Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 23 de septiembre de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: El Origen Del Planeta De Los Simios

Chegounos xa hai uns anos, basada nunha novela dun autor francés Pierre Boulle (tamén escritor de 'El puente sobre el río Kwai') e dirixida por Franklin J. Schaffner, 'El Planeta de los Simios': uns astronautas (o bo de Charlton Heston) nunha viaxe espacial vense obrigados a realizar un aterrizaxe forzoso nun planeta a priori desolado, que ao final non o era tanto, posto que unha sociedade de simios intelixentes dominaba á raza humana, á cal esclavizara por salvaxe e incivilizada (¿crítica oculta?, non o sei... XD), convertida en clasicazo do séptimo arte e incluso con nominacións aos Oscar da época incluídas. Anos ha, Tim Burton (que cousa máis rara, sen Depp; eso si, coa que era ou logo pasou a ser a súa muller, Helena Bonham Carter) fixo un remake, que cartos recaudou, pero se estrelou estrepitósamente coa crítica (o cal é normal, pois é moi maliña...). E agora, para tocar as narices dos máis escépticos, visto o percal (despois do éxito da primeira, sucedéronse como catro pelis máis do tema e incluso unha serie para a televisión, a cada cal máis mala), entre os que eu me inclúo, presentan esta precuela... título rebuscado: 'El Origen del Planeta de los Simios'.

¡¡ Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

O filme conta cun director novel á súa fronte, Rupert Wyatt, e cóntanos a historia (sinapse) de como a investigación do científico Will Rodman (James Franco), exercida en primates, na loita do alzheimer, enfermidade que afecta ao seu pai (John Lithgow), e como a raíz da extraordinaria evolución da intelixencia dun dos mesmos, de nome César (Andy Serkis), acabará por desembocar nunha rebelión sen precedentes que a de cambiar a vida na Terra tal é como era coñecida.
O máis notable do reparto é sen dúbida: James Franco ('127 Horas', 'Mi Nombre es Harvey Milk') e Andy Serkis (o famoso Gollum, da triloxía de 'El Señor de los Anillos', ou o 'King Kong' de Peter Jackson) que é caracterizado no papel dun primate, ao cal presta os seus movementos e a súa faciana (bueno, concretamente as súas expresións faciais... Serkis non é moi feito o home, pero tampouco é para chamarlle mono... XD). Son acompañados no filme por: Freida Pinto ('Slumdog Millionaire') ou John Lithgow, así como o encasillado actor que fai de Draco Malfoy na serie fílmica de Harry Potter, como rapaz repelente e cabrón que non tardas nin un suspiro en collerlle manía tan pronto se cruza no teu campo de visionado.
Conclusións: podo entender o malsano interés que hai en Hollywood por rebootear (facer reboots, facer precuelas) todo filme que pillan, pero non que o fagan á lixeira, que o curren, e que nós logo o creamos; pois neste caso ocurriu o que non me esperaba (tendo en conta especialmente que aborrezo a anterior de Burton), para sorpresa de moitísima xente, que se construeu unha película coherente, nun agradecible intento de facelo "realista", ben hilvanado dende o principio ata a fin, sen perderse "polos cerros de Úbeda" nin fliparse. A película comeza ben, segue ben e acaba ben. Unha simpleza nada habitual no cine. E iso deber ser simple e llanamente por obra e graza do seu director (e pola súa destreza trala cámara), Rupper Wyatt, que a pesares da súa corta traxectoria cinematográfica, nos presenta un producto de maiúscula calidade (polo que non facía falla presentarnos e promocionarnos o mesmo soamente por contar cos responsables dos efectos especiais de Avatar e bla bla bla bla). No tema dos actores resalta, nun principio, James Franco, que sempre cumple de sobra como se espera nun bo actor coma él; pero o realmente reseñable é o traballo de Andy Serkis, e como é capaz de remitirnos toda a expresividade de Cesar e moi doadamente as emocións do personaxe que encarna (lin rumores dunha posible nominación aos Oscar para este home, algo que na miña opinión non estaría nada mal, á par de orixinal). Freida Pinto pola súa banda ten un papel totalmente irrelevante, e pouco máis que comentar sobre o resto do plantel. Para rematar direi que a película entreten, emociona e fai cavilar, ¿qué máis se pode pedir?.
Curiosidades: hai varios guiños ás versións anteriores, por exemplo, a aparición dunha estatua da liberdade pola metraxe.
Valoración final: a sorpresa do verán sen dúbida. A 'Origen' deste ano.


O mellor: Andy Serkis, a historia e a forma de narrala en concreto, e a película en xeral.
O peor: e que conste, que por poñer algo, algúns clichés: un papel femenino para endulzar a historia, o típico chupatintas empresario ao que só lle interesa o diñeiro, etc etc.


O modélico

5 comentarios:

  1. Para min, e por agora, a mellor película que vin este ano!!

    ResponderEliminar
  2. raios pos a min o conto dos simiios nunca me chamou...pero píntalo moi ben....e saindo James Franco...(dato q eu descoñecía...)
    resaltar que me gustaria que quedase para a posterioridade esa gran expresion súa:
    -"sen perderse polos cerros de Úbeda nin fliparse"
    gustoume moito jaja...

    ResponderEliminar
  3. Made in eu!!! XD

    A min tampouco me chamaba porque estou algo canso de pelis contando as orixes doutras anteriores, e tendo en conta que a que eu viro dos simios me parecera unha puta m...., pero esta, non sei, foi unha sorpresa, coma 'Origen' o ano pasado...

    ResponderEliminar
  4. A min tamén me gustou moito e a recomendo. Non tiña tampouco demasiadas esperanzas porque é iso, falta un pouco de orixinalidade e non tanto ir ao fácil. Precuelas, secuelas... hai moito disto ultimamente e estou algo desganada coas novidades cinematográficas dun tempo para aquí.

    Pero si tiña ganas de vela xa que contrario ao que eu pensaba nun inicio me falaran bastante ben dela. E coincido e resalto en especial algo que escribiu: comeza ben, segue ben e acaba ben. Na miña opinión os acontecementos levan unha orde magnífica, sen intentar liar a historia de ningunha maneira. Ao mesmo tempo unha crítica á actualidade que nos deixa un pensamento de que hai moitas cousas que a raza humana non está a facer ben. Vale que non fai falla que saquemos unha conclusión deste tipo cunha peli pero nunca está de máis lembralo.

    Moi acertada a crítica para o meu gusto, coincido totalmente neste caso.

    ResponderEliminar
  5. eu se o mono nn falara mellor k mellor ....e ken deixa vivo o mono akel con cara de mala ostia....ese xa se sabia k era jodido....en todo caso pelicula entretida pa ver vamos!!!!!!!

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...