling a raudais e toneladas de talento. ¿Pero como puido ser o éxito tan fugaz? ¿É posibel que toda esa maxia desapareza do día pa noite sen deixar rastro algún?
Vaiamos por pasos: Tisiqueeschino era un sólido bloque formado por dous xigantes, un inconmensurable músico como DR (*) encargado do ritmo, un auténtico mastodonte coa súa batería de orixe descoñecido Baffin, é un mago das seis cordas, coa súa mítica Gibson Tipo SG de cor negra, HdT, ambos crearon una serie (catro) xoias imperecedeiras, cancións atemporais, nun máxico ambiente de impoluta mestría.
E é que a veces na vida ocurren accidentes e feitos inesperados que sen embargo cambian radicalmente o curso da historia. E se tal vez HdT non houbera perdido as xemas dos dedos dunha man o quedárenlle trancados nunha máquina de facer chourizos, este nunca houbera desenrolado ese estilo pétreo, rotundo e pesado que sentaría a primeira pedra sobre a que se edificaría o novo xénero do Cutre Rock.
"Nese momento afundínme, pensei que ese feito acabaría coa miña ilusión de ser un gran guitarrista. Víñame o mundo encima, incluso pensei que non podería volver a “consolarme”, declara HdT.

Gibson Tipo SG


A forza deste monstro levouno a superar dita adversidade, e xunto cun compañeiro do instituto, un lacazán e un preguiceiro, que ocultaba un talento só comparable co do guitarrista, DR, deciden montar Tisiqueeschino, e grazas a Deus!! que grandes momentos nos ian a brindar…
O éxito chegoulles moi pronto, o seu single homónimo Tisiqueeschino (dividido en dúas partes) logrou acadar elevadas cotas de popularidade e alzandoos aos primeiros postos nas listas das principias radios independentes de Silleda e Breixa, fama que non conseguirían con traballos posteriores: Tisiqueesjapo, era un obra moi ambiciosa, un traballo complexo que non foi entendido pola gran maioría do público rockeiro; e Tisiqueesaristarco, foi unha volta de torca “excesiva”, ao abandoar o Cutre Rock por un Punk delirante e falto de ritmo, feito polo que os máis “puristas” seguidores da banda os “agasallaron” co número máis baixo de vendas en toda a súa historia.
"Non entendemos a pouca acollida de Tisiqueesaristarco, non é que a música non cadre, é que non houbo ningunha persoa no mundo capaz de asimilar a extensa cantidade de matices que recolle o que para nós é a mellor canción da nosa carreira", coinciden ambos nunha entrevista no 97.
Os integrantes nunha entrevista no ano 97
Sen entrar a debatir a excelsa calidade do seu primer e único traballo (neste punto collen todo tipo de opinións), nadie consegue entender como este fantástico dúo pasou de estar na cima do mundo para emprender un debacle de titánicas proporcións.
"Tiñámolo todo: fama, cartos, mulleres e sobre todo…drogas e alcol. Eramos os putos amos. Deixamos de pensar en calqueira cousa que tivera que ver co grupo e coa música. Non queríamos seguir facendo boas cancións só pensabamos en cal ía ser a seguinte sustancia que iamos a esnifar e meternos polas fosas nasais", declara DR, nun confuso estado.
Numerosos problemas internos, a falta de acordo entre os integrantes, a eterna presenza de sustancias estupefacientes (HdT non se quedaba atrás, pero DR tiña un serio problema coa fariña, e non precisamente coa de cociñar, inda que as "boas" linguas sempre coincidiron en que era un gran cociñeiro) ou a mala infuencia do seu cámara, “pipa oficial” e representante AF, do que se decía que era o que lles pasaba sempre puntualmente “os mellores productos” fixeron que a innegable inspiración deste dúo silledense quedaran nun punto morto, un fatídico vacío deseoso, anhelante e ansioso de volver a encherse do mellor Cutre Rock, do que foron creadores.
"DR volvíase tolo, non tiña outra cousa na cabeza máis que emborracharse e meterse de todo, eu non o podía soportar. Existían momentos que o tipo ía tan pasado que me propoñía un cambio de rumbo para a banda hacia o Pop dos Canto do Tolo e dos que él chamaba, “a nova revelación do rock” Pereza. Eu iso non o podía deixar pasar", declara contundente HdT
"Él obligábame (referíndose a HdT), decíame: Ei, tío, metémonos unhas raias e despois poñemonos a ensaiar, e cando me aniñaba pa esnifar el gardaba a súa parte toda nunha bolsiña que despois vendía á saída. E por riba, a droga traiaa eu!!!", afirma DR
Namentres sigan estes malentendidos, o grupo seguirá cavando o seu propio nicho de morte para o monstro que eles mesmos crearon, que a pesares dos continuos rumores de volta, espera furioso e famento a súa resurrección.

