Non vos extrañedes se en próximos artigos/reseñas de película do Señor da Xe aparecen novas "críticas" de películas sobre superheroes, posto que xa nos estamos a meter no periodo estival, no cal como todos sabemos Hollywood comeza de sacar títulos e títulos por doquier (normalmente de fácil dixestión, aínda que a miúdo, máis do que a veces se pode soportar, se lle cole algún filme moi, moi complicado de tragar); ademáis dos numerosos proxectos que xa están máis que anunciados e promocionados.
¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!
Buscábase dar un soplo de aire fresco á saga da patrulla Xe (non, a pesares do parecido do nome, o dono e autor deste blog non posúe don especial ningún nin ten nada que ver con estes heroes mutantes, bueno algo raro si que é... bueno, é igual... XD) logo da "suposta" diminución de calidade co paso das entregas da triloxía inicial (non sei, a min gustaronme... bueno a 2º menos...) e do tamén "suposto" fiasco do reboot de Lobezno (digo suposto, xa que para os gustos están as cores, aínda que despois os números tiren para un lado ou para o outro), e parece ser que Matthew Vaughn, director e responsable deste cambio, o conseguiu. Aínda que este británico teña poucos títulos cinematográficos no seu haber (a divertida Stardust; Kick-Ass: listo para machacar, que me dixeron que estaba ben; e o bo thriller Layer Cake, así como a que nos ocupa) parece que sabe o que fai e non está de máis seguilo de preto de aquí en adiante.
A sinapse do comezo da saga dos X-Men, conta unha historia secreta que alude aos coñecidos acontecementos mundiais da Guerra Fría. Antes de que os mutantes se mostraran ao mundo, e antes de que cambiaran os seus nomes polos de Profesor X e Magneto, Charles Xavier (James McAvoy) e Erik Lehnsherr (Michael Fassbender) eran dous xoves que descubrían os seus poderes. Non había animadversión algunha entre eles, senon que lles unía unha sincera amizade e decidiron traballar xuntos e crear un grupo de mutantes para evitar o Armagedón nuclear. Foi entón cando unha enorme brecha se abreu entre eles e supuso o comezo da eterna guerra entre a hermandade de Magneto e os X-Men do Profesor X.
Conclusións: aínda que pareza mentira existen películas nas que, a pesares de darse por suposto que o guión será sacrificado en pos da acción palomiteira que máis abunda nas pelis de superheroes, parten do mesmo como unha base sólida para levar a cabo unha película na que, si, os efectos especiais e visuais para disfrute do persoal están a orde do día, pero que non adoleza dunha continua falta de sentido en canto aos feitos nin de, por chamalos dalgunha maneira, "vacíos argumentais". 'El Caballero Oscuro' de Nolan marcou o camiño e esperemos que sigan a aparecer títulos que tomen exemplo e concurran en entretidas e recomendables películas como a que enche este artigo, ten en conta que ademáis persoalmente, e como xa sempre dixen, a un servidor lle gusta ver en "formato real" e na gran pantalla os debuxos e heroes que disfrutaba e admiraba de cativo.
Mención especial para a banda sonora, sobre todo os temas que soan para Magneto e os seus continuos debates internos.
Os primeiros carteis de promoción da película estaban tan mal feitos que todos se esperaban un desastre con esta entrega pero parece ser que non foi así, polo que o Sr. Hollywood non vai deixar de explotar algo que a primeira vista parece rentable e seguramente teñamos máis entregas.
O mellor: é raro en pelis deste tipo, pero McAvoy e Fassbender me parece fixeron un gran traballo. O cameo de Hugh Jackman.
O peor: Mística e Bestia (a veces parece un peluche... XD)

Apuntes frikis: topados por casualidade, e nunca froito da miña experiencia televisiva nin comiqueira, co único fin de facer bulto e encher un pouco esta pobre e torpe crítica:
- Mística pasou a súa infancia en Alemaña e non coñeceu a Xavier.
- A primeira xeración a compoñían outros estudiantes diferentes (agás Bestia que sí que estaba).
- O casco de Magneto creouno Xavier para él mesmo.
- Xavier quedouse paralítico dunha forma absolutamente diferente.
- Moira era xenetista, non axente secreta da CIA.
E máis detalles que na película (en contra da verdadeira historia) se modificaron de maneira non demasiado deleznable.
Valoración final: eu disfruteina moito polo que a recomendo.
- Mística pasou a súa infancia en Alemaña e non coñeceu a Xavier.
- A primeira xeración a compoñían outros estudiantes diferentes (agás Bestia que sí que estaba).
- O casco de Magneto creouno Xavier para él mesmo.
- Xavier quedouse paralítico dunha forma absolutamente diferente.
- Moira era xenetista, non axente secreta da CIA.
E máis detalles que na película (en contra da verdadeira historia) se modificaron de maneira non demasiado deleznable.
O mellor: é raro en pelis deste tipo, pero McAvoy e Fassbender me parece fixeron un gran traballo. O cameo de Hugh Jackman.
O peor: Mística e Bestia (a veces parece un peluche... XD)
Un crítica moi pobre, pero non estaba inspirado... XD
ResponderEliminara min a peli pos home....non me disgustou, deronlle o toque ese histórico q estivo bastante bn....sobranme efectos especiais...e sí Bestia,vaia por deus....non estivo de todo mal pero puido estar mellor...sacaran outra do mesmo fio?
ResponderEliminarEu creo que en Hollywood jana de facer secuelas sempre hai!! XD
ResponderEliminarA min tamén me gustou bastante, en xeral é unha saga que me gusta, sobre todo a primeira pero eso ocorre coa maioría de películas. As esceas de acción non me soen gustar xa que de contado me aburro, nin pelexas nin persecucións. Se forma parte da historia e están ben integradas no guión, para min neste caso si, non me importa velas.
ResponderEliminarEu supoño que si que seguirán, mentres teñan rentabilidade cun título seguirano explotando, espero que non o maltraten coma outras sagas. É mellor terminar con boa sensación e que manteñan un mínimo de calidade ca que rematen por mor dun batacazo nas críticas e na taquilla.
Os actores están ben pero prefiro aos "maiores". E levei unha alegría ao ver a Hugh Jackman, aínda que foran tres segundos e unha frase xD Non contaba con el pero foi unha moi agradable sorpresa, jajaja.
ninguen citou q temos outra miniestrela en hollywood....estrenandose con esta peli...alex alex non sei que, amos o dos tornados...
ResponderEliminarCo papelón que fai como para citalo... XD

ResponderEliminarnon é facil ter un papel sen guión jejejeje
ResponderEliminar