Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 23 de septiembre de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Super 8

¿Quen me ía dicir a min que aos meus anos ía a disfrutar unha película do estilo das que vía canda cativo?, por un momento crin volver a ter 10 anos...
Un exercicio de nostalxia, 'Super 8' (e vaia merda de introducción... XD)

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Spielberg, ala polos oitenta, acostumaba a facer un tipo de películas que encantaban (as mismas que o fixeron famoso), ese cine comercial de calidade, que rebentaba taquillas, e que conseguía encandilar a propios e extranos. Digo 'Tiburón', 'Gremlins', 'Los Goonies', 'Regreso al Futuro', 'E.T., El Extraterrestre', ¿alguén non se está a rememorar a si mesmo embobado diante da caixa tonta?. Neste caso, posto que tampouco o tito Steven é o que era, coa axuda de J.J. Abrams (sobradamente coñecido polas series televisivas de 'Lost' ou 'Alias'; 'Star Trek (2009)', 'Misión Imposible III') nos traen esta película que xa viña precedida dunha gran expectación e que a min especialmente me encantou.
Ano 1979, e esta é a sinapse, nun pequeno pobo de Ohio. Joe Lamb (Joel Courtney) é un rapaz que perde á súa nai nun accidente e que vive co seu pai policía (Kyle Chandler). Comezando o verán, e mentras graba unha película de zombis en Super 8 (certo tipo de cámara e título do filme) cos seus amigos -e sobre todo coa bela Alice Dainard (Elle Fanning)-, Joe observa cómo unha camioneta se estrela contra un tren de mercancías, provocando o seu descarrilamento e un terrible accidente. A partir dese momento cousas extranas e inexplicabels comezan a suceder no pobo...
Conclusións: na miña opinón, nunca crin que se pudera facer hoxe en día, unha peli coma esta: os mozos da actualidade (tal e como vai a crítica parece que teña máis idade da que teño... XD) teñen entres os clásicos preferidos da súa infancia, supoño, películas como 'Blade', 'Duro de Matar' ou mesmo 'American Pie', pero o que a nós nos marcaba, e nos marcou (falo pola xeración do 87 e anterior), era un extraterrestre pequerrecho que estiraba o pescozo, uns peluches que se os mollabas se volvían repoludos e un grupo de amigos que ían na procura dun tesouro perdido. Por este tema esta película seguramente só guste a un grupo moi concreto de espectadores: só aqueles que vixen 'E.T.', e atrevome a descubrilo posto que non é a escea nada importante nin rebela nada da historia, descubriran semellanzas, incluso na banda sonora, nunha na que o rapaz volve á casa nunha bicicleta (unha lúa de fondo e un monigote no cestiño da bici e mallámolo... XD)
Os principais protagonistas desta película son os nenos, relegando aos adultos a un segundo plano, e tamén un dos principais puntos a favor da mesma: o grupo de rapaces son a caña, ademáis de que o fan de marabilla (sobre todo a rapaza, Elle Fanning, prohibido esquecerse do nome...), non paras de rirte coas caralladas que fan, as facianas que poñen e o ben que actúan diante da cámara. Pero, a pesares de que a nostalxia sexa a principal fortaleza do largometraxe, o mesmo adolece dun par de debilidades: a sensación de que a película vai de máis a menos, e algúns puntos do guión que chirrían cousa mala. Do ben que empeza, e do ben que se desenrola, parece como que o tempo se lle botase encima ao director, que pasa de explicar todo sen presas, sen pausas e sen aburrir ao personal a resolvelo todo de maneira demasiado precipitada: o conflicto entre Jackson e Louis (pais de Joe e Alice) que tan grave era, o resolven dun plumazo e de maneira un tanto inxenua; ou a secuencia do final, ATENCIÓN SPOILER cando Joe se enfronta ao monstro, que tolo de todo non dubida en zanparse a todo quisqui, xusto se plantexa todo o que o rapaz lle di cando estaba a punto de facelo anacos, sen haber establecido polo menos antes, algún lazo de unión ou algún vínculo entre eles FIN SPOILER.
É de agradecer ese punto de misterio ou terror (depende da sensibilidade de cada un) a este xénero tan familiar.
Valoración final: de haber salvado estos pequenos reveses, a película podería ser plenamente disfrutable, ¡ollo!, non lle resta un ápice de entretenemento.


O mellor: o grupo de rapaces, e por riba de todos eles, Elle Fanning.
O peor: o malo destas películas que ocultan o "bicho" ata o final, que fai que tan pronto o ves te decepcione o seu aspecto.

O lozano

3 comentarios:

  1. Aconsello totalmente esta película, especialmente aos máis nostálxicos, sobre todo pola rapariga, que maneira de comerse a cámara... XD

    ResponderEliminar
  2. unha critica moi interesante e completa...anque non sei se a verei...anque pertenzo a esa xeración da que falas non son moi deste director,anque eu tampouco me suelo guiar por quen dirixe....xa veremos....

    ResponderEliminar
  3. Gustoume bastante pero máis a primeira metade da película, ou algo máis, pero como ben puntualiza vai de máis a menos e nótase. Se ben é certo que toda esa primeira parte me namorou, non é menos verdade que esperaba máis do final e o sabor co que me quedei non foi tan positivo. De todas maneiras é un bo filme para ver, entretido e en especial nostálxico si.

    A min o director non me entusiasma nada tampouco, non vin nada del, non é para nada o meu estilo pero con tanta publicidade como lle deron e que tamén todo o mundo andaba a falar dela... de feito o día que a vin non o tiña pensado facer. Non me arrepinto pero persoalmente creo que deixaron de lado o desenlace, algo que para min é moi importante e fundamental.

    En canto a Elle Fanning... faino xenial, si, moi ben, aínda que a irmá tamén me gusta moitísimo, deuse a coñecer dende moi pequeniña e a min particularmente encántame. Coa idade que ten e menuda filmografía xa. E Elle Fanning irá polo mesmo camiño e non se pode negar que terá un futuro prometedor.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...