Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 26 de febrero de 2010

Algo de literatura


Carlos Ruiz Zafón (nado en Barcelona, 25 de setembro de 1964) é un escritor. Vive nos Ánxeles (Estados Unidos) desde 1993, onde se dedicou uns anos a escribir guións de cine antes de dedicarse plenamente á súa carreira como novelista.

A súa primeira novela para adultos, La sombra del viento, foi un grande éxito de vendas, sendo traducido a 36 linguas, vendendo máis de 8 millóns de exemplares e obtendo numerosos premios internacionais.

A súa obra caracterízase por un estilo moi elaborado con grande influencia da narrativa audiovisual, unha estética gótica e expresionista e a combinación de moitos elementos narrativos. Combina esa técnica cun gran dominio da linguaxe e da estrutura narrativa, combinando elementos dispares, desde a tradicional novela do século XIX a un emprego impactante de imaxes e texturas de gran forza sensorial.

A súas obras son as seguintes:
Literatura Xuvenil
- El Príncipe de la Niebla (1993)
"No prometas aquello que no podrás cumplir... o las consecuencias pueden ser mortales... No pidas ayuda al Príncipe de la Niebla... el precio a pagar puede ser demasiado alto..."

"Cuando llovía con fuerza, sentía que el tiempo se detenía. Era como una tregua en la cual uno podía dejar de hacer cualquier cosa que le ocupase en aquel momento y sencillamente acercarse a contemplar el espectáculo de aquella infinita cortina de lágrimas del cielo desde una ventana, durante horas."


- El Palacio de la Medianoche (1994)
"En mi ingenuidad llegué a pensar que la distancia en el espacio y en el tiempo borraría la huella del pasado, pero nada puede cambiar nuestros pasos perdidos."

- Las Luces de Septiembre (1995)
"El mar lo devuelve todo después de un tiempo, especialmente los recuerdos".

[Estas tres forman a chamada Triloxía da Néboa]

- Marina (1999)
"Todos tenemos un secreto encerrado bajo llave en el ático del alma"

"Marina me dijo una vez que sólo recordamos lo que nunca sucedió. Pasaría una eternidad antes de que comprendiese aquellas palabras. Pero más vale que empiece por el principio, que en este caso es el final"

Narrativa:
- La Sombra del Viento (2001)
"Si me hubiera parado a pensarlo, hubiera comprendido que mi devoción por Clara no era más que una fuente de sufrimiento. Quizás por eso la adoraba más, por esa estupidez eterna de perseguir a los que nos hacen daño..."

"Alguien dijo una vez que en el momento en que te paras a pensar si quieres a alguien, ya has dejado de quererle para siempre."

"Para cuando la razón entiende lo sucedido, las heridas en el corazón ya son demasiado profundas."

"Conserva tus sueños, nunca sabes cuando te harán falta."

- El Juego del Ángel (2008)
"Un escritor nunca olvida la primera vez que acepta unas monedas o un elogio a cambio de una historia. Nunca olvida la primera vez que siente el dulce veneno de la vanidad en la sangre y cree que, si consigue que nadie descubra su falta de talento, el sueño de la literatura será capaz de poner techo sobre su cabeza, un plato caliente al final del día y lo que más anhela: su nombre impreso en un miserable pedazo de papel que seguramente vivirá más que él. Un escritor está condenado a recordar ese momento, porque para entonces ya está perdido y su alma tiene precio."

"-¿Sabe lo mejor de los corazones rotos? - preguntó la bibliotecaria.
Negué. - Que sólo pueden romperse de verdad una vez. Lo demás son rasguños."

"Los libros están vivos, y si estos se caen en un charco se desangrarán en el agua"


[Ambas historias xiran en torno a un misterioso lugar coñecido como O Cemiterio dos Libros Olvidados]

O eminente

14 comentarios:

  1. Zafón foi un gran descubrimento o día que se me deu por ler os seu primeiro libro, O Príncipe da Brétema, por non ter outra cousa que ler, ademáis de que non era un libro moi recomendado para min (digoo pola idade, ainda que seguramente haberá xente maior que lea a "insufrible" saga de Crepúsculo), e dende aquela quedei asombrado coa forma que ten Carlos Ruiz Zafón de crear prosa. Todolas novelas de Zafón que supostamente pertencen á literatura xuvenil poden ser lidas tranquilamente por xente de máis idade, esa é a miña opinión (que ao mellor sirve para ocultar certa "vergoña" por gustarme aínda certos libros para persoas de menor idade). A Sombra do Vento e O Xogo do Anxo (sobre todo, a primeira) son dous libros que sen dúbida debería ler calquera persoa (concretamente, calquera persoa que lle guste ler, claro...) porque son sencillamente impresionantes.

