Amósovos unha pequena mostra dos seus "logros" máis coñecidos (e asegúrovos que se quedará infinitamente corta en comparación con todolos estudos deste personaxe florentino)
Pintura: supoño que todos coñecederes a cadro da "Gioconda" (ou popularmente, a Mona Lisa) e da "Última Cea" (respectivamente)
Tamén destacan "A Virxe das rocas", "A adoración dos Magos", "San Xoan Bautista" e "A Virxe, o neno Xesús e Santa Ana"...
Notas científicas: sobre todo destacan os seus estudos anatómicos e do corpo humano, con debuxos extremadamente detallados, como o sobradamente coñecido "Home do Vitrubio"
Algo que me apasiona de Da Vinci, era esa admirable sensación de parecer que sempre ía un paso por diante do coñecemento da época, e un reflexo da realidade de séculos posteriores foi a deseño dunha máquina voadora...
En canto a lenda que rodea a Leonardo da Vinci atopamos numerosos rumores referidos ao xenio florentino: dende a súa suposta homosexualidade (derivada das súas afirmacións acerca da súa falta de interese hacia as relacións físicas involucradas na procreación humana e á escaseza de relacións íntimas coñecidas con mulleres, máis alá da súa amizade con Isabel de Este... a época, xD!!), a súa relación co rei de Francia (o cal o nombrara o seu favorito ata o punto de que foi o italiano quen sostuvo ao monarca na súa morte) e a súa "oculta" oposición ás doutrinas relixiosas (do que se dí que agochaba detalles en contra da mesma nas súas obras máis coñecidas).
Reservado na súa vida privada, vexetariano por razóns éticas, e a prol da defensa dos dereitos e do respeto hacia a vida dos animais, Leonardo da Vinci é considerado (opinión compartida por min) como o xenio máis grande de todolos tempos.
A figura de Da Vinci foi sempre algo que me apasionou, haber ke vos parece o tema a vós...
ResponderEliminarRecomendo (se vos interesa o tema) Leonardo: el vuelo de la mente, de Charles Nicholl, unha biografía...
Aínda que o artigo vos pareza algo longo, non lle fai xustiza a Da Vinci...
ResponderEliminarHai moitisimo ke contar sobre él, pero espero ke vos guste igualmente...
Pois para nada, a min non me parece longo mais ben algo corto con todo o que significa este home..
ResponderEliminarNon sabia que era vexetariano, mira sempre aprendo algo por non decir moito dos vosos artigos!
A verdade e que creo que nunca existirá alguen que deixe un legado de tal magnitude, a Gioconda non creo que exista ninguén que non a coñeza!
Si estaría ben coñecelo! Algo que non sei e como morreu e cando, ves? quedouche corto! je..
Moi bo artigo, moi interesante..
Morreu en Francia no ano 1519 (esto pono no principio do artigo) e morreu de vello. A súa saude comezou a resentirse ata o punto de perder a mobilidade do seu brazo dereito, pero él seguiu investigando e traballando co esquerdo....
ResponderEliminarA verdade que se teñen escritos ríos de tinta sobre este inmortal persoaxe e as súas obras, algunhas moi enigmáticas, e o que queda. É un xenio en moitos ámbitos do coñecemento, tiña unha mente privilexiada. E a pesares de adicarse a moitas facetas... mantivo un altísimo nivel en todas elas, e iso só o conseguen os Mestres.
ResponderEliminarQue esta figura pertenza ao Renacemento, ten moito que ver con que esta sexa unha das miñas épocas da historia preferidas, xunto coa antiga. Ao longo da existencia humana, para min é o que máis destaca en canto ás obras que nos deixou, foi moi prolífico, pero ademais de moitísima calidade, que ao final é o que importa. Por eso comparto sen cuestionalo sequera o de que é o máis grande de todos os tempos.
Persoalmente só puiden apreciar o cadro da "Virxe das Rocas", pero o que está no National Gallery. Cando estudaba Arte no instituto, os cadros poñían as medidas pero apenas lle facía caso. Sen embargo este cadro impresiona polo grande e escuro que é. Fermoso. Chama a atención en canto entras na sala, eclipsa ao resto. Encantoume.
Foi exemplo para artistas posteriores, moi influente. A min tamén me gustaría coñecelo, ou meterme na súa cabeza durante un instante. Envexo ás persoas que nalgún momento cruzaron algunha palabra con el, privilexiados que foron.
Pasaron moitos anos da súa morte, pero pasarán moitos máis ata que naza alguén que o poida eclipsar.
...un personaxe interesante, e sen dúbida moi adiantado á época que lle tocou vivir...quizais faltan alusions a certas polémicas que suscitaron as súas obras, coma a última cea, ou a eses aspectos escuros da súa vida por permanecer a certas organizacións ou movementos...anque claro todo son rumores e especulacións, espero mais artigos de estes xenios, Xulio verne, Raphael, einstain, mozart, maquiavelo...
ResponderEliminardecir que fixo de todo arquitecto ata musico, que se pode decir de un verdadero fenomeno.
ResponderEliminarXa tiña vocetos de maquinas parecidas o helicotero.
Un gran artigo señor da xe e interesante esperamos mais artigos de xente que o mereza como Edison ou Herikberto.
A verdade e que a min tamen me houbera gustado coñecer a Leonardo da Vinci,un dos seus logros que mais me gusta e o cadro da Mona lisa,pintar un cadro que te sigua ca mira o desprazarte e sen duda obra dun xenio coma Da Vinci.........
ResponderEliminarClaro que foi un grande!!! a quen non lle gustaría conhecelo. Un tipo con un don natural para todo...
ResponderEliminarMáis historia que a todos polo visto nos gusta.
O proximo artigo doutro polifácetico personaxe.