Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 14 de marzo de 2010

Debate aberto: ¿É inxusta a historia?


Estímase que foron seiscentas as mulleres que combatiron na guerra civil norteamericana. Alistáronse disfrazadas de homes. Ahí Hollywood, polo que a elas respeta, ignorou todo un episodio de historia cultural. ¿É acaso un argumento demasiado complicado desde un punto de vista ideolóxico? Aos libros de historia sempre lles resultou difícil falar das mulleres que non respetan a "fronteira que existe entre os sexos". E en ningún outro momento esa fronteira é tan nítida como cando se trata da guerra e do emprego das armas. Non obstante, dende a Antigüedade ata a época moderna, a historia ofrece unha gran cantidade de casos de mulleres guerreiras (o "único" coñecido poden ser as amazonas).
Sen embargo, os libros de historia móstranse polo xeral moi reservados con respecto ás mulleres guerreiras que aparecen baixo a forma de soldados normais e correntes, esas que se entrenaron no manexo das armas, formaban parte dos reximientos e participaban en igualdade de condicións cos homes nas batallas que se libraban contra os exércitos inimigos. Pero o certo é que sempre existiron: apenas houbo unha sóa guerra que non haxa contado con participación feminina.

¿Vos que opinades? Eu só me centrei nun caso concreto sobre as mulleres (a pesares do detestable que son e foron as guerras), creo que o tema debería dar para longo, sobre todo tendo en conta que a historia sempre a escriben os vencedores.
Pensade niso...
O célebre

9 comentarios:

  1. Á espera das vosas opinións...
    Non hai límite de extensión nos comentarios...

    Un saúdo. Xe

    ResponderEliminar
  2. moi bo,sí señor...anque me soubo a pouco...jaja. Descoñezo por completo a verdadeira implicación das mulleres nas guerras, nas películas américanas é tipico que os soldados entren nas casas pedindo de comer durante a guerra e que ó toparse con mulleres soas (posto que os seus maridos tamén estaban na guerra) as violaran, non se podían negar a recibir nin dar asilo ós soldados...o resto non lles quedaba mais remedio...

    As guerras sempre foron papeis mais atribuídos ós homes,polas condicions físicas e porque non sodes parideiros...Estaría ben un artigo sobre mulleres guerreiras!!! aquelas arqueiras que se extirpaban un peito para poder lanzar ben, Juana de Arco, e seguro que hai moitas que nin sequera teñen un merecido oco na historia...
    Cando se pretende reflexar a vida dun presidente, político ou señor importante da historia (no cine)é tamén habitual a frase de que: DETRÁS DUN GRAN HOME SEMPRE HAY UNHA GRAN MULLER...


    Estoume acordando das sociedades matriarcales (que tamén as houbo eh!!) e pregúntome quen asumiría o rol da defensa nestes casos, espero que o señor da xe bote algo de luz sobre estas incógnitas!!!!

    mooooi bo artigo, siga así....

    ResponderEliminar
  3. toooma extensión!!!!e eso que non me pillas inspirada

    ResponderEliminar
  4. Pois o meu parecer non creo que as mulleres guerreiras foran mais dun 5% dos millons e millons de homes que perderon a vida en batallas que seguramente se poderian evitar, inda que esas poucas mulleres se merecen un recoñecemento o valor, ( para cando unha pelicula de guerra protagonizada pola muller de
    Chuck Noris)ajjaja.

    Un gran apunte o de arredemo(outro blog aconsellable para visitar), DETRAS DE UN HOME EMPRE HAI UNHA GRAN MULLER, imaxinadesvos como comenzan as guerras?
    -seguramente a muller na casa chuzando no home dicindolle n das conquistado ese pais, teñen armas nucleares,etc
    Este ultimo apartado anterior é de coña.

    Weno recordalle o señor da xe que non tardei tres meses en cntestarlle.

    Queremos que se interese mais por este tema e que usque proyectos de cine de mlleres gerreiras?jajaaja

    P.D:Nin Raul falla tanto coma ti¡¡ajajaa
    "porfin Raul marcha en Junio"

    ResponderEliminar
  5. A historia sempre é inxusta, e iso creo que xa se sabe, porque pasa sempre o mesmo. É inxusta con moitísimas cousas, ademáis de coas mulleres.

    O cine sempre foi machista, que ata disney tivo que facer unha película dunha muller guerreira, tras as críticas de que nestas películas de debuxos sempre se representaba a muller como unha princesa débil o que o príncipe de turno tinha que rescatar.

    Creo que a cousa está a cambiar, e que agora lle tocará o turno as mulleres. Esperemos que non cometan os mesmos erros.

    ResponderEliminar
  6. A verdade e que o artigo da pa extenderse..
    Centracheste so na historia das mulleres, un enfoque que pode dar moito de si pero que na miña opinión quedouche un pouco pobre en canto a argumentos e datos que podes amosar.