    Por certo, por pura casualidade tiña o Señor da Z na súa casa o libro Marina (que casualmente era o ke me kedaba por ler deste tipo e andivera buscando hai tempo) e vouno ler, haber se non se nota moito ke sexa literatura xuvenil, xD...

    ResponderEliminar
  2. aaaa por fin de literatura algo!!!ten moi boa fama o tío....eu lin tamn o príncipe da niebla, era lectura obrigada no meu instituto na miña quinta!!!gustárame moito...vergoña ningunha...joé que polo menos les!!!que non abundades!!!

    A sombra do vento sempre a quixen ler, algún dia...agrádanme estes artigos, más más más...ilustranos coa túa sabiduría señor da Xe!!!!

    ResponderEliminar
  3. A min gustame moito este autor,ainda que del solo lin El pricipe de la Niebla y El palacio de la Medianoche.

    ResponderEliminar
  4. EHhh yo los he leído todos...y en mi opinión el mejor es La sombra de viento...los dos primeros el Príncipde de La NIebla y EL palacio d Medianoche...a nivel literario m parecen más pobres, se notan que son sus primeros trabajos...no sé. YO leí primero el best seller y después como m gustó, leí los otros...y noté mucha diferencia.
    E juego del Ángel tb lo he leído...y está bien tab, muy bien, pero más rebuscado. Es una historia un tanto rara. Peeeerooo.... en conjunto es un escritor que recomendaría!!

    ResponderEliminar
  5. AHhh el de Marina tb lo leí, pero ese hace mucho lo tngo bastante olvidado, pero recuerdo que tb m gustó!!!

    ResponderEliminar
  6. Eu lin pouco deste autor, polo que non podo comentar gran cousa.

    so dicir que é un autor de éxito. Iso está claro.

    A ver se algún día me ponho....

    Esperando máis artigos de literatura. Recoméndenos libros, que este é un tema que tenho abandonado.

    ResponderEliminar
  7. Imos de mais a menos, eu non lin nada del, vergonzoso si..
    A verdade e que me encantaría ler moito mais pero empezo e por culpa da vagancia vouno deixando vouno deixando...

    Están moi ben estes artigos de literatura, empezar cun libro que sexa un coñazo xa che saca as ganas de rematalo, así polo menos coa sua inmensa sabiduria neste eido (sona a peloteo pero non e a miña intención) podenos aconsellar e igual que fai cos viernes de cine agasallarnos con criticas literarias que os mais vagos e reticentes a lectura nos motive e nos anime a iniciarnos nela..

    Gustame o artigo e a verdade e que os fragmentos parecen moi interesantes, Noraboa!!

    ResponderEliminar
  8. Eu o pouco que lin del, só os dous últimos libros, me encantou. La sombra del viento para min é a mellor, remateino moi rápido porque non podía deixar de lelo, e no momento en que estaba chegando ás derradeiras páxinas dábame pena posto que é tan bo que podería lelo unha e outra vez sen aburrirme. O final é o mellor, méteste tanto no libro que podes ver o mesmo que o protagonista, sen esforzo por parte da imaxinación. Zafón describe todo tan ben que ti con ler simplemente estás metido nas páxinas do libro como un invitado de excepción, ten unha narrativa extraordinaria.

    Casualmente recomendáronme Marina fai uns días, así que en canto poida facerme con el e remate co que estou actualmente lereino. É un gran autor e espero que nos siga agasallando coas súas creacións de tanta calidade durante moito máis tempo.

    ResponderEliminar
  9. Xa acabei o libro Marina, e nada... un libro totalmente recomendable, na liña de Zafón e para min o mellor de "literatura xuvenil" que ten este escritor!!

