Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

miércoles, 3 de marzo de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Al Límite


¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

O retorno de Mel Gibson á gran pantalla, e me refiro como actor (últimamente fixo La Pasión de Cristo e Apocalypto, pero como director) despois de 8 anos, (dende aquel Señales de M. Night Shyamalan) é a película de Al Límite (que como limos nalgún sitio) trátase dun thriller político-empresarial dirixido por Martin Campbell, onde o propio Mel dá vida a un policía de Boston especializado en homicidios que presencia o asasinato da súa filla fronte á porta da súa casa. Nun principio todos asumen que as balas ían dirixidas contra o detective, pero este descubre que a rapaza tomara parte en actividades que poñían en perigo a súa vida. A súa investigación destapa unha trama de corrupción que implica ao goberno e ás grandes corporacións.
Conclusión: unha película americana máis, co aliciente das teorías da conspiracións que tanto entreteñen aos ianquis ao outro lado do Atlántico, que tenta levar a cabo un interesante proxecto poñendo á fronte do mesmo a un actor experimentado e coñecido de sobra (a min non me gusta especialmente pero bue...) e fracasan estrepitosamente, máis que nada porque Mel xa non está para moitos trotes. Unha cara famosa non é sinal de éxito, ademáis de que é de sabios saber cando relegarse a un segundo plano (chaman máis a atención as películas que fai Gibson que aquelas nas que actua, pola polémica ou polo que sexa...)
Valoración final: ¿este guión me soa, non? unha película correcta, pero unha máis...

O mellor: que o final non é o típico (heroe retirado do corpo de policía acribilla a 20 malos sen pestanexar e acaba a película cun apenas un par de rasguños...)
O peor: a falta de orixinalidade...


O prócer

4 comentarios:

  1. Esta última crítica non ten moito pa onde... é que a verdade non sabía que decir desta película...

    Un saúdo, Xe!

    ResponderEliminar
  2. Si, non hai moito que comentar dela pero non está tan mal.. Entretén bastante e ás veces non sabes por onde vai tente intrigada, é moi do mismo pero é amena..

    A trama está bastante ben argumentada e enredada e non se repite, a min pasouseme rapido e gustoume! Non é un peliculón pero non está mal...

    Decir tamén que Mel Gibson non e dos actores que mais me encandile e a verdade é que non me gustan moito as pelis nas que actuou e as que dirixiu non as vin!

    A miña valoración final je, vale pa ver!! Pero non esperes demasiado... jeje

    ResponderEliminar
  3. Os ordenadores da minha facultade son moi malos.... asi que tentarei contestar, se o consigo.

    Desta película pouco podo comentar. A min pareceume unha típica película de acción, que seguramente mercará a sexta algún día. jajajaja.

    A que non me apetece ver e millenium 3.... pero a ver que acontece

    ResponderEliminar
  4. Alegrome o ver que hai menos de 40 comentarios, quere dicir que estou acabando.
    jajajajja

    Eu crein que ivas poñer algo do irmao de jackie chan que vimos no panfleto da salida,ajjajaa.

    Weno non me parece unha pelicula para ver mais de unha vez,pero weno para ver unha ez non esta mal.jajajja

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...