Do director gañador dun Oscar Martin Scorsese e baseada no best-seller de suspense de Dennis Lehane é Shutter Island, unha inquietante historia de misterio e intriga psicolóxica que transcurre na súa totalidade nunha illa fortaleza que alberga un hospital para criminales trastornados.
En 1954, no apoxeo de Guerra Fría, o axente federal Teddy Daniels (Leonardo DiCaprio) e o seu novo compañeiro Chuck Aule (Mark Ruffalo) deben acudir á illa para explicar a inexplicable desaparición dunha peligrosa asasina múltiple dunha habitación cerrada do infraqueable Hospital Ashecliffe. Rodeados de psiquiatras e peligrosos asasinos psicópatas na remota illa, todo suxire que NADA É O QUE PARECE e onde descubrirá que debe enfrentarse aos seus medos máis profundos e devastadores...
O director americano, ao igual que fixera con Robert de Niro (perdón, co gran Robert de Niro) volveu escoller ao mesmo de case sempre, DiCaprio, un actor que a min nunca me atraeu moito (e case me atrevo a supoñer que o seu "avance" llo debe a este director), aínda que hai que decir que esta vez fixo un bo (e complicado) papel; e tendo en conta que apenas vislumbrei unha pequena parte da filmografía deste gran (ou polo menos recoñecido) director (unhas 20 veces El Cabo del Miedo; Infiltrados, coa que gañou o Oscar a mellor director, e que eu me recorde Gangs Of New York) teño que dicir que a película me sorprendeu moi gratamente.
Como seña de garantía a película conta igualmente cun elenco de grandes actores: Ben Kingsley, o sinistro (¿ou non?) doutor John Cawley; Mark Ruffalo, como o compañeiro de DiCaprio, Max Von Sydow ou o descoñecido Jackie Earle Haley (Rorschach en Watchmen)...
Conclusión: boas actuacións, gran ambientación e escenagrofía, xunto ao toque do maxistral (desta vez está moi ben) Scorsese, fan unha película moi digna, da que se se consegue superar os primeiros minutos sen preconcebir a idea de que a película vai ser unha merda (equivocadamente) atoparedesvos ante un gran traballo...
Valoración final: ¿a que esperas a ir a vela? ¿ou acaso últimamente viches algunha película que merecera a pena?
O mellor: Scorsese (con maiúsculas)
O peor: os tediosos minutos iniciais que se tornan imprescindibles ao final...
A pelicula esta ben. Hai que reconhecer que scorsese é un grande do cine.
ResponderEliminarFacía tempo que non vía unha paranoia tan grande e que me puxera nervioso. jajajaja.
A min fixoseme un pouca longa a 1º hora, pero a partir de ai, perfecto.
Hai un misterio toda a película e un suspense que non te enteras de nada e iso lle da emoción a película.
En definitiva, se che gusta o suspense, o misterio e o terror paranoico deberías vela. Senn che gusta o mellor non deberías ir.
Primeiro decir que a min tamen me parece unha boa película dado que me encantan os filmes nos que non sabes que deparará o final e cando chega deixate anonadado porque che da un xiro total a película.. Este e o caso!
ResponderEliminarPero decir tamén que media película pareceume un coñazo vendoa e seguramente se a estivese a ver na casa pararia pola metade, sería un gran erro porque merece a pena!
Segundo punto, a min non me puxo en ningún momento nerviosa nin me dou medo nin nada así, de feito salín preguntandome porque está encadrada como thriller psicoloxico...
Co que estou totalmente dacordo e coa conclusión, os actores xeniais, a ambientación impresionante... Gustariame saber onde se rodou, teño que indagar porque quedoulle mallada!
En fin, moi boa película ainda que costa un pouco bastante manter a atención o principio que quizais é o único que lle falla..
De scorsese non e necesario decir nada, so el e capaz de facer películas distintas (que non quero decir malas), de sorprender!
