Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 11 de diciembre de 2009

Debate aberto: ¿Acaso o Rock é prexudicial para a saúde?

Co fin de aumentar e prodigar a colaboración e o número de comentarios no blog, abro un debate sobre un tema "controvertido" e en certa maneira "prohibido", algo que nunca lograrei entender... ¿Escoitar Rock é tan malo para a saúde? Bueno, no meu caso si, me ten tan "absorbido" e "idiotizado" que non podo escoitar outra cousa e me parece a mellor música que nunca se houbo inventado, e non pararía de agradecerllo aos centos de músicos que o levaron adiante... ¿pero acaso o rock nos fai violentos? ¿escoitar a uns grupos "cuspir" verdades tan reais é acaso un síntoma da maior estupidez human? Non sei, axudademe a aclarar esta dúbida...
Se coñecedes casos no que o rock fose "maltratado" inxustamente ou tratado coma un "veneno" que nunca debería haber chegado aos nosos oídos, por favor comentadeo....
Para romper o xeo, comezo eu: en 1985, a esposa de Al Gore, Tipper Gore comezou, xunto con outras mulleres esposas de políticos norteamericanos unha "cruzada" contra este tipo de música, considerando que apoiaba a violencia, as drogas, o suicidio e un montón de tonterías máis, lanzándose en xuízos contra bandas como Judas Priest ou Twisted Sister (de ambos casos existe información abondo na rede, olládea porque "altera" a un a estupidez de tales accións), que entre outras cousas son os responsables da etiqueta de Parental Advisory que aparece na maioría dos cds.
Para todos aqueles que escoiten rock coma min, non creo que poidan resistir calados ante esta situación.



Un pequeno exemplo da incultura reinante acerca da música rock: ¿Marilyn Manson satánico?, ¿Lordi, black metal?, o batería dos Zeppelin morreu por inxerir 40 vasos de vodka en menos de 12 horas nun día de borracheira e non por estar na vivenda dun antigo "bruxo negro"

O iracundo Señor da Xe

9 comentarios:

  1. Non sei eu síntome parvo..... pero creo que me sentiría igual escoitando outra cousa asi que a conclusión é que para min non ñe malo o que pasa e que son eu aparvado....

    PD:(Íronía ON) é mellor a música disco cas pastis ou o hip hop e rap con armas e cochazos ou o regetonto maltratando mulleres...... si moito mellor.

    ResponderEliminar
  2. Si no caso do señor Xe estalle afectando moito, digovolo eu, e xa me esta infectando a min jejeje... A miña escasa cultura musical non me permite opinar sobre o tema como me gustaría pero tou aprendendo moito ultimamente e non noto nada raro je.. E logo se ven os miticos herdeiros da crus??? jejeje asustanse e censuranos por unha morea de cousas infames diooooos!!!! E se ven o luar xa non vos digo nada jejejejeje

    ResponderEliminar
  3. A min a verdade é que me dá exactamente igual ke non lle dean "bombo" a esta música nin que a anuncien en todos lares, así sentireime parte da "chusma" que é o que máis lle mola, e ademáis, así o inferno estará máis despexado e poderemos campar as nosas anchas...jajajajaja

    ResponderEliminar
  4. Moi interesante, anque case jurungues un dos meus proximos artigos,aquí o q non corrre voa!!.
    Hai que entender que houbo unhas décadas nas que o rock surxía con forza na sociedade,así como surxían as excentricidades dos músicos e sobretodo os excesos...pero que un cantante estea medio tolo e se drogue non significa q a súa música sea unha merda ou q quen o escoite se teña que drogar tamén....

    Agora temos que recoñecer que o rock de verdade pasou de moda,estamos no século do rap...musica da rúa...anq de musica teña pouco...

    ResponderEliminar
  5. Rock never say die........

    Estamos enganchados. je

    ResponderEliminar
  6. Din que só as cucarachas son capaces de resistir un holocausto nuclear....jajajajaja

    ResponderEliminar
  7. Pois eu estou ben a verdade, se o rock afecta¡¡¡ que afecte, total a algo ai que engancharse millor o rock que outras cousas.

    P.d: o meu blog podedelo buscar xa en google, il signores. agora para todo o mundo.

    ResponderEliminar
  8. "Forma de vida dura y salvaje como pocas" ??? Jajajaja, que tristeza de vídeo. Deixan os datos a medias para que lles favorezca no que están a "explicar" ou máis ben podería decir a "confundir" a quen escoita isto. Iso digo eu, a algo haberá que engancharche, e isto é do máis san que coñezo, non se lle fai mal a ninguén. Que eu admire a Mercury non significa que o vaia imitar na vida que levou ou desexe a morte que tivo. É tan simple como que me encanta a súa música e os seus concertos nos que o daba todo. Paréceme moi triste que existan persoas que se poidan deixar influír por este tipo de afirmacións.

    De todas maneiras non sei porque sempre se relacionan coa música rock, noutros estilos de música tamén hai "cantantes" que non se poderían considerar exemplo de nada (véxase Britney Spears ou similares). Eu desde logo non vou deixar de facer o que me gusta, que se non lle fago mal a ninguén estou no meu dereito, ou??? Jajaja.

    ResponderEliminar
  9. ¡¡¡LONG LIVE ROCK N' ROLL!!!!

    yeaaaaaahhh!!! xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...