Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Debate aberto: Involución

Involución: detención ou retroceso dun proceso evolutivo.

A sociedade e o mundo actual avanza, diso non hai dúbida, ¿pero a que prezo?; ¿cal é a razón de que con cada cambio o home pareza buscar os seus orixes máis primitivos?, ¿porque segue a persistir a lei do máis forte?
Por outra banda, moita xente é incapaz de concebir a idea de que o home proveña dos primates, ¿se eses animais prefiren seguramente un plátano a un faxo de billetes "crujientes y molientes"?, ¿como vai ser ese o aberrante orixe humano?... [a cursiva expresa sarcasmo]
Este artigo de OPINIÓN é simplemente para recordar o retrógado que é o ser humano e o planeta en xeral.
Espero os vosos comentarios...

NOTA: aquelas persoas que sintan aludidas e ultraxadas porque "ose" comparar ao ser humano cun chimpancé, díganlle ao seu Deus que me mande un raio dos seus, así polo menos verémolo algunha vez...
Porque si, señores, provimos dun mono!!

O prodixioso Señor da Xe

9 comentarios:

  1. Debate significa opinar, responder e volver a opinar.... traducido: comentarios serios e mais ou menos elaborados...
    Si eu xa sei ke non sodes tan parvos....xD
    Espero a vosa colaboración, e grazas se esta se materializa...

    ResponderEliminar
  2. Hai xente que involuciona e outra que evoluciona.
    As dúas tendencias existen, existiron e existirán sempre.

    é o que hai...

    ResponderEliminar
  3. Amin pareceme exacta a imaxe da evolucion,porque como a hitoria a evolucion tamen pode ser ciclica.
    E decirlle que ai xente que lle parece mal evolucionar do mono,pois ti imaginate algun primate(porque non falan) darialle seguramente mais vergoña que a sua evolucion sexa algun home.

    Cada vez nos sorprende cos seus artigos, un saudo.

    ResponderEliminar
  4. Gran apreciación Señor S, gran apreciación!! estamos avergoñando aos monos....

    ResponderEliminar
  5. JS dixo:

    A pregunta dos cartos e o platano, nn e que seguramente o prefiran non, e un afirmativo.

    bue e se tuveramos tanto pelo polo menos no inverno nn pasariamos tanto frio e os pichiflais terian mais pelo para tinguir e botarlle cremas.

    ResponderEliminar
  6. What it's the meaning of pichiflais?

    ResponderEliminar
  7. Hai xente que involuciona?realmente non involucionamos todos?

    ResponderEliminar
  8. O longo da vida sempre das pasos cara adiante e retrocedes noutros, alguns retroceden a pasos axigantados e outros poucos pasos dan atras pero todos devanamos o longo das nosas vidas.. Evolucionar? claro que evolucionamos, todos nos afacemos o instante as novas tecnoloxias e os novos inventos.. Pero tamen e verdade que estas nos fan máis cómodos e conducennos a involución, hai xente que se queda parada non reacciona e o peor non pensa por culpa da comodidade e o benestar que nos proporcionan os aparellos actuais! Ata na escola, pa que van facer os deberes se hai na rede paxinas que llos fan?? So e un exemplo..
    A par da sociedade evolucionamos pero non podemos deixar que nos atranque e temos que facer cousas por nos e pensandoas nos senon en vez de ir cara adiante estancaremonos..

    ResponderEliminar
  9. Visto dende outro punto, se non existira a evolución, o planeta que estamos "ocupando" sería un mundo no que todo estaría mellor que na actualidade. O feito de que as persoas chegaramos a ter (todo o que temos), a desfacer (todo o que desfixemos), a cambiar (todo o que cambiamos), a provocar (todo o que provocamos), influeu tan negativamente que lle fariamos un favor ao mundo se nos extinguisemos. Usamos todo no noso favor, sen pensar ou case sen ter en conta a outros seres vivos que estaban antes ca nós.

    O feito de crernos seres "superiores" aos animais... plantas... en xeral á natureza, algún día acabará con nós. E sen nós na terra, os demais vivirán mellor e sen decatarse sequera da nosa extinción. Así de grandes, importantes e imprescindibles somos (tono irónico, evidentemente).

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...