Eu estiven investigando na filmografia (como director) de Scorsese... por facer algo bah! e que eu me recorde vin:
ResponderEliminar- Taxi Driver: a cal non entendo como é recordada unha das grandes peliculas do cine porque a min non me gustou nada, moi lenta...
- El Cabo del Miedo: que a vin un cento de veces e non é ningunha maravilla... o quid da cuestión é de Niro ke fai un papelón...
- Gangs Of New York: que a vin hai moito tempo é kreo recordar ke estaba ben, home! saen dicaprio e a cameron diaz... que non son santo da miña devocion...
- Infiltrados: que vin que ademais de gañar o Oscar a mellor direccion levouno á mellor pelicula, a peli non está mal, pero pa levar unha estatuilla non sei eu... non haberia moito onde escoller supoño...
Non vin El Aviador pero tamen me dixeron ke era unha merda!!!
Ala
Gustoume moito e nesta película non destacaría ningún actor en si, senón o conxunto, todo o que engloba o filme. En tal caso o director, por suposto. DiCaprio fíxoo bastante ben pero non lle teño moita simpatía a este actor, non me gusta moito. Non era un papel sinxelo e sacouno adiante bastante ben, hai que recoñecelo. A min Ben Kingsley encántame, nunca sei se é dos "bos" ou dos "malos", concretamente nesta película tiña unha idea xa feita do seu personaxe cando esta dá un xiro totalmente inesperado para min.
ResponderEliminarChegado un punto da película, notábame bastante nerviosa porque non sabía que estaba pasando ou que ía pasar e encantoume a sensación. É certo que os filmes que vin no cine ultimamente non estaban conseguindo que me metera moito na película e esta si o logrou, o cal para min xa é bastante.
P.D: Saímos cunha entrada de balde para a próxima vez porque houberon algúns problemas de son (nada, un minuto que pararon a peli) e á saída déronnos unha tarxetiña pa outro día. A min era a primeira vez que me pasaba e que queredes que vos diga, co caro que está o cine... esto de vez en cando non viría mal, sempre e cando sexa tan pouco tempo como o outro día :)
En canto á filmografía... das que nomeas a única que non vin é "El cabo del miedo" (pero encántame de Niro así que da semana que vén non pasa). E estou moi de acordo, "Taxi Driver" para min está sobrevalorada e "Infiltrados" debeu ter pouca competencia o seu ano porque hai películas de Óscar que lle dan bastantes voltas.
ResponderEliminar"EL Aviador" tampouco a vin... Xa dixen que DiCaprio non me chama moito, vin a de Shutter Island porque estaba no cine, se non posiblemente tampouco a vería aínda que non me arrepinto pa nada, todo o contario.
Na puien ir ver por culpa de malas indicaciones no meu GPS da ubicacion das vosas personas a hora de ir.jajajaj sodes uns putas.
ResponderEliminarFai uns días rematei o libro que leva o mesmo título que esta película. Normalmente intento ler o libro e despois a peli pero neste caso, e creo que por primeira vez, foi ao contrario. A verdade pensei que ían haber moitas máis diferenzas ao igual que ocorre con outras adaptacións. Baixo o meu punto de vista, está moi ben feita con respecto ao libro, é certo que omiten algúns puntos pero para min non son os fundamentais. Tamén no libro daste conta de máis detalles que no filme a primeira vez que o ves, nunha segunda visión si... pero eso é normal porque tamén sabes como remata... toda a tensión que caracteriza a "Shutter Island" pérdese.
ResponderEliminarPero polo xeral paréceme unha adaptación moi digna, o libro é breve, algo que favorece sin dúbida a un guión sen moitos cortes con respecto ao orixinal. O que menos me gustou foi que ao ver antes a DiCaprio de protagonista... ao ler xa me viña á mente el e todos os personaxes da peli, polo tanto a imaxinación quedou algo limitada. A pesares de ter boa experiencia neste caso, seguirei coa miña teima de ler antes que de ver :)