
PREHISTORIA: millóns de anos atrás. A aparición do home.
"Homo Sapiens" (Home que pensa): a pesares das distintas liñas evolutivas tomamos ao Homo Sapiens como punto de partida. Xurde en África.
O mundo aínda era novo, e trala desaparición dos dinosaurios, unha nova especie habita a Terra.
Antigos exipcios: ademáis de verdadeiras obras de artes ofrecéronnos grandes logros, como a escritura.

Os Maias: grandes astrónomos, dos que incluso se di que profetizaron a fin do mundo.

Antiga Grecia: a cuna da civilización occidental. Infinitos aportes en matemáticas, filosofía, literatura, lóxica... e en todas as disciplinas da vida.
Antiga Roma: a idade de ouro de Occidente e o despertar de Oriente. A época da lei escrita.
A época do cabaleiros medievais: é o momento das grandes hazañas, das grandes catedrais e de maior fervor relixioso e cristián.
O mundo árabe: en contraposición aos "Cabaleiros de Cristo", existía o igualmente rico en cultura mundo islámico.
Renacemento: amplo movemento cultura na Europa Occidental nos séculos XV e XVI. Os seus principais exponentes atópanse no campo das artes, tanto naturais como humanas.
Barroco: perído da historia que produxo grandes obras no campo da literatura, escultura, pintura e arquitectura, que abarca dende o ano 1600 ata o 1750 aprox.
Ilustración: o século das Luces, movemento cultural do século XVIII, denominado así pola súa declarada finalidade de disipar as tebras da humanidade mediantes as luces da razón.
IDADE CONTEMPORÁNEA: dende o século XVIII ata a actualidade.
O liberalismo e a sociedade burguesa: a inxustiza das clases e o mal reparto da riqueza contrapostos cun sistema filosófico, económico e político que promove as liberdades civís e o máximo límite ao poder coactivo de goberno sobre as persoas, oposto a calquera tipo de despotismo.
A sociedade actual: que sexa a máis preta no tempo non lle fai ser a mellor, a época na que aínda non se consiguiu superar as guerras, as desigualdades, o racismo, a violencia.... dos antigos e "inxenuos" moradores do planeta.
O entusiasta Señor da Xe
me parece que é unha interesante viaxe pola nosa historia,e decir,que un tanto breve poderia ser un tema mais amplio,pero non o critico por iso, senon que é un pequeno inciso.
ResponderEliminarno seculo XV un retrato do cuadro Las Meninas, de Diego Velazquez, me parece una de las mejores obras de la historia.
Un saludo Senhor da xe.
Y espero poder disfrutar de sus siempre educativos articulos.
A miña intención era facer un pequeno resumo, se hai que profundizar..... só é unha pequena aproximación.
ResponderEliminarNun futuro non moi lonxano quizabes "insista" nalgunhas das culturas ou épocas tan escasa e "torpemente" citadas neste artigo.
Tempo ao tempo Signore.
Grazas pola súa atención!
Por certo, podedes comentar cal é a época que máis vos gusta ou mesmo en cal vos gustaría haber vivido.
Se vos gusta vivir na época que vivides pois nada...que vos aproveite, papade a miña parte tamén, jajajajajaja...
Para min a historia canto máis antiga, máis interesante e intrigante porque ainda non se sabe moi bn o que pasou.
ResponderEliminarA historia é moi interesante, vale para non cometer os mesmos erros no futuro (ainda que se volven a cometer).
Por min que o próximo artigo sexa de historia antiga, jajajaja
A historia é unha maneira de saber quenes fomos e para saber por que somos así hoxe en día. É unha contradición que, cantas máis facilidades e adiantos teña a sociedade da actualidade, menos facemos por evitar os erros que estamos a cometer; véxase como exemplo o cambio climático.
ResponderEliminarHai feitos do home que xamais entenderei, por irracionais e por ir en contra da propia humanidade. Todo o relacionado coas guerras... coa fame... enfermidades que si teñen vacina pero que non chegan a países onde a taxa de mortandade da poboación é extremandamente alta... Bueno, si, rectifico, si que o entendo, o que vale é o poder, o poder económico. E contra eso, de momento, pouco se pode facer. Mentres a conciencia social non cambie, así nos seguirá. Por todo esto, non me gusta a época na que me toca vivir, está chea de inxustizas e desigualdades.
Persoalmente a época que máis me gusta e a antiga, en especial a cultura exipcia, que me apasiona. E se tivera que escoller algunha máis recente... optaría polo Renacemento. Debe ser porque o mundo da literatura, pintura, escultura, arquitectura... en xeral: Arte, me gusta máis que nada.
Sinto o extenso do comentario...
Grazas polo extenso comentario, espero que esa actitude sexa contaxiosa...
ResponderEliminarEn canto ao comentario, ten toda a razón no que cita. A min tampouco me gusta a época na que vivo!!
Por último, pedirlle (se pode ser) que nos comentarios que faga no futuro se identifique, non está de máis saber quen está detrás de opinións tan intelixentes...
A vergoña é unha lacra!
Asi que non vos gusta a época na que vivides agora...
ResponderEliminarigual preferiríades a da esclavitude enton,a idade media coas pestes a falta de hixiene e outras enfermidades,ou a da dictadura onde teriades que facer e opinar o que o dictador opinara e aínda así olliño...
Non sei de qué vos quiexades a verdade, pode ser que non vos gusten determinados aspectos da nosa sociedade, como nos pasa a todos, pero de ahí ó resto...¿pasastes fame ou algunha penuria semellante soma os nosos ancestros?