    Se vos animades, e se cruza no voso camiño, non o dubidedes...
    Un saúdo!!

    ResponderEliminar
  10. Zafón eu non vou dicir mentiras, pero non coñecia nada de este tipo, pero xa que recomendas a sua lectura posiblemente, algun dia, algunha semana, algun ano....

    xa sabemo que son vago igual miro algun libro,jajajja

    ResponderEliminar
  11. Como vexo hai moitos artigos novos pero hei de comezar por este publicado hai bastante tempo. Onte rematei de ler un libro deste gran escritor, concretamente "Marina". Como xa dixen aí arriba, recomendáranmo hai xa tempo e tiña moitas ganas, sobre todo despois das críticas positivas que lin aquí. Casualmente esta semana chegou ás miñas mans e nada, decir que se le moi rapidamente, engancha dende a primeira palabra e non defrauda en absoluto. É unha lectura moi recomendable, onde se nos relata unha historia apaixoante ata a derradeira frase do libro. Un gran gusto ler a Zafón.

    ResponderEliminar
  12. Como xa dixen para min Marina é o mellor dos libros supostamente da colección de literatura xuvenil ke ten Zafón, aínda que para min con diferencia o mellor é LA SOMBRA DEL VIENTO; a 2º parte está moi moi ben, El juego del ángel, pero como o primeiro nada... haber se algún día o leo por 3º vez... jajajaja

    ResponderEliminar
  13. Volvo a este gran escritor, ata que remate todos os libros non pararei :) Desta vez lin "El príncipe de la niebla" e para non variar co anterior comentario meu só podo decir que é o talento en persoa. Se se len os libros para "adultos" antes, si é verdade que poidas atopar as súas primeiras creacións algo sinxelas na prosa pero para nada simple. A esencia consérvaa, esas descripcións que nos transladan a un primeiro plano na historia, a carón dos protagonistas, fai que poidamos sentirnos coma uns máis deses rapaces ficticios aos que lles pode máis a curiosidade que a responsabilidade.

    Sobra decir que me gustou moito, que consegue que me emocione en cada libro que lin seu, veremos o que me depara "El palacio de la medianoche" co que empezarei en breve. E voltarei por este pequeno espazo adicado a el para, seguramente, continuar a louvalo.

    ResponderEliminar
  14. Remato cos comentarios adicados á bibliografía deste autor, podo decir que a lin por completo e que me encanta. Si se notan diferenzas entre as obras de literatura xuvenil e estas últimas pero eu emocioneime con cada un deles, especialmente "Marina". Da Triloxía da néboa o que máis me gustou foi "Las luces de septiembre", supoño que polos escenarios nos que transcorre a historia e tamén o final que mellor sabor de boca me deixou.

    Xa que non hai ningunha frase para "El palacio de medianoche" no artigo, vou poñer unha pequena aportación: "En mi ingenuidad llegué a pensar que la distancia en el espacio y en el tiempo borraría la huella del pasado, pero nada puede cambiar nuestros pasos perdidos."

    E para rematar "El prisionero del cielo", a última obra publicada ata o momento. Sinceramente foi o libro que menos me gustou dos que forman parte de "El cementerio de los libros olvidados." O listón (case insuperable na miña opinión) deixado por "La sombra del viento" estaba moi alto, de feito nin "El juego del ángel" me gustou tanto.

    Neste libro a trama é rápida, lese nun momento porque realmente engancha dende o principio e porque os protagonistas son bos coñecidos polos seguidores de Zafón. Sen embargo a min faltoume algo, non sei, pareceume moi breve (curto en comparación cos outros), solucionando dudas que poderiamos ter cos anteriores libros pero sen moito máis. A súa prosa é moi característica e non perde o estilo pero se me limito á historia soamente... botaría en falta algúns puntos de misterio e risco que nos ofrece nos anteriores. Está claro que é algo moi subxectivo e cada persoa ten uns gustos e unhas preferencias, de todas maneiras é un libro que non podería deixar sen ler.

    En definitiva, queda un máis para rematar esta tetraloxía, en dous ou tres anos parece ser que sairá o derradeiro libro, e sinceramente teño ganas de que remate con ela. Quero que continúe a publicar pero con outros protagonistas e novas tramas aínda que para iso terei que agardar moito.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...