    Partindo de que a historia, como citas, está escrita polos vencedores arranca dunha base bastante unilateral e como en todo está ben ver as duas versións antes de opinar.

    Na maioria dos textos, pinturas e das películas relacionados coas guerras, as mulleres aparecen como enfermeras que axudaban os homes ou como simples cociñeiras e persoal secundario que estaba nas bases e non saia a combatir. As mais coñecidas ou as únicas que sobresaen na historia como mulleres guerreiras son as amazonas que solían representarse no arte clásico batallando con guerreros gregos. A lenda di que se cortaban ou queimaban o peito dereito para usar o arco con maior liberdade e precisión ainda que todas as esculturas e obras de arte nas que están representadas non aparece tal amputación e aparecen con dous peitos!

    Para rematar, non fai falla citalo pero recordar que como en todas as historias nin os malos eran tan malos nin os bos tan bos, e como toda guerra é inxusta os vencedores para alcanzar a victoria tiveron que arrasar e pasar por encima de xente inocente polo que tampouco deberían vanagloriarse de nada.

    As pequenas historias seguramente teñen moito mais realismo e seguramente a pequena xente sin nome fixo moito mais e acadou xestas que os grandes nomes que aparecen o longo da historia non foron capaces de lograr.

    ResponderEliminar
  7. Por petición de ArreDemo e por cortesía do Señor da Xe:

    Ginecocracia: goberno das mulleres.
    Existiu un imperio de amazonas (das que xa se falou nalgun comentario) nunha zona de África constiutído como unha ginecocracia, na cal reinaba a raíña Myrina (que seica arrasou Exipto e Siria e chegou ao mar Exeo vencendo a un bo número de exércitos de homes, conta a lenda), no que soamente as mulleres podían ocupar cargos públicos, incluído os militares.
    Esas mulleres eran entrenadas no manexo de todo tipo de armas, entre elas o arco, a xabalina, a machada e as lanzas. Copiaron dos gregos as cotas de malla de bronce e as armaduras.
    Ademáis rechazaban o matrimonio por consideralo unha sumisión. Para procrear concedíaselles un permiso durante o cal se deitaban con unha serie de homes elixidos ao azar e de pobos cercanos. Solo a muller que houbera matado a un home na batalla tiña dereito a perdela virxinidade.

    ResponderEliminar
  8. Tiven un problema co meu comentario, cando o ía publicar apareceume un problema co cadro de texto e borróuseme todo o escrito. E outro detalle, vou levarlle a contraria ao Señor da Xe no de que non hai límite de extensión... Posto que non sei cantas letras tería ou se foi un problema temporal, pero non mo deixaba publicar porque tiña máis de 4mil e algo letras, xamais me pasara algo así... unha mágoa, a ver se outro día me poño outra vez... que hoxe xa me é moi tarde. Gustoume moito o tema proposto, noraboa.

    ResponderEliminar
  9. Despois de bastante tempo sen comentar nada, aínda que a veces si que lle botaba unha ollada rápida, vou comezar por onde o deixei. Neste artigo, co cal tiven un pequeno problema no anterior comentario, para que non me pase o mesmo, intentarei ser breve, espero conseguilo.

    Ben é certo que cando estudamos historia no instituto a visión é a dos gañadores, eso queda claro, pero para os que non nos conformamos con iso e nos gusta saber ambos lados dos acontecementos, afortunadamente existe internet. Pero a visión crítica é moi importante, non deixarnos levar polos nosos ideais ou conviccións senón crearnos unha idea xeral e ampla de todo o que ocorre ou ocorreu ao longo dos anos.

    Neste tema en concreto, o papel da muller foi maioritariamente secundario, excepto algunha guerreira máis coñecida, o resto, que existiron, quedaron no esquecemento por non darlle a importancia que se merecían polo simple feito de ser de sexo feminino. O "propio" dunha muller era o de enfermeira como se di noutro comentario, ou o de quedar na casa coidando dos fillos á espera da volta do home, se é que este voltaba.

    Hoxe en día aínda hai visións machistas sobre o papel da muller na sociedade, pero ese é un longo tema.

    Non deixa de ser curioso que a deusa da caza, Artemisa, sexa eso, unha deusa, posto que a caza é practicada por homes na súa gran maioría. Pero está claro que esto se asociou na época antiga, non creo que fai 50 anos elixiran unha figura feminina como representante da caza.

    Paréceme destacable que as amazonas rexeitaran todo contacto con homes excepto para procrear e que consideraran o matrimonio unha sumisión. Antes podería terse como tal, na actualidade non o creo, excepto algunha que outra parella, a maior parte non. Aínda así existen diferencias entre os dous membros como no propio permiso de maternidade ou paternidade. Cada vez son máis os homes que se deciden a repartir o coidado do bebé cando nace, o malo é que non dispoñen dos mesmos días que unha muller, aí a propia lei está creando desigualdades e terá que cambiar se queremos que as nenas e nenos medren nunha sociedade igualitaria.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...