Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

jueves, 14 de junio de 2012

Triloxía "Nihil Novum Sub Sole", parte III (e final): Debate aberto: O "stand by" do Señor da Xe

Como realmente esta serie de artigos foi concebida coma unha triloxía de cousas (realmente hobbyes do Sr. da Xe) que parecían non mostrarnos nada novo baixo o Sol (descubro inútilmente o significado do título) nunha serie de considerables e animosos debates; me dispoño a cerrala con maior ou menor acerto e decoro, coa obrigada seguinte cuestión, a cal é ao mesmo tempo a principal, ¿está o blog do Señor da Xe nas últimas?.
Recapitulando rápidamente, e recordando emocionado a orixe desta aventura cibernética, anhelando aqueles entusiasmados comezos nos que ata catro blogueiros (sempre no recordo o desaparecido, no ciberespazo soamente, Il Signore S) se esforzaban por traer á xente novos, interesantes e orixinais, ¿por que non?, artigos; sempre acompañado dos altibaixos (referentes á elaboración de material novo) propios da preguiza dominante no editor, pensador e responsable deste blog (eu), con, sexamos xenerosos, 10 seguidores en maior ou menor medida asiduos, ata chegar ao recente "stand by" intelectual (¿por que non? de novo) e creativo, no cal apenas conservamos 3 comentaristas. Que quede claro, esto non é unha obligación, no caso de que o número de comentarios baixen e queiramos buscar culpables, non temos máis que mirarnos a nós mesmos.
Non sei, a pesares de que esta terceira parte fose concebida para animar aquel receso ou cese de artigos publicados nun momento dado, e que pareza recuperada a ansia de antes neste administrador polos últimos títulos sacados á luz, e que quizais fosen demasiadas ambiciosas as miñas propias pretensións en canto a este sitio web (ben é certo que se un non se dá a coñecer malamente imos, aínda que tamén é verídico que houbo xente que entrou a comentar unha vez e non volveu, polo que seguramente o producto non haxa sido da suficiente calidade; bueno, me perdo...), ¿pode o Señor da Xe ser de novo un espazo, polo menos, máis visitado e comentado?, ¿vale a pena que a miña persoa intente aparecer máis a miudo con novos artigos?.

¿Vos que opinades?





O aciago

4 comentarios:

  1. Realmente non fai falla que nadie comente este artigo, o fixen simplemente para non deixar orfa esta mini serie de artigos, posto que a idea deste tercer debate foi pensada algún tempo atrás, e a pesares de que estiven a pensar noutro tema calqueira que sacar a debate seguindo a liña dos anteriores.

    Tampouco pretendo darme un baño de masas e rodearme de piropos, nin estou envolto nun aura de pesimismo existencial nin nada polo estilo, simple e llanamente repito, o fixen para cerrar a triloxía.

    P.D.: se só era para iso, ¿¿¿¿para que o fixen realmente????, puiden haber deixado a serie incompleta e crear unha especie de mito no meu blog, cachis... XD

    P.D. (2): para despexar as dúbidas sobre a continuidade do blog penso publicar un artigo xusto despois deste... XD

    ResponderEliminar
  2. Pensando (¿?) podedes aproveitar o artigo para criticar o blog e aconsellarme sobre que cambiar, facer ou desfacer.... jajajajaja

    ResponderEliminar
  3. pola miña parte todo está moi ben...salvo que o tempo non me chega para todo,nin para crear artigos nin para visitarvos con asiduidade....pero bueno esto é todo culpa do 2012,si xa o decían os maias....por algún extraño fenómeno que descoñezo a terra ó parecer este ano xira máis lenta, mentres que a nós nos pasa o tempo máis rápido.....en definitiva....a culpa é do fin do mundo! aLA!

    ResponderEliminar
  4. sen embargo o chat telo super activo jajajaaja

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...