(*) O nome dos diferentes personaxes deste relato permanecerán no máis inmaculado anonimato debido ao asfixiante e abrumador efecto fan que leva toda a vida acompañando a estas estrelas da música.

Para coñecer máis sobre Tisiqueeschino, no Youtube: Tisiqueeschino (Parte 1 e 2), Tisiqueesjapo, Tisiqueesaristarco.

[Sobre o Rock] Nunca morrerá. Cando arroxen todas as bombas quizás haxa algunha cucaracha tocando un "fraseo" nalgún lugar.

O docto Señor da Xe

8 comentarios:

  1. Fuentes cercanas a AF, desmienten parte de esa biografia,gracias a AF el grupo encontro la fama.jajjajaja

    Esta ben, AF avisa tengo o millor poducto se vos interesa¡¡¡jajajaja
    Queremos un remix con todos os exitos e incluidos tomas falsas,etc(que sabemos que as ai)

    ResponderEliminar
  2. ...............................................
    Que tipos desgraciados....jajajaja
    ainda que me gustaría conhecelos. Tenhen pinta de ser boa xente polo menos.... Fan unha música alternativa.
    Rock abstracto ou algo así.......

    ResponderEliminar
  3. nunca chourizos houbo tan ricos coma os de aquel ano......


    esperaba unha imaxe dos membros do grupo mais rockera, coma esas lendas do rock con vestimentas de coiro e grandes melenas rizadas...

    ResponderEliminar
  4. Señor da Z, acaso se sinte identificado con Tony Iommi???
    .....

    ResponderEliminar
  5. Si non fai falla comentar moito mais dos seus vicios, xa se ve na foto a cara de colocados que se levan e menos mal que ocultaron os ollos! Que pensades, que e pa manter o seu anonimato??? Noooon rapaciños, e que xa non tiñan ollos, tan dilatadas debian ter as pupilas que botaban por fora!! Ken sera AF? Canto cobraria por suministrarlle toda esa merda e afundir o grupo? Non sera o xefe dunha discografica importante que rechazaron TSQC? Boicot!!! E unha verdadeira pena que acabaran tan mal, pobres familias, pobres amizades... Pobres almas perdidas!!! Non estaban mal de todo, tampouco nos imos enganar, podían estar mellor e oxalá retomen a sua carreira musical que tan ben empezaron... Volvede o bo camiño ovelliñas do señor!!! DR como cociñeiro cres que vales? Si faras ben de comer pero xa temos a Arguiñano!!! E HdT como chouriceiro cres que vales?? Si faras ben os chourizos pero xa temos a Embutidos Lalinense!!!! Keremos que voltedes por favor!!!! AF xa temos a Tabora pero faille a competencia e levalles uns melindres pa merenda mentres ensaian e fainos uns homes de ben!!!!!!

    ResponderEliminar
  6. JS dixo:

    AI mima,como se vos foi a cabeciña un pouco a todos con este articulo.
    A verdade e que aljun mal si que fixestes, a xente que pasaba pola veira rua mentres ensaiabades ou eso que faciades.

    Fixeronse ata lendas no povo que ata o mesmo diaño sometia ali, con musica enlouquecedora as almas dos moribundos.

    ResponderEliminar
  7. E dun gran grupo coma os Led Zeppelin... paso a comentar a outro... gran grupo!!! Por suposto!!! Jajaja. Que simpático o artigo. aínda me rin!! Non coñecía a historia, non sabía o motivo do parón ou separación (espero que o primeiro) e que os problemas non acabaran para sempre con esta banda. Agardamos a súa volta!!!

    ResponderEliminar
  8. Eu tamen agardo a volta deste grupo que ainda me fixo pasar unhas tardes (3 ou 4) entretidas, jajajaja...

    Creo que o das siglas non me vale de moito,a verdade que calkera cun minimo de intelixencia e perspicacia e capaz de descubrir ken son estes "artistas"... xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...