A min tamen me encanta a historia, a cultura exipcia, a arte... Tamén hai determinados momentos nos que me houbera gustado estar presente...pero non a costa de sacrificar as miñas liberdades...
Tampouco estamos nunha época perfecta, evidentemende dista moito de tal situación...esperemos que sigamos avanzando e non retrocedendo como a veces parece...
ahi queda
Eu dixen ke non me justaba a epoca na ke vivia non que kixera vivir noutra...
ResponderEliminarKe rotundidade ArreDemoo!
Eu tamén dixen que non me gusta esta época. Evidentemente todas as etapas da historia teñen aspectos negativos, se nos poñemos a analizar todas e cada unha delas (tanto no bo coma no malo) encheriamos liñas e liñas deste blog.
ResponderEliminarEu só digo que se podería facer moito máis, que o mundo podería ser algo mellor se uns poucos quixesen. Estaredes pensando que é unha utopía pero que lle vou facer, ás veces avergóñome dos feitos do ser humano e gustaríame que as prioridades das persoas estiveran noutra orde.
JS dixo:
ResponderEliminarPois eu nn sabria vivir noutra epoca que nn fora esta, e pensar no futuro dame envexa dos que nos sucederan, por que se algo nomeastes todos foron os logros, e sabendo o capaz que e o ser humano, ata k punte sera capaz de cheguar algun dia?
Agora o meu punto de vista sobre a actualidade.
todos falamos do mal que vai todo, do tercer mundo, da xente con cartos, do cambio climatico...
Pois eu digo que se ai tercer mundo e normal, posto que eu se tivera 100 millons de euros tampouco os regalaria por ai endiante. E nn digades que por que digo eso, por que calquera de nos devexa a xente con cartos e a todos nos gustaria ter unha morea de cartos, o que me leve a contra invitoos a que deixen todo e se ofrezan voluntaria a asociacions non lucrativas de axuda os mais necesitados.
Con respecto o cambio climatico, nos tamen temos culpa, xa que cada un ten o seu coche, e a min por exemplo gustariame ter un millor ( consecuencia:maior consumo - maiores emisions). Conclusion pasa o mesmo que cos cartos, fabricas que contaminan e jefe con devexa por ter unha mais grande e potente... bue xa me pasei. unha aperta, e a seguir escribindo artigos.
Lamentablemente adoitamos repetir os fallos e non aprender dos nosos fallos, e erros, moi o contrario adoitamos glorificar pasados que pensamos gloriosos (o Imperio colonial español por exemplo) e rememorar pobos guerreiros (Esparta por exemplo)cando son un expoñente de desigualdades e dominio da forza.
ResponderEliminarSe analizamos as relacións comerciais que mantemos o países ricos cos pobres chegamos a conclusión de que non están moi lonxe das que mantiñamos no s. XV, a única diferencia e que os escravos veñen eiquí a traballaren por un soldo miserento e naquel tempo eramos nos quenos iamos buscar.
Estou en parte dacordo co derradeiro comentario, no senso de que a riqueza dos países ricos medra, ó meu ver, dun xeito inversamente proporcional a pobreza do terceiro mundo.
Nós provocamos guerras para que o petroleo dos pobos que as sufren faga que baixen os prezos dos combustibles, e de paso darlle saída á nosa industria armamentística, Alén de que o noso voraz consumismo provoca que cada vez teñamos que poseer máis cousas esquilmando máis recursos e o non querer pagar máis é o traballador do terceiro mundo o que baixa o seu salario.
Nós provocamos a fame ó seguir contaminando e provocando co cambio climático a desertización de África, polo que os seus habitantes vense obrigados a abandornar a súa terra para tentar vir á nosa, onde son tratados peor ca moitos cans.
Nós queimamos xunglas para facer eidos para as multinacionais do fast-food.
Nós mercamos roupa a sabendas (polas súa orixe) que foi feita por nenos en pésimas condicións.
Pero...a ninguén lle importa, dende os 70's as ONG's de todo o mundo levan berrando porque o Mundo Rico lle dea a enorme cifra do 0'7% do seu PIB e case ningún o fai, sobre todo aqueles que durante séculos e dun xeito colonial esquilmarton determinados países (Francia, España, Portugal e Gran Bretaña sobre todo) e que ó cesaren na súa actividade colonial puxeron gobernos títeres para seguiren roubando as riquezas deses pobos. Moitos destes tolos títeres cometeron grandes xenocidios ( Mobutu no Congo, Macías en Guinea Ecuatorial ou Idi Amin en Uganda) pero de ese sempre nos esquecemos...malia que eu tamén fago esta reflexión dende o meu burgués asento diante do meu computador,
Despois destes amplos comentarios vou ser algo mais breve.. A historia sempre me gustou (era das miñas asignaturas favoritas) e o artigo está ben feito, si podia ser moito mais extenso porque cada epoca da moito de si, pero destaca o mais importante e ta ben ilustrado.. Decir que non cambio vivir na actualidade por ningunha epoca, xa que non troco as comodidades das que dispoño pola fame e as penurias doutras epocas.. Vou destacar sin embargo, a prehistoria xa que me gusta porque estaba todo por descubrir ou pode ser porque e a menos coñecida! A idade moderna tamen a vou destacar por gran riqueza cultural que nos deixou!
ResponderEliminarA que menos me gusta e menos mal que non vivin nela e a epoca medieval, non me gusta nada os estamentos sociais tan definidos e tan castigados.. Rexeito os señores feudais, os malos usos e a escravitude!
Para rematar so destacar o comentario anterior que me fixo reflexionar en cousas que sabia pero que a miudo se esquecen!